Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Meca[1][2][3][4][5] (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é a capital da Provincia da Meca e a principal cidade da rexión do Hiyaz,[6] na actual Arabia Saudita, e unha das máis importantes da península de Arabia. Atópase ao oeste da península e localízase nun estreito val, a 277 m sobre o nivel do mar; a uns a 80 km do mar Vermello e está considerada a cidade máis santa do islam[7] e centro relixioso que os que profesan a fe musulmá, e son capaces, teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida.
A Meca é xeralmente considerada "a fonte e o berce do Islam",[9][10] así mesmo é venerada no islam como o lugar de nacemento do profeta islámicoMahoma. A cova de Hira no alto do Jabal al-Nur ("Montaña de luz"), nas aforas da cidade, é onde os musulmáns cren que o Corán foi revelado por primeira vez a Mahoma.[11] A Gran Mesquita da Meca, coñecida como Masyid ao-Haram, alberga a Ka'bah, que os musulmáns cren que foi construída por Abraham e Ishmael. É un dos lugares máis santos do islam e punto de dirección (quibla) da oración de todos os musulmáns.[12]
Baixo o goberno saudita, A Meca está gobernada polo Municipio Rexional da Meca, un consello municipal de 14 membros elixidos localmente e encabezado polo alcalde (chamado Amin en árabe) nomeado pola goberno saudita. En 2015, o alcalde da cidade era Osama bin Fadhel Al-Barr;[19][20] desde xaneiro de 2022 , o alcalde é Saleh Al-Turki.[21] O concello da Meca (amanah), que forma parte da Meca e da rexión circundante, é a capital da provincia da Meca, que inclúe as cidades veciñas de Jeddah e Taif, aínda que Jeddah é considerablemente maior en poboación en comparación coa Meca. O gobernador provincial da provincia desde o 16 de maio de 2007 era o príncipeJalid bin Faisal Al Saud.[22]
Etimoloxía e uso
A Meca recibiu moitos nomes. Como ocorre con moitas palabras árabes, a súa etimoloxía é escura.[23] Amplamente considerado sinónimo de Makkah, dise que é máis especificamente o nome primitivo do val situado nel, mentres que os eruditos musulmáns utilízano xeralmente para referirse á zona sacra da cidade que rodea inmediatamente e inclúe a Ka'bah.[24][25]
«A Meca» é a forma galega tradicional evolucionada do nome árabe da cidade, aínda que a transliteración oficial do goberno saudita é Makkah, que se achega máis á pronuncia árabe.
[26][27] En galego, a palabra «Meca», que provén do árabe hispánico Makka e este do árabe clásico Mákkah, terminou por ser usada para facer referencia a un lugar onde acoden moitas persoas por ser o centro principal ou mellor sitio onde se realiza algo. Este uso, que se estende tamén a outras linguas, resulta ofensivo para moitos musulmáns.[26] O goberno saudita adoptou a forma Makkah como escritura oficial nos anos 1980, pero esta non é usada de forma xeneralizada en todo o mundo.[26] O nome oficial completo da cidade é Macarama (المكرمة), pronunciado [makka lmukarrama] ou [makkah almukarrama]), que significa «Meca a Honrada», pero que ás veces se traduce como «A sacra cidade da Meca».[26]
O antigo ou primitivo nome para o asentamento da Meca é Baca ou Bakkah (tamén transliterado como Baka, Bakah, Bakka, Becca, Bekka etc.)/ etc.).[28][29][30] A etimoloxía desta palabra árabe, do mesmo xeito que ocorre coa orixe da palabra Meca, é descoñecida.[23] Está bastante estendida a crenza de que se trata dun sinónimo de Meca, aínda que se di que máis especificamente trátase do nome primitivo do val que alí se atopa, mentres que os investigadores árabes úsano xeralmente para referirse á zona sacra da cidade que se atopa nas inmediacións da Kaaba.[25][31]
