Foi unha década que na súa primeira metade seguiu fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonar a Unión.
A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Tunisia, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (atentado na sede de Charlie Hebdo e atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Tunisia, Exipto ou Iraq.
Iniciouse a dispoñibilidade da versión do sistema operativo Windows 7.
A película de ficción científica Avatar, que fora realizada por James Cameron, acadou unha plusmarca histórica nas vendas superando a Titanic, de 1997.
O xadrecista noruegués Magnus Carlsen logra clasificarse como número un do mundo con dezanove anos de idade, sendo o xogador máis novo en alcanzar dita posición.
3 de febreiro - A escultura L'Homme qui marche I de Alberto Giacometti é vendida en Londres por 65 millóns de libras, establecendo unha nova marca nunha obra de arte en poxas.[19][20]
En Chile, un forte terremoto dunha magnitude de 8,8 graos Ritcher, con epicentro a 300 km da costa da rexión do Maule, produce centos de mortos e feridos e numerosos danos materiais (este terremoto foi o 5º máis forte da historia).[26]
Outro terremoto afecta a cidade arxentina de Salta, pero sen ter relación directa co de Chile segundo expertos no tema.[27]
26 de marzo - En Iraq, logo dun longo escrutinio de case tres semanas, anúncianse os resultados oficiais definitivos das eleccións parlamentarias. Resulta gañadora con maioría relativa e unha marxe moi estreita a coalición encabezada polo ex-primeiro ministro Iyad Allawi, pero a ausencia de maioría absoluta e as denuncias de fraude do actual primeiro ministro Nuri al-Maliki (cunha coalición que obtivo o segundo lugar) non permiten despexar a dúbida sobre quen encabezará o próximo goberno do país.[39][40]
Celébrase a hora do planeta, en máis de catro mil cidades de 125 países, para concienciar na loita contra o cambio climático apagando as luces durante unha hora.[41]
7 de abril - En Kirguistán o presidente Kurmanbek Bakíev é derrocado por un levantamento popular (Revolta de Kirguistán de 2010) causado pola brutal represión de militares e policías ás manifestacións convocadas pola oposición na capital do país, Biskek; e que dexenerou en sanguentos combates na rúa entre as forzas de seguridade e manifestantes fortemente armados. Tras a fuxida do presidente da capital, un goberno provisional formado polos líderes da oposición asumiu o poder de facto e asegurouse o apoio das Forzas Armadas e a policía.[44]
14 de abril - Na provincia chinesa de Qinghai, un terremoto dunha magnitude de 7,1 graos produce centos de mortos, miles de feridos e numerosos danos materiais.[48]
5 de maio - Incidentes durante a folga xeral en Grecia en oposición ao plan de axuste proposto polo goberno para enfrontar a crise provocan a morte de 3 persoas a raíz do incendio dunha sucursal bancaria.[61]
Prodúcese a maior subida porcentual di IBEX 35, desde a súa creación o 14 de xaneiro de 1992, cunha alza do 14,43%,[66] impulsada polas medidas tomadas pola Unión Europea e o FMI para protexer o euro.[67]
15 de maio - Incendio no Instituto Butantan, en São Paulo, destrúe 500 mil mostras de animais, a maior colección do mundo de espécimes dunha rexión tropical.
En Etiopía celébranse eleccións parlamentarias, con alta participación e denuncias de irregularidades pola oposición; vislúmbrase unha vitoria do primeiro ministro Meles Zenawi, que sería así reelecto para un novo período á fronte do goberno.[73][74]
En augas internacionais preto da Franxa de Gaza, forzas militares de Israelatacan un convoi de barcos de activistas pro-palestinos que transportaban axuda humanitaria a ese territorio palestino controlado polo grupo Hamas; no ataque morren polo menos 9 activistas por disparos de soldados israelís que alegaban estar sendo atacados polos activistas con risco para a súa vida, mentres a comunidade internacional condena a matanza.[81]
En Alemaña renuncia o presidente Horst Köhler debido á polémica polas súas declaracións públicas sobre o papel de Alemaña no conflito de Afganistán.[82]
2 de xuño - No Xapón renuncia o primeiro ministro Yukio Hatoyama debido á baixada da súa popularidade nas enquisas e as presións do seu partido.[84]
3 de xuño - Astronautas entran nunha cápsula sen xanela, para simular unha viaxe a Marte. Ficaron confinados durante 1 ano e medio, para desenvolver probas da suposta viaxe a Marte en 2020.
7 de xuño - En Bhopal (India), un tribunal condena a oito directivos da empresa estadounidense Union Carbide a dous anos de prisión e a pagar uns 10 600 dólares estadounidenses polas súas respectivas responsabilidades no Desastre de Bhopal (un escape de isocianato de metilo gasoso nunha fábrica de pesticidas desa empresa, que causou a morte de máis de 20 000 persoas. A empresa non respondera polos danos causados).
En Bélxica celébranse eleccións parlamentarias; o partido nacionalista flamengo Nova Alianza Flamenga obtén a vitoria na rexión de Flandres e o primeiro lugar a nivel nacional, mentres que en Valonia gaña o Partido Socialista Valón (segundo lugar a nivel nacional). Estes resultados son considerados históricos porque a vitoria dos independentistas flamengos podería motivar o próximo proceso de reforma constitucional cara a independencia de Flandres e a desaparición de Bélxica como país. Mentres tanto prevese que pasen meses para poder formar goberno.[91][92]
En Kirguizistán miles de persoas da minoría uzbeka cruzan a fronteira con Uzbekistán fuxindo dos sanguentos enfrontamentos interétnicos entre kirguiz e uzbekos no sur do país que deixaron polo menos 97 mortos e ameazan con desencadear unha guerra civil; mentres tanto, o goberno provisional acusa o expresidente derrocado meses atrás, Kurmanbek Bakíev, de estar detrás da vaga de violencia racial.[93]
En Kirguizistán a Organización das Nacións Unidas cifra nun millón de persoas os afectados pola violencia étnica entre kirguiz e uzbekos, mentres que a presidenta provisional do país Rosa Otunbáeva recoñece que poderían ser 2.000 os mortos polo conflito.[94][95]
En Colombia celébrase a segunda volta das eleccións presidenciais e resulta gañador o candidato oficialista Juan Manuel Santos cunha maioría esmagadora (é o presidente máis votado na historia de Colombia en termos de cifras absolutas de sufraxios populares).[96][97]
25, 26 e 27 de xuño - No Canadá celébranse dous importantes encontros internacionais, ambos na provincia de Ontario: o 36º Cumio do G8 na rexión de Muskoka (25 e 26 de xuño), e o cuarto cumio do G20 en Toronto (26 e 27 de xuño)[99]
En Paquistán dous suicidas cometen un atentado terrorista contra un importante santuario islámicosufí na cidade de Lahore, deixando polo menos 43 mortos.[101]
En Uganda polo menos 74 persoas falecen en dous atentados con bombas, na cidade capital de Kampala, mentres observaban a final do Campionato Mundial de Fútbol de Suráfrica; os atentados foron cometidos polo grupo terrorista somalí Al-Shabbaab, unha organización islamista ligada a Al Qaeda, que se vingaba así de Uganda pola participación das súas forzas militares na forza multinacional africana que axuda o goberno de Somalia na súa loita contra Al-Shabbaab e outros grupos insurxentes.[105]
18 de xullo - A partir deste ano, a ONU estabelece este día como o Día Internacional de Nelson Mandela, dedicado ao "activismo".
