O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do océano Índico, entre a Península Arábiga e a India.
A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur da India. O río Indo é o único río de grande envergadura que flúe cara a este mar.
No noroeste, estréitase para formar o Golfo de Omán que se conecta co Golfo Pérsico no estreito de Ormuz.
Teñen costa sobre o Már Arábigo a India, Irán, Omán, Paquistán, Iemen, os Emiratos Árabes Unidos, Somalia e as Illas Maldivas.
Entre as súas principais cidades costeiras están Bombai na India e Karachi en Paquistán.
Véxase tamén