A forma Baca úsase en lugar da Meca no Corán en 3:96, mentres que a forma Meca úsase en 48:24.[23][32] Na lingua surarábiga, a lingua falada na parte sur da península arábiga nos tempos de Mahoma, a «b» e a «m» podían intercambiarse.[32] Outras referencias á Meca no Corán (6:92, 42:5) chámana Umm al-Qura, que significa «nai de todos os asentamentos».[32] Outro nome para A Meca é Tihama.[33]
Outro nome para A Meca, ou para as terras salvaxes e montañas que rodean a cidade, segundo a tradición árabe e islámica, é Farán ou Parán, e refírese ao deserto de Farán ou Parán.[34] A tradición árabe e islámica sostén que a zona salvaxe de Farán mencionada na Biblia é, en termos xerais, Tihama, e A Meca é o lugar onde se asentou Ismael.[34]Abu Abdallah Yaqut ibn-Abdallah al-Rumi al-Hamawi, xeógrafo sirio do século XII, escribiu que Fārān era «unha palabra hebrea arabizada. Un dos nomes da Meca mencionados na Tora».[35]
Historia
Santuario ancestral
As orixes míticas do lugar remóntanse ata Adán, Abraham e o seu fillo Ismael (cuxos descendentes, os ismaelitas, serían os musulmáns). O xeógrafo Tolomeo cítaa coma Macoraba no século II (inda que discutida a adscrición). En calquera caso, semella certa a indubidable antigüidade (seica finais do período romano) dun santuario a carón do pozo-manancial Zamzam no val do oued Ibrahim. Ese primitivo recinto sagrado recibiu o nome de Kaaba.
A Kaaba era nun principio só un cercado de pedra sen teito, con esquinas orientadas segundo os puntos cardinais. Albergaba ídolos de tódalas tribos da península arábiga, máis de 360, un por día, a "Pedra Negra" entre eles. Unha vez ao ano as tribos reuníanse alí abrindo unha tregua nas súas loitas constantes.[36] No século V, a tribo coraixita fíxose co control da Meca e os seus membros convertéronse en expertos mercadores e comerciantes. Tal costume, o prestixio do lugar e a súa estratéxica posición nas rutas comerciais da rexión, favoreceron un pronto e florecente desenvolvemento do comercio (sinaladamente as especias do Iemen e Omán) que orixinou o crecemento dunha vila arredor.[37]
Centro do islam
Para o século V, o control da área da Meca estaba en mans da tribo de mercadores Quraish quen reconstruíron a Kaaba no século VII, xa teitada e de forma cúbica. Nesa época Mahoma, que pertencía ao clan haxemita de dita tribo, revolucionou as ideas relixiosas da rexión ao establecer un culto monoteísta, rexeitando a idolatría vixente, sobre todo a Hubal, deidade lunar. A Kaaba converteuse no lugar máis sagrado, foco da oración dos musulmáns e centro de peregrinación da nova relixión, o islam, inda que A Meca nunca ostentaría capitalidade política algunha no imperio árabe.
O primeiro califa, Omar (634-644), ante o crecente número de peregrinos, manda derrubar as casas arredor da Kaaba e delimita cun muro un recinto de oración. O seu sucesor, o califa Uthman (644-656) agrándao e cobre con teito sobre arcos e columnas, dando orixe así á Gran Mesquita Al-Haram, que será novamente agrandada, enriquecida, destruída e reconstruída numerosas veces ao longo dos séculos. O califa Al-Mansur (754-775) dobra o tamaño do ala norte e oeste e o seu sucesor Al-Mahdi, no 777, ordena a reconstrución demolendo máis casas arredor, nun plan reticular de 196x142m con tres minaretes. En 1399 produciuse un incendio e tamén un asolagamento, tras os cales procedeuse a unha nova reconstrución, en 1405.
Xa baixo o poder otomán, en 1571 o sultán Selim II ordenou a remodelación da mesquita ao seu arquitecto Sinan, quen erixiu un teito abovedado sostido por novas columnas. Ademais, en 1629 foi restaurada e a Kaaba reconstruída. O recinto da mesquita ocupaba 192x132m e tiña sete minaretes, mantendo esta estrutura básica ata 1918.[38]
Mentres A Meca, o organismo urbano, conservou tamén a súa disposición histórica ata o século XX , trepando polos outeiros arredor do gran templo no val, e crecendo ao longo das rutas que partían da cidade.[39][40][41]
Baixo a Dinastía Saudita
Tras un efémero reino de Hiyaz do que foi capital (1916-1924), a dinastía Saudita, fundadora do moderno estado de Arabia Saudita, impulsou a ampliación da Gran Mesquita (1955-1973 e 1982 ata o presente), con extensas demolicións arredor converténdoa no edificio relixioso maior do mundo, á calor dun crecente número de peregrinos que contabilízanse xa por millóns. Toda unha rede de infraestruturas tense construído para o seu romaxe.[42] Ademais, leváronse adiante vastos proxectos urbanísticos nas inmediacións da mesquita que supuxeron a desaparición do tecido e arquitectura tradicionais, substituídos por Abraj Al Bait, un complexo de xigantescos rañaceos e barrios de apartamentos de luxo.[43]
Importancia no islam
A Meca ocupa un lugar importante no islam e considérase a cidade máis sacra en todas as ramas da relixión. A súa importancia débese ao papel que desempeña na Hajj na Umrah e pola súa condición de lugar de nacemento do profeta Mahoma.
Masjid al-Haram
Masjid al-Haram é o lugar de dous dos ritos máis importantes tanto do Hajj como da Umrah, a circunvalación arredor da Kaaba (tawaf) e o paseo entre os dous montes de Safa e Marwa (sa'ee). A mesjid é tamén o sitio do Pozo de Zamzam. Segundo a tradición islámica, unha oración na masjid é igual a 100.000 oracións en calquera outra masjid do mundo.[44]
Hai diferenzas de opinión entre os eruditos islámicos sobre quen construíu primeiro a Kaaba, algúns cren que foi construída polos anxos mentres que outros cren que foi construída por Adán. En calquera caso, construíuse varias veces antes de alcanzar o seu estado actual. A Kaaba é tamén a dirección común da oración (quibla) para todos os musulmáns. A superficie que rodea a Kaaba e pola que os musulmáns a circunvalan coñécese como Mataf.
Hajr-e-Aswad (Pedra Negra)
A Pedra Negra é unha pedra que os científicos consideran un meteorito ou de orixe similar e que os musulmáns atribúen a unha orixe divina. Atópase na esquina oriental da Kaaba e é Sunna tocala e bicala. A zona ao redor da pedra adoita estar sempre abarrotado e é vixiada por policías para garantir a seguridade dos peregrinos. Segundo a tradición islámica, a pedra foi enviada desde o Paraíso e utilizouse para construír a Kaaba. Adoitaba ser unha pedra branca (e era máis branca que o leite). Por mor dos pecados mundanos do home, foi cambiando de cor ata volverse negra co paso dos anos.
Maqam Ibrahim
Esta é a pedra sobre a que se apoiou Ibrahim (Abraham) para construír as partes máis altas da Kaaba. Contén dúas pegadas comparativamente maiores que as dos pés humanos actuais. A pedra está elevada e aloxada nunha cámara hexagonal dourada xunto á Kaaba, na placa de Mataf.
Safa e Marwa
Os musulmáns cren que na revelación divina a Mahoma, o Corán, Alá describe as montañas de Safa e Marwah como símbolos da súa divindade. Camiñar entre as dúas montañas sete veces, 4 de Safa a Marwah e 3 de Marwah indistintamente, considérase un piar obrigatorio (rukn) da 'Umrah.