23 de xullo - O programa televisivo británico The X Factor forma a boyband británico-irlandesa One Direction, conformada por Niall Horan, Zayn Malik, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson. O seu mentor é Simon Cowell.
12 de agosto - Rexístrase un sismo de 7,2 graos na escala de Richter no oriente de Ecuador. Debido a que a profundidade foi de 235 km, non houbo un desastre, tan só feridos e danos leves. Porén, o terremoto foi considerado un dos máis fortes dos últimos anos.[108]
31 de agosto - Estados Unidos retira os seus últimos efectivos de combate de Iraq e pon fin oficialmente á súa misión de combate na guerra que se libra nese país; permanecerán cincuenta mil efectivos militares estadounidenses en misións de intelixencia e apoio loxístico e de adestramento das forzas de seguridade iraquís.[116][117]
18 de setembro - En Afganistán celébranse eleccións parlamentarias; ensombrecidas pola escasa participación do electorado, denuncias de fraude electoral en todo o país e ataques terroristas do movemento Talibán que buscaba sabotar o proceso electoral e que deixaron polo menos 14 mortos.[118]
25 de outubro - Prodúcese un terremoto de 7,7 graos na escala Richter en Indonesia, provocando un tsunami con ondas de até 3 metros de altura, que provocou máis de 300 mortos.
26 de outubro - O volcán Merapi entra en erupción provocando unha evacuación de 14 mil persoas e máis de 300 mortos.
11 de novembro a 12 de novembro - Realízase o cumio do G-20 en Seúl, Corea do Sur. Corea convértese no primeiro país non pertencente ao G8 en albergar un cumio dos líderes do G-20.[135]
A FIFA anuncia as próximas sedes dos mundiais de 2018 e 2022, que será en Rusia e Qatar respectivamente.
Científicos da NASA descobren unha bacteria capaz de sintetizar arsénico, un elemento químico que se cría que era velenoso para calquera forma de vida.[143]
En Tunisia comeza a Revolución tunisiana, cando o mozo Mohamed Bouazizi se queima ao bonzo como protesta, provocando que en días posteriores se iniciaran unha serie de fortes protestas por todo o país. O movemento tamén sería mecha para que o mundo árabe iniciara unha serie de protestas en 2011.
26 de decembro - En Bolivia coa aprobación dun decreto promulgado polo goberno de Evo Morales prodúcese a nivelación no prezo dos carburantes en Bolivia xurdindo fortes demandas por parte da poboación.
Até estes días Australia sofre as peores inundacións desde hai 100 anos, deixando unhas 12 vítimas mortais, miles de desaparecidos e, como mínimo, 3.600 refuxiados en centros de evacuación.
Cúmprense 10 anos da Wikipedia (na versión en inglés).[167]
En Tunisia é nomeado presidente interino o até daquelas presidente do Parlamento Fouad Mebazaa, co que se confirma a caída de Ben Ali (exiliado en Arabia Saudita).[168][169]
O Museo Exipcio do Cairo é albo de ataques vandálicos por parte dos manifestantes anti-Mubarak. Rexistráronse incendios nos xardíns do museo e un total de 70 pezas arqueolóxicas danadas.
Publícase a primeira edición de The Daily, o primeiro periódico deseñado exclusivamente para a súa visualización no iPad.
16 de febreiro - Na cidade mexicana de Guadalajara, incéndiase un hotel en construción pertencente á cadea española Riu, rexistrándose un saldo de 2 traballadores mortos e 27 feridos[178]
21 de febreiro - En Libia a rebelión popular contra o réxime de Muammar al-Gaddafi, que leva xa varios días, agrávase e parece converterse nunha guerra civil cando se informa de que a aviación militar leal ao réxime bombardeou os manifestantes opositores na capital Trípoli causando polo menos 250 mortos e que unidades do Exército libio se sublevaran uníndose aos rebeldes na cidade de Bengasi e combatendo contra as unidades de elite leais ao réxime.[179]
En Libia o país achégase ao caos cando Muammar al-Gaddafi ameaza con masacrar os manifestantes rebeldes nun discurso por televisión, intensificando así a matanza indiscriminada con bombardeos e tiroteos, mentres o seu até daquelas Ministro do Interior se une á revolución contra Gaddafi e fai un chamamento ao Exército para que se una aos rebeldes.[182]
23 de febreiro - En Libia consolídase o control das forzas rebeldes sobre as rexións do leste do país, e máis unidades das Forzas Armadas pásanse ao bando rebelde; mentres Gaddafi e os seus leais atrinchéiranse en Trípoli nunha nova escalada do conflito.[183]
Despois de 18 anos, a Lúa chega ao seu perixeo (superlúa), o seu punto máis próximo da Terra, fenómeno acontecido por última vez en marzo de 1993.[190][191][192]
31 de marzo - En Costa do Marfil as forzas rebeldes que apoian o presidente electo Alassane Ouattara cercan a capital controlada polas forzas leais ao presidente saínte Laurent Gbagbo, e Ouattara ameaza cun baño de sangue se Gbagbo non se rende.[194]
Abril
2 de abril - En España, o presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero anuncia que non se presentará ás eleccións xerais de 2012, pedíndolle ao partido que convoque primarias para elixir o candidato despois das eleccións municipais do 22 de maio.[195]
Asasinato en masa nunha escola municipal de Río de Xaneiro, perpetrado por un exalumno, que resulta na morte de 12 adolescentes. O episodio ficou coñecido como Masacre de Realengo.
5 de maio - No Reino Unido celébranse eleccións rexionais e municipais, e un referendo para consultar a aprobación dunha reforma do sistema electoral parlamentario para pasar do tradicional sistema uninominal por maioría simple ou relativa e unha soa volta a outro máis proporcional coas minorías; a reforma é rechazada por esmagadora maioría popular.[202]
Supremo Tribunal Federal recoñece, por unanimidade, os dereitos das parellas gais no Brasil e é permitida a unión estable entre homosexuais.
9 de maio - En Grecia, a crise financeira da débeda soberana acrecéntase ante os rumores dun novo rescate. As bolsas de toda Europa baixan ante a incerteza.[205]
10 de maio - Última misión do Space Shutlle Endeavour con acoplaxe na ISS para instalar o espectrómetro Alfa para investigar a materia negra do espazo.
No Iemen a crise política pola rebelión popular contra o presidente Ali Abdullah Saleh sofre unha grave escalada e ameaza converterse nunha guerra civil cando se libran violentos combates na capital Sana entre as forzas de seguridade leais ao goberno e milicias tribais partidarias da oposición, ocupando estas últimas varias sedes do goberno.[214][215]
3 de xuño - No Iemen o presidente Ali Abdullah Saleh resulta ferido nun ataque das forzas rebeldes tribais contra o Palacio Presidencial, en medio do recrudecemento dos combates.[225][226][227]
En Macedonia do Norte celébranse eleccións parlamentarias anticipadas; triunfa a centro-dereita do partido VMRO-DPMNE, liderado polo primeiro ministro Nikola Gruevski.[234]
13 de xuño - En Italia os electores derogan en referendos varias normas, entre elas a que pretendía reimplantar a enerxía nuclear no país e a que lle brindaba inmunidade xudicial ao primeiro ministro.[240]
16 de xuño - Mobilización estudantil en Chile de 2011: outra gran xornada de mobilizacións no país. En Santiago prodúcese a maior concentración civil desde o retorno á democracia, con entre 80 e 130 mil manifestantes nas rúas.[242]
Marrocos realiza un referendo para aprobar unha reforma constitucional que diminúe o poder do rei, cedéndollo ao Primeiro Ministro, e que daría liberdade relixiosa á poboación, entre outros asuntos. Gañou o si, cunha ampla participación.[252]
A axencia de clasificación de riscoMoody's baixa a nota da débeda portuguesa de Baa1 ao Ba2, o que supón unha perda de confianza dos mercados nos bonos de débeda pública portuguesa, agravando aínda máis a crise que sofre o país.[259]
En Londres, o periódico sensacionalista News of the World anuncia que, debido a un escándalo de escoitas telefónicas, cesa a súa actividade. Iníciase así unha tormenta política que salpica Scotland Yard e o goberno do Reino Unido.
19 de xullo - O presidente de Guinea, Alpha Condé, escapa ileso dun atentado contra a súa vida perpetrado por militares rebeldes que atacaron a súa residencia con artillaría pesada e armas automáticas.[267][268][269]
Crise alimentaria no Corno de África: a Organización das Nacións Unidas declara formalmente a existencia dunha situación de fame negra en dúas rexións do sur de Somalia controladas polo grupo terrorista Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) e reclama unha acción urxente para evitar que a fame se estenda ao resto do sur somalí e poida pór en perigo a millóns de persoas.[273]
3 de agosto - En Exipto comeza o xuízo contra o expresidente Hosni Mubarak polos asasinatos e intentos de asasinato de máis de 800 manifestantes durante a rebelión popular que o derrocou. De considerarse culpable, podería ser condenado a morte.[282]
4 de agosto - A Organización das Nacións Unidas declara oficialmente a fame negra noutras tres zonas de Somalia co que son xa cinco as rexións somalís afectadas, e alerta que en cuestión de semanas a fame estenderase a todas as rexións do sur de Somalia ameazando a 12 millóns de persoas.[283]
13 de agosto - En Italia, Silvio Berlusconi aproba o plan de axuste de gasto máis restritivo da Unión Europea até o momento: entre outras medidas, botará 54 000 empregados da administración estatal e atrasará a idade de xubilación nas mulleres.[285]
21 de agosto - En Libia as forzas rebeldes toman o control de case toda a cidade capital de Trípoli no medio da sanguenta batalla decisiva da guerra civil que sacode o país; os rebeldes tamén fan prisioneiro polo menos un fillo do líder Muammar al-Gaddafi, cuxo paradoiro é descoñecido.[291][292][293]
22 de agosto - Continúa a encarnizada batalla por Trípoli, as forzas rebeldes libias loitan para dobregar a feroz resistencia das últimas forzas leais a Muammar al-Gaddafi na capital, mentres o líder libio continúa oculto para evitar a súa captura.[294][295]
En Libia, despois de intensos combates as forzas rebeldes logran conquistar Bab al-Azizia, o complexo residencial de Muammar al-Gaddafi e último baluarte importante da resistencia gaddafista en Trípoli, aínda que os combates proseguen no resto da cidade.[298][299][300]
24 e 25 de agosto - Gran protesta nacional en Chile en apoio ás protestas estudantís, convocada pola Central Unitaria de Traballadores. O 25 de agosto, no contexto do paro nacional, morre baleado por un carabinero Manuel Gutiérrez, un rapaz de 16 anos que se encontraba observando o cacerolazo que ocorría no seu barrio.[305]
Astrónomos descobren un planeta que non pode ser visto desde a Terra debido á formación de seu sistema solar de orixe. O planeta recibiu o nome de Kepler-19c.[325]
Unha balsa con 500 pasaxeiros afunde preto da illa de Zanzíbar na Tanzania e deixa 163 mortos.[330]
A Nasa lanza 2 satélites idénticos para estudar a Lúa.[331]
En Brasilia, unha cápsula usada para transportar material radioactivo foi encontrada en área residencial. Segundo a CNEN non houbo risco de contaminación.[332]
Foi encontrado un paquete sospeitouse nunha porta de embarque do Aeroporto de Dulles en Washington causando a evacuación completa do lugar. Logo, as autoridades declararon que o obxecto era inofensivo.[333]
No Brasil, nunha escola da cidade de São Caetano do Sul, na rexión do ABC paulista, o estudante David Mota Nogueira de 10 anos, tirotea a profesora Rosileide Queiros de Oliveira e logo mátase cun tiro na testa.[364]
Na Alemaña, un home disparou arma de ar comprimido contra persoal de seguridade durante unha misa realizada polo Papa Bieito XVI.[368]
O satélite UARS, desactivado por falta de combustible, caeu na terra no océano Pacífico Cerca da illa da Samoa Americana despois de 20 anos analizando a capa de ozono.[369]
Na China, unha colisión de trens deixa 271 feridos.[377]
Amazon anuncia un nova versión de seu tablet, o Kindle Fire.[378]
29 de setembro - Ás 13:16 GMT China lanza o primeiro módulo de laboratorio espacial Tiangong 1, non tripulado, xermolo da futura estación espacial chinesa que proxectan construír para 2020.[379][380]
En Venezuela, unha colisión entre tres trens deixa 1 morto e 30 feridos.[381]
11 de outubro - A ex primeira ministra de Ucraína e líder opositora Yuliya Tymoshenko é condenada a 7 anos de prisión tras ser declarada culpable dun delito de abuso de poder, impedíndolle presentarse como candidata á Rada Suprema ao ano seguinte.
