Mar de Salomón

Modelo:Xeografía físicaMar de Salomón
(en) Solomon Sea Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIllas Salomón e Papúa Nova Guinea Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°30′S 152°40′L / -7.5, 152.67
Características
Profundidade9.140 m Editar o valor en Wikidata
Superficie720.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Salomón é un mar aberto localizado no suroeste do océano Pacífico, delimitado pola costa suroriental da illa de Nova Guinea, ao oeste; polas illas do arquipélago Bismarck, ao norte; polas Illas Salomón, das que recibe o seu nome, ao leste; e polo arquipélago das Luisiadas, na prolongación da punta do sueste de Nova Guinea, ao sur, por onde se abre ao mar do Coral. Comunica ao noroeste e ao norte, a ambos os dous lados da illa de Nova Bretaña, co mar de Bismarck.

Comprende unha superficie próxima ao 720.000 km². Trátase dun mar profundo, destacando a fosa de Nova Bretaña no norte, cunha profundidade máxima de 9.140 metros, a depresión das Salomón no centro e a fosa de San Cristóbal no sueste.

A principal cidade que bañan as súas augas é a cidade de Honiara, capital das Illas Salomón, situada na illa de Guadalcanal.

Nas súas augas disputáronse numerosas batallas da guerra do Pacífico pertencentes á segunda guerra mundial.

Delimitación segundo a IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Salomón como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 65 e defíneo da forma seguinte:[1]

No noroeste. Polo límite sueste do mar de Bismarck (66).

No nordés.
Por unha liña desde o punto sur de Nova Irlanda ata a punta norte da illa de Buka, a través desta illa ata o punto noroeste da illa de Bougainville, ao longo das costas do sur de Bougainville, Choisel, Ysabel, Malaita e illas San Cristóbal.
No sur.
O límite norte do mar de Coral (64) entre a illa San Cristóbal, as Illas Salomón e a illa Gado-Gadoa, no extremo sueste de Nova Guinea.
No suroeste.
Pola costa de Nova Guinea e unha liña desde o seu punto máis sueste a través do arquipélago Louisiade ata a illa de Rossel.
[66 . Mar de Bismarck. No sueste.Unha liña desde o extremo sur de Nova Irlanda ao longo do paralelo dos 4°50' sur ata a costa de Nova Inglaterra, ao longo da súa costa norte e desde alí unha liña desde o seu extremo occidental a través da punta norte da illa Umboi ata punta Teliata, Nova Guinea (5°55'S, 147°24'E).]

[64.-Mar do Coral. No norte.A costa sur de Nova Guinea, desde a entrada do río Bensbak (141º01'E) ata illa Gado-Gadoa, preto do seu extremo sueste (10°38'S, 150º34'S), abaixo por este meridiano ata a liña de 100 brazas e desde alí ao longo do bordo meridional do coral Uluma (Suckling) e estendéndose cara ao leste ata a punta sueste do coral Lawik (11°43,5'S, 153°56,5'E) fora da illa Tagula, desde alí unha liña ata o extremo sur de illa Rennell e desde a súa punta oriental a cabo Surville, o extremo oriental da illa San Cristóbal, Illas Salomón; e desde alí a través de Nupani, ao noroeste das illas Santa Cruz (10°04'S, 165°40,5' E) á máis setentrional das illas do grupo Duff ou Wilson (9º48,5'S, 167º06'S).]

Notas

  1. International Hydrographic Organization, ed. (1953). "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

Outros artigos