Panoramica da al-Masyid al-Haram, tamén coñecida como a Gran Mesquita da Meca, durante a peregrinación do Hayy
Hajj e 'Umrah
A peregrinación do Hajj, tamén chamada peregrinación maior, atrae a millóns de musulmáns de todo o mundo e case triplica a poboación da Meca durante unha semana no duodécimo e último mes islámico de Dhu al-Hijjah'. En 2019, o Hajj atraeu a 2 489 406 peregrinos á cidade santa.[45] A 'Umrah, ou peregrinación menor, pode realizarse en calquera momento do ano. Todo musulmán adulto e san que teña a capacidade económica e física para viaxar á Meca debe realizar o Hajj polo menos unha vez na vida. A Umrah, a peregrinación menor, non é obrigatoria, pero recoméndase no Corán.[46] Ademais da Masyid al-Haram, os peregrinos tamén deben visitar as cidades próximas de Mina/Muna, Muzdalifah e Monte Arafat para diversos rituais que forman parte do Hajj.
Jabal an-Nur
Esta é a montaña que, segundo os musulmáns, foi o lugar onde Mahoma pasou o seu tempo, en reclusión e meditación, afastado da buliciosa cidade da Meca.[47][48] A montaña está situada na entrada oriental da cidade e é o punto máis alto da cidade, con 642 metros.
Cova da Hira
Situada na cima de Jabal an-Nur, é a cova onde os musulmáns cren que Mahoma recibiu a primeira revelación de Alá a través do arcanxo Gabriel (Jibril na tradición islámica) á idade de 40 anos.[47][48]
Xeografía
. A Meca atópase na rexión de Hejaz, unha franxa montañosa de 200 km de ancho que separa o deserto de Nefude do mar Vermello. A cidade está situada nun val do mesmo nome a uns 70 km ao leste da cidade portuaria de Jeddah. A Meca é unha das cidades con menor altitude da rexión do Hejaz, situada a 277 m sobre o nivel do mar, a 21º23' de latitude norte e 39º51' de lonxitude leste. A Meca está dividida en 34 distritos.
A cidade céntrase na zona da al-Haram, que contén a mesquita al-Haram. A zona que rodea a mesquita é a cidade vella e contén o barrio máis famoso da Meca, Ajyad. A rúa principal que leva a al-Haram é a rúa Ibrahim al-Jalil, chamada así por Ibrahim. Na zona central da cidade, á vista de modernos hoteis e complexos comerciais, aínda se conservan casas tradicionais e históricas, de dous a tres pisos, construídas con rochas locais. A superficie total da Meca moderna é de máis de 1 200 km2 (460 sq mi).[49]
Elevación
A Meca está a unha altura de 277 m sobre o nivel do mar e a uns 70 km terra dentro do mar Vermello.[50] É un dos puntos máis baixos da rexión de Hejaz. Aínda que algúns picos montañosos da Meca alcanzan os 1.000 m de altura.
Topografía
O centro da cidade atópase nun corredor entre montañas, que a miúdo se denomina o "Oco da Meca". A zona contén o val da al-Taneem, o val de Bakkah e o val de Abqar.[51][52] Esta localización montañosa definiu a expansión contemporánea da cidade
Fontes de auga
Debido ás condicións climáticas da Meca, a escaseza de auga foi un problema ao longo da súa historia. Na Meca premoderna, a cidade utilizaba unhas poucas fontes principais de auga. Entre elas estaban os pozos locais, como o pozo de Zamzam, que producían auga xeralmente salobre. Atopar unha fonte de auga sostible para abastecer á poboación permanente da Meca e ao gran número de peregrinos anuais foi unha empresa que comezou na época abbasí baixo os auspicios de Zubayda, esposa do califa Harun ar-Rashid.[n. 1] Ela doou fondos para a profundización do pozo de Zamzam e financiou un enorme proxecto de construción que probablemente custou 1,75 millóns de dinares de ouro. O proxecto incluía a construción dun acueduto subterráneo desde o "Manancial de Hunayn" (árabe: عين حنين ʿAyn Ḥunayn ) e outras fontes de auga máis pequenas na zona cara á Meca, ademais da construción dunha obra hidráulica no monte Arafat chamada Manacial de Zubayda (árabe: عين زبيدةʿAyn Zubayda) mediante un conduto independente que a conectaba coa Meca e a Masyid al-Haram. Con todo, co tempo o sistema deteriorouse e deixou de cumprir a súa función. Así, en 1245, 1361, 1400, 1474 e 1510 diferentes gobernantes investiron en reparacións importantes do sistema. Con todo, en 1525, debido á persistencia dos problemas do sistema, o sultán otomán Suleimán o Magnífico iniciou un proxecto de construción para reconstruír o acueduto na súa totalidade, que tardou en completarse até 1571. A calidade da auga foi moi deficiente durante o século XIX, ata que Osman Paxa iniciou un proxecto de restauración e limpeza.[53]