O automobilista británico Dan Wheldon, campión da Indianapolis 500, morre nun accidente durante unha proba en Las Vegas. O accidente ocorreu na 11° volta, involucrando 15 automóbiles.[397]
O satélite alemán ROSAT lanzado en 1990 cae na Terra.[406]
Tunisia realiza eleccións para formar asemblea constituínte despois de 9 meses da revolución que derrubou o expresidente Zine El Abidine Ben Ali logo de 23 anos no poder.[407]
27 de outubro - En Tunisia, o partido islámico Ennahda vence nas eleccións para a asemblea constituínte co 41,47% dos votos.[408]
Gelson Domingos da Silva, cámara da TV Bandeirantes foi asasinado por traficantes durante unha reportaxe na favela de Antares, en Santa Cruz, na Zona Oeste do Río de Xaneiro.[418]
O traficante Antônio Bonfim Lopes tamén coñecido como "Nem", un dos máis procurados do Río de Xaneiro, é apresado pola policía militar durante unha operación na favela da Rocinha.[426]
Unha operación militar sen conflitos na favela da Rocinha, que é considerada a maior da América latina, realizada por forzas de seguridade en conxunto torna a comunidade a 19° pacificada da cidade de Río de Xaneiro.
En Osetia do Sur, son realizadas as primeiras eleccións presidenciais desde o recoñecemento da súa independencia por parte de Rusia despois da guerra entre Moscova e Tbilisi en 2008.[430]
15 de novembro - A prima de risco xerada polo pago da débeda soberana española alcanza máximos históricos, xunto á italiana, superando a española os 458 puntos de diferenza coa alemá.[431]
En Arabia Saudita, o presidente do Iemen, Ali Abdullah Saleh, asina un acordo coa oposición polo que transfire todos os seus poderes ao seu vicepresidente e acepta retirarse para dar paso á transición á democracia. Con isto preténdese poñerlle fin á violencia xerada pola represión á rebelión popular contra Saleh.[441][442][443]
Astrónomos descobren 18 novos planetas fóra do Sistema Solar.[456]
Debido á escaseza de chuvias en Alemaña, o nivel do río Rin na cidade de Koblenz baixa e revela unha bomba da segunda guerra mundial, causando a evacuación de 45 mil persoas ao seu redor.[457]
Herman Cain, pre-candidato polo partido republicano á presidencia dos Estados Unidos, desiste da súa candidatura tras denuncias de acoso sexual feitas por mulleres coñecidas do candidato.[458]
O goberno italiano de Mario Monti aproba o primeiro paquete de medidas anticrise que supoñen uns duros recortes para a poboación, entre eles, aumentar a cotización das pensións aos 42 anos.[459]
En Rusia celébranse eleccións parlamentarias e o partido Rusia Unida do primeiro ministro Vladimir Putin obtén a vitoria ao conservar a maioría absoluta. Con todo, a vitoria vese empanada por unha considerable redución de votos e escanos para Rusia Unida en comparación coas eleccións anteriores, e por denuncias de fraude electoral que orixinan protestas na rúa.[460]
5 de decembro - O expresidente de Costa do Marfil, Laurent Gbagbo comparece por primeira vez ante a Corte Penal Internacional para responder por crimes de lesa humanidade, nun feito histórico ao ser o primeiro ex xefe de estado que comparece en audiencia xudicial como acusado ante esta corte. Gbagbo quéixase de maltratos contra el e a súa familia por parte de militares franceses durante a súa captura e cativerio en Costa do Marfil.[463]
Michele Zagaria, líder do clan Casalesi, é preso en Italia tras ser encontrado nun búnker subterráneo na súa cidade natal, Casapesenna. Michele estaba foraxido desde había 16 anos e era un dos criminais máis buscados.[464]
9 de decembro - En Bruxelas conclúe o histórico cumio europeo destinado a tomar medidas para salvar o euro e solucionar a grave crise de débeda soberana dos países da Unión Europea. Acórdanse drásticas medidas de disciplina fiscal para reducir as débedas dos estados europeos e así calmar os mercados financeiros, pero o cumio vese empanado pola negativa do Reino Unido de participar no acordo, quedando illado do resto da Unión.[466][467]
En Rusia celébranse as manifestacións de protesta máis multitudinarias desde a fin da Unión Soviética; os manifestantes protestan pola presunta fraude electoral nas recentes eleccións parlamentarias e contra o goberno de Vladimir Putin.[468]
No Panamá chega ao país o exditador panameño Manuel Antonio Noriega, extraditado por Francia (onde cumpriu condena por branqueo de cartos); Noriega ten pendentes varias condenas ditadas en ausencia pola xustiza panameña por asasinatos de opositores do seu réxime e outros crimes de lesa humanidade, e ademais debe enfrontar acusacións por outros delitos.[473]
En votación histórica, a poboación do estado do Pará vota e decide non dividir o estado en 3 estados:Pará, Carajás e Tapajós sendo 66,8% e 66,3% dos votos contra a creación de cada estado respectivamente.[475]
13 de decembro - En Bélxica, Nordine Amrani de 33 anos, dispara tiros cun rifle e lanza granadas nunha praza no centro da cidade de Liexa deixando 5 persoas mortas (el incluído) e 123 feridas.[476]
En Exipto celébrase a segunda fase das eleccións lexislativas.[479]
18 de decembro - Estados Unidos culmina a retirada de Iraq, os últimos 500 militares estadounidenses cruzan a fronteira con Kuwait pola mañá, despois de ter entregado a súa última base a militares iraquís dous días antes.[480][481]
19 de decembro - En Corea do Norte, o réxime dá a coñecer a morte do até entón ditador do país Kim Jong-il, acaecida dous días antes; a nova sementa incerteza e temor pola estabilidade da rexión asiática, aínda que en principio o fillo do falecido líder, Kim Jong-un, sucede a seu pai.[482][483]
22 de decembro - En Iraq varios atentados terroristas na capital, Bagdad, deixan polo menos 71 mortos e decenas de feridos. Os atentados foron reivindicados días despois polo grupo fundamentalista islámico sunnita Estado Islámico de Iraq, vinculado a Al Qaeda, e tiveron como obxectivo aos islámicos xiítas, facendo temer un rexurdir da guerra civil sectaria no país.[484][485]
En Siria atentados terroristas na capital, Damasco, deixan polo menos 44 mortos e mentres o goberno llos atribúe á rede terrorista Al Qaeda, a oposición atribúellos ao propio goberno para desacreditar os opositores. Isto ocorre mentres recrúa a violencia no país pola represión ás protestas contra o presidente Bashar al-Assad e polos enfrontamentos armados entre militares leais ao réxime e militares desertores rebeldes, arrastrando o país á guerra civil.[486]
24 de decembro - En Rusia celébrase unha segunda onda de manifestacións multitudinarias de protesta contra o primeiro ministro Vladimir Putin e a presunta fraude electoral nas eleccións parlamentarias; as protestas son máis concorridas que as da vez anterior e as máis grandes en vinte anos.[489]
En Nixeria varios atentados coordinados contra igrexas católicas (en plenas celebracións relixiosas de Nadal) deixan polo menos 49 mortos e máis dun centenar de feridos. Os atentados atribúenselle ao grupo fundamentalista islámico nixeriano Boko Haram, en guerra contra o goberno do país.[490]
En Afganistán un atentado terrorista suicida nun funeral deixa polo menos 20 mortos e decenas de feridos; o atentado ocorre en momentos nos que operacións das forzas militares e policiais afgás e das forzas internacionais mataran polo menos 30 guerrilleiros.[491]
26 de decembro - En Guinea-Bissau é aparentemente sufocado un confuso intento de golpe de Estado, con versións encontradas dos militares enfrontados e un baleiro de poder temporal ante a incerteza do paradoiro do primeiro ministro e a ausencia do presidente (de viaxe polo estranxeiro).
1 de xaneiro: no Xapón séntese un sismo de 7 graos sen vítimas nin alerta de tsunami.[497]
1 de xaneiro: o Parlamento árabe pide retirar os seus observadores do territorio sirio, o que lle permite ao Goberno ocultar os seus abusos na guerra civil.[498]
4 de xaneiro: descubrimento dos primeiros tiburóns híbridos en Australia.[499]
5 de xaneiro: en Bagdad e Nasiriya (Iraq) varios atentados terroristas contra musulmáns xiítas deixan polo menos 78 mortos e decenas de feridos. Esta nova escalada busca incitar a violencia sectaria no país.[502]
6 de xaneiro: en Siria un atentado na capital Damasco deixa polo menos 26 mortos, mentres que a represión das forzas do goberno contra as manifestacións opositoras e os choques armados con militares rebeldes deixan polo menos outros 35 mortos en varias rexións do país.[503]
6 de xaneiro: en Nixeria ataques terroristas cometidos nos últimos dous días polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram contra cristiáns deixan polo menos 28 mortos e obrigan a impoñer o toque de queda no estado nixeriano de Adamawa para conter unha escalada que podería desatar unha guerra civil sectaria no país.[504]
6 de xaneiro: en Somalia un bombardeo aéreo das forzas militares da veciña Kenya contra forzas do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) deixa polo menos 60 milicianos mortos. O bombardeo formaba parte da ofensiva das tropas quenianas para conquistar a cidade costeira somalí de Kismayo baixo control de Al-Shabbaab, en resposta a accións terroristas como o secuestro de cooperantes españois.[505]
14 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida na cidade de Basora deixa polo menos 53 mortos. As vítimas eran peregrinos que participaban nunha festividade relixiosa islámica xiíta.[507]
15 de xaneiro: en Rada (Iemen), unha forza de asalto de 400 terroristas de Al Qaeda toma o control da cidade e proclama un «emirato islámico», mentres a poboación civil intenta fuxir ante o temor dunha batalla campal cando o exército iemení intente recuperar a cidade.[508]
18 de xaneiro: en Birmania, unha explosión causa 3 mortos tras o reinicio das conversacións de paz.[509]
18 de xaneiro: nos Estados Unidos, O Pentágono cifra en 19.000 os casos de abuso sexual nas Forzas Armadas.[510]
20 de xaneiro: en Nixeria varios ataques terroristas cometidos na cidade de Kano polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram causan polo menos 250 mortos. Os obxectivos dos ataques eran principalmente comisarías de policía.[511]
21 de xaneiro: na India morren polo menos 13 policías nun ataque armado de guerrilleiros comunistas maoístas.
22 de xaneiro: en Nixeria, o grupo Boko Haram continúa a campaña de terror asasinando a 9 persoas de relixión cristiá e destruíndo igrexas.
23 de xaneiro: en Libia un grupo armado de presuntos partidarios do derrocado e falecido ditador libio Muammar al-Gaddafi toman o control de parte da cidade de Bani Walid logo de violentos combates, nun aparente intento de desatar unha rebelión contra o novo goberno.
27 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida nun funeral xiíta en Bagdad deixa polo menos 31 mortos e 60 feridos.[512]
30 de xaneiro: en Siria intensifícanse os combates entre as forzas leais ao goberno e os militares rebeldes do exército popular a poucos quilómetros da capital Damasco. As forzas gobernamentais empregan artillaría pesada e tanques nun esforzo para expulsar os rebeldes dos suburbios da capital que controlan.[513]
30 de xaneiro: en Bruxelas comeza un cumio extraordinario da Unión Europea para tomar medidas para reactivar o crecemento e o emprego e seguir intentando evitar unha recesión grave nas economías europeas.[514]
1 de febreiro: o peor desastre do fútbol exipcio deixa 80 mortos e 248 feridos en Port Said despois de que miles de seguidores de dous equipos rivais, Al-Masry e Al-Ahly, se enfrontaran no final do partido, causando revoltas populares.[515]
3 de febreiro: en Siria a oposición denuncia que os bombardeos das forzas leais ao goberno sobre a cidade rebelde de Homs deixaron polo menos 260 mortos e 500 feridos. As forzas gobernamentais empregarían artillaría pesada e tanques para atacar zonas residenciais masacrando os civís, mais o réxime sirio atribúe os ataques a grupos terroristas opositores.[517]
4 de febreiro: en Rusia decenas de miles de persoas maniféstanse a favor e en contra do goberno de Vladimir Putin en concentracións multitudinarias paralelas. A oposición maniféstase esixindo eleccións libres e os oficialistas defendendo a lexitimidade do réxime.[518]
21 de febreiro: no Iemen celébrase a elección presidencial. O único candidato é o até entón vicepresidente do país (e encargado da presidencia desde hai meses) Abd Rabbuh Mansur al-Hadi, cun nomeamento que foi pactado polo réxime e a oposición para acabar co goberno ditatorial de Ali Abdullah Saleh e iniciar a transición á democracia.
22 de febreiro: un accidente ferroviario na Estación Once de Septiembre, Bos Aires, Arxentina, deixa como saldo 51 mortos e 703 feridos.[522]
26 de febreiro: Siria vota en referendo unha nova constitución mentres segue a represión. Os grupos opositores opóñense aos comicios e fan un chamamento a boicotear o proceso, ao considerar que a nova constitución é falsa e o referendo unha fraude, sinalando que Bashar al-Assad nunca respectou a antiga constitución, que garantía a liberdade de expresión e prohibía a tortura. Con todo, a nova constitución consegue o 84,9 % de aprobación civil.[524]
26 de febreiro: en Afganistán, morren asesores estadounidenses tras disputas sobre coráns queimados. Alemaña retira os seus asesores de Cabul, pola escalada de violencia.
