Mar de Wadden

Modelo:Xeografía físicaMar de Wadden
Imaxe
Tipomar marxinal
geotope (en) Traducir
biótopo Editar o valor en Wikidata
Parte deMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMar do Norte e Frísia Oriental (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Schleswig-Holstein Wadden Sea (pt) Traducir, Hamburg Wadden Sea National Park (en) Traducir, Parque Nacional Lower Saxon Wadden Sea (pt) Traducir, Nationalpark Niedersächsisches Wattenmeer (en) Traducir, Wadden Sea National Park (en) Traducir e Waddenzee (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAlemaña, Reino dos Países Baixos e Dinamarca Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°32′N 6°53′L / 53.53, 6.88
Características
Dimensións500 (lonxitude) km
Superficie10.000 km² Editar o valor en Wikidata
Particularly Sensitive Sea Area (en) Traducir
Data11 de outubro de 2002
Sitio Ramsar
Identificador289
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
Actividade
PremiosNational Geotope (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O mar de Wadden (Wattenmeer en alemán, Waddenzee en neerlandés, Waadsee en frisón, Wattensee en baixo alemán e Vadehavet en danés) é un mar situado entre as illas Frisias e o mar do Norte por unha banda e as costas neerlandesa, alemá e danesa por outra. Ten uns 450 km de longo e entre 5 e 30 de largo, cunha superficie duns 10.000 km²[1]. Está formado por unha chaira de marea, é moi pouco profundo, mesmo durante a marea baixa consiste en grandes chairas areosas interrompidas por canles de drenaxe que evacúan a auga (de feito, é posible atravesalo a pé, chegando do continente ás illas). Danse tamén grandes correntes.

Características

O seu nome procede do neerlandés wad, que significa "chaira de lodo" (En baixo alemán e alemán, Watt; danés, Vade). A superficie está caracterizada por amplas chairas lodosas de marea, fondas trincheiras de mareas e as illas existentes. A paisaxe formouse durante boa parte de mareas ciclónicas entre os séculos X a XIV, desbordando e levando anterior terra de turba detrás das dunas costeiras. As illas actuais son o resto das anteriores dunas costeiras.

Marisma salgada e chairas de marea en Westerhever, Alemaña.

As illas están marcadas por dunas e amplas praias areosas cara ao mar do Norte e costa baixa, e por mareas cara ao mar de Wadden. O impacto das ondas e correntes leva sedimentos, e está a modificar lentamente o esquema das illas. Así, as illas de Vlieland e Ameland foron movéndose cara ao leste nos últimos séculos, perdendo terra por un lado e crecendo polo outro.

O mar de Wadden é famoso pola súa rica flora e fauna, especialmente aves. Centos de miles de limícolas, anatinos e anserinos usan a zona como parada nas migracións ou lugar de invernada, e é tamén un rico hábitat para gaivotas e estérnidos[2].

Boa parte do mar de Wadden está protexida en cooperación dos tres países implicados. Os gobernos dos Países Baixos, Dinamarca e Alemaña traballan xuntos desde 1978 na súa protección e conservación. A cooperación abarca a administración, monitorización e investigación, así como asuntos políticos. En 1982 unha asinouse unha Declaración conxunta sobre a protección do mar de Wadden para coordinar actividades e medidas para a súa protección. En 1997 adoptouse un plan trilateral[3].

O mar de Wadden foi designado Zona húmida de importancia internacional, protexida pola Convención de Ramsar o 15 de novembro de 1991 (Schleswig-Holsteinisches Wattenmeer). A zona protexida abrangue 454,988 ha, cunha elevación de -15 a 50 msnm. Este sitio comprende o 40 % do mar de Wadden e está formado por amplas chairas lodosas, ríos, bancos de area, dunas, marismas salobres, brezais e illas. Pasan por alí máis de dous millóns de aves migratorias. En particular, aproximadamente o 70 % de toda a poboación europea de Tadorna tadorna (180.000). Hai invertebrados acuáticos endémicos, réptiles ameazados e anfibios, e é unha zona importante para a cría da Phoca vitulina. Lévanse a cabo actividades de gandería, turismo, caza, pesca de marisco, actividades militares e remo.

En xuño de 2009 incluíuse na lista de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO[4][5].

Notas

  1. "Wadden Sea: Preserving a Unique Natural Habitat"[Ligazón morta], artigo en Deutsche Welle, 25 de decembro de 2008 (en inglés).
  2. Couzens, Dominic (2008): Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press, páx. 27-29. ISBN 978-0-520-25932-4 (en inglés).
  3. The Trilateral Wadden Sea Cooperation Arquivado 27 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., en www.waddensea-secretariat.org (en inglés).
  4. "World heritage sites: slave outpost and Buddhist mountain on the list – but Wales has to wait", artigo en The Guardian, 26 de xuño de 2009 (en inglés).
  5. "The Wadden Sea", en UNESCO Culture Sector (en inglés).

Véxase tamén

Ligazóns externas