Mar de Célebes

Modelo:Xeografía físicaMar de Célebes
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIndonesia Editar o valor en Wikidata
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 3°N 122°L / 3, 122
Afluentes
Características
Profundidade6.200 m Editar o valor en Wikidata
Superficie280.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao en Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa unha área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.

Clima

O clima dominante nesta zona é tropical. Entre a conca de Célebes e a Fosa de Filipinas se produce o intercambio de auga co océano Pacífico. No verán, o monzón provoca o intercambio de auga co mar de Xava a través do estreito de Makassar.

Flora e fauna

O mar de Célebes contén unha variada flora e fauna, destacando a colonia de cetáceos, xa que 26 das 78 especies de baleas habitan estas augas. Entre a fauna tamén destacan os corais, barracudas, tartarugas mariñas e os túnidos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos