Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde novembro de 2015)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Cunha poboación de 1.978.376 (datos do 2019), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos.
Algúns lingüistas especulan que o seu nome significa, en tsafiqui, lingua da etnia Tsáchila ou Indios Colorados, centro (Quitsa) do mundo (To).
Localización xeográfica
A cidade de Quito encóntrase nas abas orientais do estratovolcán activo Pichincha, que está na Cordilleira Occidental dos Andes setentrionais de Ecuador. A Praza da Independencia no centro de Quito está situada a 2.850 m de altitude sobre o nivel do mar.
A cidade está no centro da provincia de Pichincha, no suroeste do foxo do río Guayllabamba. O foxo do Guayllabamba está rodeada por varios volcáns altos das cordilleiras Occidental e Central (tamén chamada Real). Os volcáns da Cordilleira Occidental que bordean o foxo inclúen, de norte a sur, o Pululahua, o Casitagua, o Pichincha, o Atacazo, o Corazón e o Illiniza. Os da Cordilleira Central inclúen o Cusinurcu, Cayambe, Saraurcu, Pambamarca, Filocorrales, Antisana, Sincholagua e Cotopaxi. Entre as dúas cordilleiras hai varios volcáns como o Moxanda, Ilalou, Pasochoa e Rumiñahui.
A cidade ten o segundo centro histórico máis grande de América, despois do existente na Habana en Cuba, e o máis grande de Suramérica. Os centros históricos de Cracovia en Polonia e de Quito foron os primeiros sitios en ser declarados Patrimonios Culturais pola UNESCO o 18 de setembro de 1978. Quito é sé arcebispal.
Dentro dos atractivos turísticos está a lomba de El Panecillo, onde se encontra unha estatua da Virxe de Quito inaugurada o 28 de marzo de 1976. Un atractivo turístico novo do Municipio de Quito é un teleférico, chamado ‘‘Telefériqo’‘ (con ‘‘q’‘ de ‘‘Quito’‘), que permite subir os visitantes a 4200 metros sobre o nivel do mar a Cruz Loma, que é unha lomba no leste do Pichincha, que se caracteriza por ter un ecosistema de páramo andino. Fóra da cidade, ao norte, na parroquia San Antonio do cantón Quito, existe un monumento para a liña ecuatorial, xunto cunha serie de locais comerciais chamada Cidade Metade do Mundo e administrada polo Consello Provincial de Pichincha.
1949-02-12: Radio Quito transmite unha versión falada en español da novela de 1898 The War of the Worlds (A Guerra dos Mundos) de H. G. Wells. Os oíntes malinterpretan a novela como unha nova de invasión extraterrestre e, tras darse conta do malentendido, incendian o edificio do diario El Comercio, onde estaba a estación de Radio Quito. No incendio morren seis persoas.
1978-09-18: Os centros históricos de Cracovia e Quito son os primeiros Patrimonios Culturais da Humanidade declarados pola UNESCO.
1987-03-05: Sismo de aproximadamente 7 na escala sismolóxica de Richter, con epicentro a aproximadamente 80 km de Quito, causa danos en edificios da cidade.
1993-12-27: Promúlgase Lei de Réxime para o Distrito Metropolitano de Quito que declara o Cantón Quito como "Distrito Metropolitano de Quito".