Outra fonte que fornecía auga esporadicamente era a choiva, que a poboación almacenaba en pequenos encoros ou cisternas. Segundo al-Kurdī, até 1965 producíronse 89 inundacións. No século pasado, a inundación máis grave foi a de 1942. Desde entón, construíronse presas para paliar este problema.[52]
A Meca presenta un clima desértico cálido (Köppen: BWh), en tres zonas diferentes de rusticidade das plantas: 10, 11 e 12.[56] Como a maioría das cidades sauditas, A Meca conserva temperaturas entre tépedas e cálidas mesmo no inverno, que poden oscilar entre 19 ºC pola noite e 30ºC pola tarde. As temperaturas estivais son extremadamente calorosas e superan sistematicamente os 40ºC pola tarde, descendendo até os 30ºC pola noite, pero a humidade mantense relativamente baixa, entre o 30 e o 40%. A choiva adoita caer na Meca en pequenas cantidades dispersas entre novembro e xaneiro, con fortes tormentas tamén comúns durante o inverno. As precipitacións estivais ocasionais están asociadas ao movemento cara ao norte da zona de converxencia intertropical.
A economía da cidade depende case exclusivamente das persoas que asisten ao Hajj, a peregrinación que os fieis musulmáns realizan á Meca. Esta deixa na cidade máis de 100 millóns de dólares, ao mesmo tempo o goberno saudita inviste preto de 50 millóns en servizos para os peregrinos.
A pesar de que na cidade tamén existen algunha industria o papel que desenvolve A Meca na economía do país e irrelevante, xa que esta se basea nas importacións de petróleo.
Sanidade
A asistencia sanitaria é proporcionada polo goberno saudita de forma gratuíta a todos os peregrinos. Hai sete hospitais principais na Meca:
Ajyad Hospital (en árabe: مستشفى أجياد)
King Faisal Hospital (en árabe: مستشفى الملك فيصل)
King Abdul Aziz Hospital (en árabe: مستشفى الملك عبدالعزيز)
Sheesha Hospital (en árabe: مستشفى الششة)
Al Noor Hospital (en árabe: مستشفى النور)
Hira Hospital (en árabe: مستشفى حراء)
Maternity and Children Hospital (en árabe: مستشفى الولادة والأطفال)
King Abdullah Medical City (en árabe: مدينة الملك عبدالله الطبية)
Hai tamén moitas clínicas dispoñibles tanto para residentes como para peregrinos.
Administración
A cidade da Meca está gobernada polo concello homónimo, cuxo goberno está formado por 14 membros electos na cidade e presididos por un alcalde (Al-Amin) nomeado polo goberno de Arabia Saudita.
↑Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Meca, A: páxinas 151 (C2) e 192 (B4). ISBN 978-84-8289-328-0.
↑Nicholson, Reynold A. (2013). Literary History Of The Arabs. Routledge. p. 62. ISBN9781136170164. A Meca foi o berce do islam, e o islam, segundo Mahoma, é a relixión de Abraham.
↑Nasr, Seyyed (2005). Mecca, The Blessed, Medina, The Radiant: The Holiest Cities of Islam. Aperture. ISBN0-89381-752-X.
↑"Wahhābī (Islamic movement)". Encyclopædia Britannica. Edimburgo: Encyclopædia Britannica, Inc. 9 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 20 de abril do 2023. Debido a que o wahabismo prohibe a veneración de santuarios, tumbas e obxectos sacros, moitos lugares relacionados coa historia temperá do islam, como as casas e tumbas dos compañeiros do Profeta, foron demolidos baixo o goberno saudita. Os conservacionistas calcularon que ata o 95% dos lugares históricos da Meca e Medina foron arrasados.
↑Millison, Andrew (August 2019). "Climate Analogue Examples". Permaculture Design: Tools for Climate Resilience(en inglés) (Oregon State University). Consultado o 2 de decembro do 2024.
Artikel ini bukan mengenai Raima Sen, Rimi Sen, atau Reemma Sen. Riya SenLahirRiya Dev Varma24 Januari 1981 (umur 43)Kolkata, Bengal Barat, IndiaPekerjaanAktor, modelOrang tuaBharat Dev VarmaMoon Moon SenKerabatRaima Sen (saudari)Suchitra Sen (nenek)Parambrata Chatterjee (saudara ipar) Riya Sen (nama lahir Riya Dev Varma; 24 Januari 1981) adalah sebuah aktris dan model film India. Riya, yang berasal dari keluarga aktor yang meliputi neneknya Suchitra Sen, ibunya Moon Moon Sen dan saudari...
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Sibolangit, Deli Serdang adalah kecamatan di Kabupaten Deli Serdang. Sibolangit juga dapat merujuk pada; Sibolangit, Sibolangit, Deli Serdang, desa di Kabupaten Deli Serdang. Sibolangit, Merek, Karo, desa di Kabupaten Karo. Lihat juga Semua halaman den...
This article needs additional citations for verification. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Old Government House, Parramatta – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2021) (Learn how and when to remove this template message) Mansion in New South Wales, AustraliaOld Government HouseOld Go...
TitulerKelurga Kerajaan HawaiiGaris Kawānanakoa YM Pangeran HawaiiYM Putri Hawaii YM Pangeran Kincaid YM Pangeran Riley YM Pangeran Edward YM Pangeran David YM Pangeran AndrewYM Putri Tanya YM Pangeran Andrew YM Pangeran Jonah YM Putri ? YM Putri ? YM Putri ? YM Putri Regina YM Putri Dowager Hawaii HRH Princess Esther, Dowager Marchioness of Montecorona Lord Duccio Kaumualii Lady Esmeralda Kapiolani Lady Teresa Elelule YM Putri Abigail Kotak ini: lihatbicarasunting Yang Mulia...
Vysšaja Liga 1983высшая лига 1983 Competizione Vysšaja Liga Sport Calcio Edizione 47ª Organizzatore FFSSSR Date dal 27 marzo 1983al 6 novembre 1983 Luogo Unione Sovietica Partecipanti 18 Formula Girone all'italiana Risultati Vincitore Dnepr(1º titolo) Retrocessioni T'orp'edo KutaisiNistru Kišinëv Statistiche Miglior marcatore Gavrilov (18) Incontri disputati 306 Gol segnati 725 (2,37 per incontro) Cronologia della competizione 1982 1984 Manuale L'edizi...
Vous lisez un « article de qualité » labellisé en 2011. Paul Kane, Camping on the Prairie, huile sur papier imprimée en 1846. La scène montre Paul Kane (1810-1871) accompagné de son guide dans les Grandes Plaines du Dakota. American Progress. Représentation de la conquête de l'Ouest américain en 1872 par John Gast. La conquête de l'Ouest est le processus de colonisation, par des populations essentiellement d'origine européenne et le gouvernement des États-Unis au XIXe&...
This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: 2022–23 Premier League International Cup – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2022) (Learn how and when to remove this message) This ...
French wine region in the Loire valley Not to be confused with Pouilly-Fuissé from Burgundy. Pouilly FuméWine regionTypeAOCYear established1937Country FrancePart ofNivernaisClimate regionmoderate temperate oceanicSoil conditionskimmeridgian marl and clay with flintsTotal area1,200 hectaresVarietals producedSauvignon blanc[1]Wine producedFrom 65 to 75 hl/ha[2] Pouilly-Fumé is an appellation d'origine contrôlée (AOC) for the dry sauvignon blanc white wine produced arou...
