Library of Congress Control Number

O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).

Consulta do LCCN de Ernst Cassirer: n50034385.

Historia

O acrónimo LCCN aludía orixinalmente ao Library of Congress Card Number (número de tarxeta da Biblioteca do Congreso), xa que a Biblioteca do Congreso preparaba tarxetas de información bibliográfica para o seu catálogo e vendía conxuntos duplicados das tarxetas a outras bibliotecas para usalos nos seus catálogos. Este costume coñecíase como catalogación centralizada. A cada conxunto de tarxetas dábase un número de serie para facilitar a súa identificación.

Como a maioría da información bibliográfica créase, almacénase e compártese actualmente de forma dixital, segue existindo a necesidade de identificar univocamente cada rexistro, facendo aínda o LCCN esta función.

Bibliotecarios de todo o mundo empregan este identificador unívoco no proceso de catalogar a maioría dos libros que foron publicados nos Estados Unidos de América. Isto axúdalles a corrixir os datos de catalogación (coñecidos como rexistro de catálogo), que a Biblioteca do Congreso e terceiros poñen a disposición na web e por outros medios.

En febreiro de 2008, a Biblioteca creou o servizo de ligazóns permanentes do LCCN, que contén unha URL estable para tódolos números de control.[1]

Formato

Na súa forma máis elemental o número inclúe un ano e un número de serie. O ano ten dous díxitos desde 1898 a 2000, e catro díxitos a partir de 2001. Os tres anos ambiguos (1898, 1899 e 1900) distínguense pola lonxitude do número de serie. Hai tamén algunhas peculiaridades cos números que empezan por un «7» debido a un experimento errado levado a cabo entre 1969 e 1972.

Os números de serie teñen seis díxitos e deben incluír ceros á esquerda. O guión que a miúdo separa o ano e o número de serie é opcional. Porén, recentemente, a Biblioteca indicou aos editores que non o inclúan.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas