Península de Arabia|
|
Tipo | península rexión cultural provincia |
---|
Parte de | Oriente Medio |
---|
Situado na entidade xeográfica | Placa Arábica (pt) |
---|
|
|
División administrativa | sen valor |
|
|
Bañado por | Golfo de Aqaba, Mar Vermello, Mar Arábigo, Golfo Pérsico, Océano Índico, Estreito de Ormuz e Golfo de Omán |
---|
Comparte fronteira con | Levante mediterráneo Mesopotamia |
---|
|
Punto máis alto | Jabal an Nabi Shu'ayb (pt) (3.666 m ) |
---|
Atravesa | Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Omán, Iemen, Bahrain, Kuwait, Iraq e Xordania |
---|
Superficie | 3.200.000 km² |
---|
|
|
Arabia é unha vasta península localizada en Oriente Medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.
Historia e características
A península de Arabia limita co mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.
Está conformada polos seguintes países:
Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro de Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus veciños.
A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escaseza de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atópanse entre as máis ricas do mundo.
A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.[Cómpre referencia]
A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.
Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do islam atópanse en Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.