Computational human phantoms are models of the human body Computational human phantoms are models of the human body used in computerized analysis. Since the 1960s, the radiological science community has developed and applied these models for ionizing radiation dosimetry studies. These models have become increasingly accurate with respect to the internal structure of the human body. As computing evolved, so did the phantoms. Graduating from phantoms based on simple quadratic equations to voxel...
Федеральное агентство по делам Содружества Независимых Государств, соотечественников, проживающих за рубежом, и по международному гуманитарному сотрудничествусокращённо: Россотрудничество Общая информация Страна Россия Юрисдикция Россия Дата создания 6 сентября...
Building in Copenhagen, DenmarkSecond Christiansborg PalaceThe second Christiansborg Palace, view across the show groundsGeneral informationArchitectural styleNeoclassicalTown or cityCopenhagenCountryDenmarkCoordinates55°40′35″N 12°34′50″E / 55.6763°N 12.5806°E / 55.6763; 12.5806Construction started1803Completed1828Demolished1884Cost1,000,000 RigsdalerClientChristian VIIDesign and constructionArchitect(s)Christian Frederik Hansen The second Christiansborg P...
Questa voce sull'argomento ecologia è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Ciclo dell'acqua In chimica ambientale il ciclo biogeochimico (o ciclo vitale) è il percorso chiuso seguito da un determinato elemento chimico all'interno della biosfera. Indice 1 Descrizione 2 Uomo e cicli biogeochimici 3 Altri progetti 4 Collegamenti esterni Descrizione Ciclo del carbonio Ciclo dell'azoto I vari orga...
هذه المقالة عن حلقة لوبين الثالث ضد المحقق كونان. لالفيلم الخاص، طالع المحقق كونان:لوبين الثالث ضد المحقق كونان (فيلم). لوبين الثالث ضد المحقق كونانルパン三世VS名探偵コナン (باليابانية) غلاف الحلقة الخاصةمعلومات عامةالتصنيف فيلم رسوم متحركة — أنمي — فيلم تلفزيوني الصنف ...
رايخ ماركمعلومات عامةالبلد جمهورية فايمار ألمانيا النازية المنطقة جمهورية فايمار — ألمانيا النازية تاريخ الإصدار 30 أغسطس 1924 عوض رنتتن مارك (24 أغسطس 1924) عوضه مارك ألماني (21 يونيو 1948)مارك ألماني (24 يونيو 1948)مارك ألماني شرقي (24 يونيو 1948)مارك ساري (16 يونيو 1947) رمز العملة ℛℳ المص...
Electromagnetic phenomenon This article is about the electromagnetic phenomenon. For other uses, see dipole (disambiguation). The magnetic field of a sphere with a north magnetic pole at the top and a south magnetic pole at the bottom. By comparison, Earth has a south magnetic pole near its north geographic pole and a north magnetic pole near its South Pole. In physics, a dipole (from Greek δίς (dis) 'twice', and πόλος (polos) 'axis'[1][2]...
Residents of Arabia before and during Muhammad's era Part of a series onJews and Judaism Etymology Who is a Jew? Religion God in Judaism (names) Principles of faith Mitzvot (613) Halakha Shabbat Holidays Prayer Tzedakah Land of Israel Brit Bar and bat mitzvah Marriage Bereavement Baal teshuva Philosophy Ethics Kabbalah Customs Rites Synagogue Rabbi Texts Tanakh Torah Nevi'im Ketuvim Talmud Mishnah Gemara Rabbinic Midrash Tosefta Targum Beit Yosef Mishneh Torah Tur Shulchan...
Team of people with a common goal For other uses, see Crew (disambiguation). Not to be confused with Crewe. Crews redirects here. For other uses, see Crews (disambiguation). Crew of a spacecraft (Space Shuttle Atlantis, STS-112, 2002) A crew is a body or a class of people who work at a common activity, generally in a structured or hierarchical organization. A location in which a crew works is called a crewyard or a workyard.[1] The word has nautical resonances: the tasks involved in o...