27 de febreiro: nas illas Seychelles, un incendio no cruceiro Costa Allegra déixao sen electricidade, con 627 pasaxeiros á deriva, pero sen vítimas mortais.[525]
2 de marzo: en Irán celébranse eleccións parlamentarias. O réxime iraniano non permitiu a inscrición da maioría dos candidatos da oposición reformista democrática, polo que nos comicios participaron principalmente as dúas faccións enfrontadas nas que se dividiu o oficialismo ultraconservador: os partidarios do líder supremoAli Khamenei, que obtiveron unha vitoria esmagadora, e os do presidente Mahmoud Ahmadinejad, que sufriu unha humillante derrota, mentres que a oposición reformista, que chamara á abstención, denunciou que o réxime inflou falsamente a cifra de participación.[529]
2 de marzo: en Bruxelas os xefes de Estado e de Goberno de todos os países da Unión Europea ―exceptuando Reino Unido e a República Checa― asinan un tratado de austeridade fiscal acordado en principio tres meses atrás e que obriga aos países asinantes a cumprir unha drástica e ríxida disciplina nas súas contas públicas para atallar a crise da débeda soberana e tratar de evitar unha conmoción económica.[530]
4 de marzo: en Rusia celébranse eleccións presidenciais. O actual primeiro ministro Vladimir Putin obtén unha vitoria esmagadora que lle permitirá volver ocupar a presidencia (que xa ocupou durante dous mandatos no pasado), mais a oposición denuncia fraude nunhas eleccións xa cuestionadas porque non se permitiu a participación dos líderes da oposición extraparlamentaria e polo vantaxismo oficial na campaña, o que desata protestas nas rúas.
4 de marzo: en Polonia, un accidente ferroviario deixa 16 mortos e 58 feridos.
4 de marzo: na República do Congo morren polo menos 246 persoas, centos quedan feridas e 5000 sen vivenda nunha serie de explosións nun depósito de municións do Exército ao lado dun barrio popular na capital, Brazzaville. Aparentemente a orixe das explosións foi un accidente.[531]
4 de marzo: no IemenAl Qaeda ataca un cuartel do Exército iemení no sur do país e logo dunha batalla campal logra matar polo menos 185 militares e capturar decenas, no peor golpe que sufriron as Forzas Armadas do Iemen no marco da loita antiterrorista.[532]
10 de marzo: en Somalia morren entre 50 e 100 combatentes en sanguentos combates entre o grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab e forzas gobernamentais somalís e da veciña Etiopía. Isto dáse no marco da ofensiva lanzada por Etiopía, Kenya e a forza multinacional da Unión Africana para destruír Al-Shabbaab, vinculado a Al Qaeda.[534]
19 de marzo: en Siria prodúcense encarnizados combates entre forzas leais ao goberno e forzas rebeldes nun exclusivo e céntrico barrio da capital Damasco, nun feito infrecuente até ese momento no conflito que vive o país, poñendo á vista a capacidade dos rebeldes para golpear a fortemente vixiada capital.[535]
20 de marzo: en Iraq unha vaga de atentados terroristas con bombas sacode varias cidades do país, entre elas a capital Bagdad, Kerbala, Kirkuk e Al-Hillah. En total morren polo menos 51 persoas e 250 quedan feridas.[536]
20 de marzo: no municipio de Ometepec (México) prodúcese un forte terremoto dunha magnitude de 7,9 graos Richter, rexistrándose moitos danos materiais.[537]
21 de marzo: en Malí un grupo de militares derroca o goberno nun sanguento golpe de estado. Os militares golpistas, que xustificaron a súa acción polo insuficiente apoio do goberno derrocado aos militares na súa loita contra os guerrilleiros separatistas do pobo tuareg do norte do país, cerraron as fronteiras do país e formaron unha xunta militar de goberno.[538]
22 de marzo: no Iemen as forzas do goberno conxuntamente con forzas militares estadounidenses bombardean posicións de Al Qaeda no sur do país matando polo menos 29 terroristas.[539]
26 de marzo: en Somalia, o Exército de Etiopía, co apoio dunha milicia pro-gobernamental somalí, conquista a cidade de Elbur, un dos principais bastións do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab, asociado a Al Qaeda. A caída de Elbur súmase á conquista doutras cidades, até aquelas controladas por Al-Shabbaab, por parte das forzas gobernamentais somalís e dos seus aliados estranxeiros da forza multinacional africana.[540]
31 de marzo: en Malí os guerrilleiros separatistas de etnia tuareg do norte do país (Movemento Nacional de Liberación do Azawad) lanzan unha ofensiva contra a estratéxica cidade de Gao, logo de ter conquistado o día anterior a tamén estratéxica localidade de Kidal. Os rebeldes independentistas están aproveitando a debilidade e a confusión que reinan nas forzas gobernamentais despois do recente golpe de estado para avanzar de forma acelerada, o que preocupa os países da rexión que ofrecen enviar tropas para frealos.[541]
31 de marzo: en Tailandia un atentado terrorista na cidade de Yala, ao sur do país, causa polo menos 8 mortos e máis de 50 feridos. O atentado dáse nunha rexión onde son frecuentes os ataques dos guerrilleiros separatistas islámicos que loitan para crear un estado islámico independente e que denuncian a discriminación por parte da maioría budista de Tailandia.[542]
1 de abril: en Malí, logo de ocupar as cidades de Kidal e Gao, os guerrilleiros secesionistas tuareg conquistan a histórica cidade de Tombouctou despois de que os soldados do Exército regular de Malí fuxiran e de que unha milicia árabe local pro-gobernamental se rendera ante os rebeldes. Con esta vitoria os rebeldes independentistas controlan practicamente a totalidade do norte do país, o que preocupa a comunidade internacional que teme que Al Qaeda aproveite esta situación para converter a rexión nunha base de operacións.[543]
1 de abril: en Birmania celébranse eleccións parlamentarias parciais para cubrir unha parte relativamente pequena dos escanos ao Parlamento birmano. A oposición democrática contraria ao réxime militar arrasa nos comicios e a súa líder, a Premio Nobel da PazAung San Suu Kyi, é electa deputada.[544]
2 de abril: en Malí un grupo próximo a Al Qaeda expulsa os rebeldes tuaregs da cidade de Tombouctou e conquístaa na súa maior parte. Os guerrilleiros tuareg que conquistaran a cidade o día anterior tiveron que repregarse ante a forza de Al Qaeda, o que complica a xa caótica situación de Malí despois do recente golpe de estado e que ameaza todo o norte de África.[545]
3 de abril: no Iemen as forzas do goberno recuperan o control dunha rexión do sur do país despois de bombardear intensamente as posicións de Al Qaeda matando polo menos 43 guerrilleiros desa organización terrorista.[546]
6 de abril: En Malí os rebeldes separatistas tuaregs proclaman a independencia de Azawad, o norte do actual Malí que ocuparon e que reivindican como patria súa. A comunidade internacional non recoñece a declaración de independencia deste pretendido novo Estado e pronúnciase pola defensa da unidade nacional e integridade territorial de Malí.[547]
8 de abril: en Nixeria un atentado terrorista na cidade de Kaduna contra igrexas cristiás en plena celebración da Semana Santa deixa polo menos 38 persoas mortas e decenas feridas. Sospéitase que o atentado foi obra do grupo fundamentalista islámico Boko Haram na súa campaña para desatar unha guerra entre relixións no país.[548]
9 de abril: en Somalia un atentado terrorista nun mercado da cidade de Baidoa deixa polo menos 11 mortos. A cidade onde ocorreu o atentado fora conquistada dous meses antes por tropas etíopes, que lle arrebataron o control ao grupo islamista Al-Shabbaab.[549]
23 de abril: as Forzas Armadas do Sudán anuncian que en tres días de combates mataron máis de 900 militares do Exército do Sudán do Sur no marco da guerra que sosteñen ambos países africanos por unha rexión rica en petróleo.[555]
6 de maio: en Grecia celébranse eleccións parlamentarias e a centro-dereita de Nova Democracia obtén a vitoria, pero cunha maioría relativa moi afastada da maioría absoluta e no contexto duns resultados moi fragmentados, co auxe ademais da esquerda populista e a extrema dereita, o que fai imposible formar goberno e obriga aos poucos días a adiantar as eleccións de novo, poñendo a Grecia a piques de abandonar o euro.[558]
6 de maio: en Serbia celébranse eleccións presidenciais, parlamentarias e municipais. Ante a falta de maioría absoluta as eleccións presidenciais deberán definirse nunha segunda volta, e nas eleccións parlamentarias os resultados son fragmentados, pero os partidos pro-europeos obteñen suficiente apoio como para poder formar goberno.
