Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina dotawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús.[1] Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo,[2] pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.[3]
A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie publicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén cren que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca (hajj) polo menos unha vez na vida.[4][5]
A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns.[6] A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns.[7] O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%).[8] Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial,[9][10][11][12] o islam é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rapidamente no mundo.[13][14][15]
"Sunnite". Encyclopædia Britannica Online. They numbered about 900 million in the late 20th century and constituted nine-tenths of all the adherents of Islām.
"Quick guide: Sunnis and Shias". BBC News. 6 desembre 2011. The great majority of Muslims are Sunnis - estimates suggest the figure is somewhere between 85% and 90%.
Sunni Islam: Oxford Bibliographies Online Research Guide "Sunni Islam is the dominant division of the global Muslim community, and throughout history it has made up a substantial majority (85 to 90 percent) of that community."
"Religions". The World Factbook. Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 25 de abril de 2014. Sunni Islam accounts for over 75% of the world's Muslim population... Shia Islam represents 10-20% of Muslims worldwide...
↑* "Islam Today". Islam: Empire of Faith (2000). PBS. Islam, followed by more than a billion people today, is the world's fastest growing religion and will soon be the world's largest...
"No God But God". Thomas W. Lippman. U.S. News & World Report. 14 abril 2008. Islam is the youngest, the fastest growing, and in many ways the least complicated of the world's great monotheistic faiths. It is a unique religion based on its own holy book, but it is also a direct descendant of Judaism and Christianity, incorporating some of the teachings of those religions—modifying some and rejecting others.