6 de maio: en Italia celébranse eleccións municipais en varias rexións do país.[559]
9 de maio: en España, o Goberno anuncia recortes de 10.000 millóns de euros nos orzamentos de Educación e Saúde, e nacionaliza o banco Bankia, que necesitaría unha cifra similar para non quebrar.[560]
20 de maio: en Serbia celébrase a segunda volta das eleccións presidenciais. Triunfa o nacionalista Tomislav Nikolic, o que fai temer maior inestabilidade política e unha debilitación do compromiso coa integración europea.[563]
21 de maio: no Iemen un atentado terrorista suicida reivindicado por Al Qaeda deixa polo menos 70 mortos e 100 feridos entre os militares que participaban no ensaio dun desfile militar na capital Sana. O atentado (no que resultou ileso o Ministro de Defensa que presenciaba o ensaio) foi unha resposta á ofensiva militar do goberno iemení contra Al Qaeda no sur do país que deixou decenas de mortos nos días anteriores ao atentado.[564]
21 de maio: en Malí o presidente interino Dioncounda Traoré é golpeado brutalmente por unha turba de manifestantes que asaltou o Palacio Presidencial reclamando a partida do presidente e a súa substitución polo líder da xunta militar que protagonizou un golpe de estado unhas semanas atrás.[565]
23 de maio: en Exipto comeza a primeira volta das eleccións presidenciais, nunha votación que se estenderá durante dous días seguidos. Considéranse as primeiras eleccións libres da historia do país e elixirase o primeiro presidente democrático logo da caída da ditadura de Hosni Mubarak.[566]
23 de maio: a Xendarmería do Vaticano detén o mordomo do papa Bieito XVI, Paolo Gabriele por supostamente desvelar documentos secretos (que apareceron no libro Sua Santità. Le carte segrete di Benedetto XVI). Comeza o fenómeno do Vatileaks.
25 de maio: en Siria ocorre un masacre na cidade de Hula na que morren polo menos 108 persoas, na súa maioría civís e unha gran parte deles nenos. A oposición siria e a maior parte da comunidade internacional atribúen o masacre ás forzas leais ao goberno sirio que empregarían artillaría pesada e executarían persoas tomadas nos seus domicilios, mais o réxime sirio nega a súa responsabilidade nos feitos violentos, que continuarían os días seguintes.
6 de xuño: en Siria ocorre un novo masacre en dúas aldeas da provincia de Hama cun saldo de polo menos 78 mortos civís, moitos deles mulleres e nenos. A oposición siria e a comunidade internacional culpan as forzas leais ao goberno sirio, que volve negar a súa responsabilidade nos feitos.[569]
14 de xuño: en Iraq unha vaga de atentados terroristas en diferentes cidades do país deixa polo menos 72 mortos en total e decenas de feridos.[570]
15 de xuño: no Iemen as forzas militares do goberno conquistan a cidade costeira de Shoqra, a terceira cidade que estaba en mans de Al Qaeda que cae en mans das forzas gobernamentais nunha semana de intensos combates.[571]
17 de xuño: en Grecia celébranse novas eleccións parlamentarias e os conservadores de Nova Democracia obteñen a vitoria, aínda que sen maioría absoluta, mais co apoio doutros partidos europeístas (especialmente dos socialistas do PASOK) poderán formar goberno, o que constitúe un alivio para Europa e para a economía mundial ameazada por unha nova crise se Grecia abandonaba o euro de maneira caótica.[574]
11 de xullo: o presidente do goberno de EspañaMariano Rajoy anuncia medidas extraordinarias para conter o déficit público, entre elas a subida do IVE e o recorte no soldo dos funcionarios.
15 de xullo: en Siria estallan os máis violentos combates na cidade capital Damasco desde que comezou a guerra civil, cando os rebeldes lanzan unha operación a grande escala para conquistar a cidade e o réxime responde con fortes bombardeos e ataques nos barrios onde se concentran os rebeldes.[575]
18 de xullo: en Siria nun atentado cometido en Damasco morren o Ministro da Defensa e outros altos funcionarios do Goberno. O asasinato é reivindicado polos rebeldes sirios que desde había días libraban intensos combates na capital.[577]
22 de xullo: en Madagascar o Exército irrompe nun campamento militar con soldados amotinados cerca do aeroporto internacional do país e arresta unha serie de sospeitosos, estes militantes teñen demandas que non están claras.[579]
23 de xullo: a Bolsa de Madrid prohibe operacións curtas ou baixistas debido á crise económica española. A prima de risco da débeda española alcanza máximos históricos.
23 de xullo: en Iraq, unha serie de atentados terroristas en diversas cidades do país deixa polo menos 107 persoas mortas e 161 feridas.[580]
23 de xullo: o primeiro ministro do Xapón, Yoshihiko Noda, promete que non haberá máis accidentes como o ocorrido na Central nuclear Fukushima I a raíz do terremoto e o tsunami do 11 de marzo de 2011, asegurando que o Goberno implementará as medidas necesarias para evitar outro desastre.
5 de agosto: o XamaicanoUsain Bolt vence nos 100 metros dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, o seu segundo título olímpico nesa distancia, cunha marca de 9.63 s, a segunda mellor da historia e récord olímpico.
25 de agosto: no estado Falcón (Venezuela) sucede a explosión na refinaría de Amuay (unha das máis grandes do mundo), causando a morte de polo menos 55 persoas e deixando máis de 100 persoas feridas.
27 de agosto: en Somalia as Forzas Armadas do goberno somalí, con apoio dos seus aliados das forzas multinacionais africanas, conquistan a estratéxica cidade costeira de Marka até ese momento en mans do rebelde grupo islamista Al-Shabbaab. Considérase unha importante vitoria na campaña para erradicar o grupo fundamentalista e pacificar o país.
5 de setembro: en Bos Aires, a Comisión de Asuntos Constitucionais do Senado arxentino comeza a debater unha reforma electoral impulsada polo oficialismo para que poidan votar os estranxeiros con residencia permanente e ―opcionalmente (sen voto obrigatorio)― os mozos de 16 e 17 anos.[583]
10 de setembro: en Paquistán as choivas monzónicas deixan 78 mortos. Estas chuvias afectan a todo o país de forma desigual.
12 de setembro: nos Países Baixos celébranse eleccións parlamentarias. O partido do primeiro ministro liberal de centro-dereita Mark Rutte obtén a vitoria e espérase que poida formar goberno en coalición cos laboristas de centro-esquerda (ambos partidos europeístas).[584]
22 de setembro: o Consello de Seguridade das Nacións Unidas alerta da consolidación de grupos terroristas en Malí, inmersa nunha transición política, mentres a rexión de Azawad permanece baixo control de diversas milicias islamistas e locais.[587]
22 de setembro: en España, no Festival de MTV Beach en Madrid prodúcense disturbios deixando 11 detidos e un saldo de 60 feridos.[588]
25 de setembro: en Madrid, a policía reprime manifestantes que arrodean o Congreso. Deteñen 35 persoas e feren 64 (28 dos cales necesitaron hospitalización).[589]
28 de setembro: en España, chuvias torrenciais deixan un total de 10 mortos no sur.
29 de setembro: en Somalia logo dunha sorpresiva ofensiva por mar, terra e aire iniciada o día anterior, as forzas militares de Kenya e as Forzas Armadas do goberno somalí conquistan a cidade costeira de Kismaayo, a última das grandes cidades somalís que quedaba en mans do rebelde grupo islamista Al-Shabbaab. Considérase un duro golpe ao grupo fundamentalista non só porque era a sede do seu cuartel xeral, senón porque os "impostos" que cobraba no porto da cidade era a súa principal fonte de ingresos.[591]
1 de outubro: en Xeorxia celébranse eleccións parlamentarias; o principal partido da oposición obtén a vitoria por ampla marxe, co cal o actual presidente Mikheil Saakashvili perde a opción de converterse no futuro primeiro ministro e gobernar o país cando se faga efectivo o próximo cambio a un sistema de goberno parlamentario estipulado na Constitución do país.
En Filipinas disípase o Tifón Bopha, que ao seu paso polo país deixou polo menos 647 mortos e máis de 1400 feridos, mentres polo menos 780 persoas permanecen desaparecidas e centos de milleiros quedaron damnificadas.[610]
Descubertos cinco planetas orbitando arredor de Tau Ceti, un deles potencialmente habitable.[616]
20 de decembro - Durante os próximos días rexístrase unha onda de violentos saqueos nalgunhas cidades da Arxentina, empezando por Bariloche, deixando polo menos 6 mortos, centos de feridos e 700 detidos.[617]
Último día do décimo terceiro baktún (ciclo de 144.000 días) na conta longa do calendario maia. Durante meses en innumerables sitios estableceuse a crenza de que hoxe era a fin do mundo.[618]
En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.[624][625][626]
Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[635]
22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[639]
23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[640]
26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[643]
Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[648] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[649]
O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[650]
12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.[673]
En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.[681]
Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.[686]
Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.[690]
9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.[692]
10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
En Mogadixo (capital somalí) un atentado terrorista preto do Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.[695]
20 de marzo - En Cidade de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.[696]
A Asemblea Xeral da ONU proclamou o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes (resolución A/RES/68/231). Posteriormente, en 2019, declarou o 10 de febreiro como o Día Mundial dos Legumes (resolución A/RES/73/251). O obxectivo destas celebracións foi concienciar a opinión pública sobre os beneficios nutricionais do consumo de legumes, "un elemento fundamental da cesta dos alimentos", o seu papel na prevención da obesidade e de certas enfermidades e do papel beneficioso no medio ambiente ó mellorar a fertilidade do chan [756][757].
Rexístranse en Yakarta, capital de Indonesia, 5 explosións nun centro comercial e varios tiroteos, que deixan un saldo de 5 mortos e 19 feridos. O Estado Islámico adxudicouse os atentados.
15 de febreiro: realízanse ataques aéreos sobre dous hospitais da cidade de Azaz, en Siria, houbo polo menos 22 mortos, 8 desaparecidos e decenas de feridos. Mentres que unha misión médica apoiada por Médicos sen Fronteiras, na cidade de Idlib, sufriu un bombardeo que provocou a morte de 7 traballadores e a desaparición de 8.[771]
Jocelerme Privert asume de forma interina a presidencia de Haití para convocar novamente á segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebraron no mes de novembro.[772][773]
16 de febreiro: Venezuela aproba o proxecto de lei de amnistía e reconciliación, que contempla unha amnistía para moitos políticos encarcerados dende 1999, cando o expresidente Hugo Chávez tomou posesión da presidencia. A oposición parlamentaria argumentou que os xuízos non se realizaron de forma imparcial. O actual xefe de Estado, Nicolás Maduro, dixo non estar disposto a promulgar a lei.[774][775][776]
17 de febreiro: un ataque terrorista contra o Exército de Turquía deixa 28 mortos e 16 feridos na capital, Ancara.[777] Os Falcóns da Liberdade do Kurdistán, grupo terrorista kurdo escisionado do PKK, reivindicaron o atentado.[778]
20 de febreiro Conclúe a visita do papa Francisco en México.
29 de febreiro: a Arxentina e varios fondos de investimento acredores, coñecidos como «fondos voitre», asinaron un principio de acordo para a resolución da disputa xudicial comezada en 2001, cando o país entrou en cesamento de pagos ou default, produto da grave crise económica de entón. O acordo tamén permitirá a Arxentina regresar ós mercados internacionais.[783][784]
19 de marzo: un avión que realizaba un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, na súa segunda tentativa de aterraxe e non houbo superviventes (62 mortos).
9 de maio: O partido da oposición liderado polo ex-primeiro ministro Mahathir bin Mohamad gaña as eleccións de Malaisia, dando paso ao primeiro cambio de goberno do país.
14 de outubro - actualidade: protestas en Chile en resposta as alzas do sistema público de transporte e ás más condicións sociais e económicas do país.
↑Born With Design. "COP 16". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o October 21, 2014.
↑Notimex (2 de decembro, 2010). El Universal, ed. "Hay otros tipos de vida: NASA"(en español). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 25 de maio de 2015.
↑"Terremoto 6.2 Argentina". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2012.|urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
↑Beatty, Kelly. Highlights, ed. "A Deluge of Draconids?". Sky and Telescope(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2012.
↑"Voto de jóvenes de 16 años.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2012.|urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
↑"Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de agosto de 2015.|urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
↑Fischer, D. (6 de agosto de 2014). "Copia arquivada". The Planetary Society. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2014. Consultado o 09 de abril de 2015.|title= e |título= redundantes (Axuda); |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
↑www.olympic.org (ed.). "Nanjing 2014"(en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.