Bremen

Este artigo trata sobre a cidade alemá, para o artigo sobre o estado tamén alemán véxase Estado de Bremen.
Modelo:Xeografía políticaBremen
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°04′33″N 8°48′26″L / 53.0758, 8.8072
EstadoAlemaña
Estado federadoEstado de Bremen Editar o valor en Wikidata
Enclave enBaixa Saxonia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación577.026 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.815,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie317,88 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Weser, Lesum, Schönebecker Aue (en) Traducir, Blumenthaler Aue (en) Traducir, Wümme e Ihle Editar o valor en Wikidata
Altitude11 m-6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoAndreas Bovenschulte (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Liga Hanseática (1260–1669)
Alcaldes pola Paz (1984–)
Aliança Climática (pt) Traducir (1992–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28195, 28197, 28199, 28201, 28203, 28205, 28207, 28209, 28211, 28213, 28215, 28217, 28219, 28237, 28239, 28259, 28277, 28279, 28307, 28309, 28325, 28327, 28329, 28355, 28357, 28359, 28717, 28719, 28755, 28757, 28759, 28777 e 28779 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0421 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE501 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña04011 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán04011000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Iocoama
Corinto (pt) Traducir
Lukavac (en) Traducir
Samarcanda
Dudley (pt) Traducir
Maracaibo
Pune (1976–)
Gdańsk (1976–)
Haifa (pt) Traducir (1976–)
Riga (1985–)
Dalian (1985–)
Rostock (1986–)
Bratislava (1989–)
Esmirna (1995–)
Windhoek (2000–)
Groninga - Groningen (2009–)
Durban (2011–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbremen.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: Bremen Instagram: bremermoment Pinterest: bremen_de TikTok: visitbremen BNE: XX456093 Editar o valor en Wikidata

Bremen (en alemán pronunciado [ˈbʁeːmən]) é unha cidade situada no noroeste de Alemaña. Forma, canda o porto de Bremerhaven (60 km ao NO), a Cidade Libre Hanseática de Bremen ou Estado de Bremen, un dos 16 estados federados que conforman Alemaña, do cal é a capital.

Xeografía

Bremen é unha cidade no noroeste de Alemaña, atravesada polo río Weser a uns 60 km de distancia do Mar do Norte. A cidade atópase a uns 50 km ao leste de Oldenburg, 110 km ao suroeste de Hamburgo, 120 km ao noroeste de Hanover e 105 km ao nordés de Osnabrück.

Clima

Bremen posúe un clima oceánico moderado debido a súa proximidade á costa do Mar do Norte.

Datos climáticos para Bremen
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 14,6 18,5 23,5 30,2 34,4 34,9 36,8 37,6 33,4 28,6 20,1 16,1 37,6
Media máxima en °C 3,9 4,8 8,7 12,8 18,0 20,2 22,4 22,6 18,4 13,5 8,0 5,1 13,2
Media diaria en °C 1,4 1,9 5,0 8,1 12,7 15,3 17,4 17,4 13,9 9,7 5,2 2,7 9,2
Media mínima en °C −1,1 −1,1 1,3 3,4 7,4 10,3 12,4 12,1 9,3 5,8 2,3 0,3 5,2
Temperatura mínima en °C −21,8 −23,6 −18,7 −7,6 −3,5 0,5 3,0 3,4 −1,2 −7,8 −14,1 −17,5 −23,6
Chuvia media mm 55,1 35,6 51,2 40,8 54,2 73,4 65,0 61,2 60,1 55,4 57,7 61,6 671,3
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) 11,3 8,6 11,0 9,0 9,5 11,1 10,8 10,1 10,6 10,5 11,5 12,0 126
Humidade relativa media (%) 87 84 80 75 71 73 75 75 81 84 87 88 80
Media de horas de sol mensuais 47 71 107 170 214 193 205 193 143 108 54 40 1 545
Fonte: DWD; wetterkontor.de;[1][2]

Poboación

En 2015, Bremen contaba cunha poboación de 557.464 habitantes, dos cales 89.713 (16%), aproximadamente, tiñan unha nacionalidade estranxeira.[3] A área urbá chega a case 900 000 habitantes e a área metropolitana Bremen-Oldenburg inclúe uns 2,3 millóns de habitantes.

Principais minorías en Bremen (31 de decembro de 2015)[3]
Nacionalidade Poboación
1 Turquía 20 624
2 Siria 7 211
3 Polonia 7 188
4 Bulgaria 4 552
5 Rusia 2 666
6 Italia 2 073
7 Serbia e Montenegro 2 062
8 Afganistán 1 955
9 Romanía 1 778
10 España 1 690

Historia

Bremen semella ser un antigo asentamento alemán. Unha acta proclama a súa fundación no ano 788 aínda que recentemente recoñeceuse coma falsa polo que a data de fundación segue a ser descoñecida. Durante o século VIII as tropas de Carlomagno chegaron ao río Weser coa finalidade de cristianizar as tribos asentadas a carón do río, polo que Bremen converterse nunha cidade obispal de certa importancia mercantil.

No século XII , o poder da cregaxe vese igualado polo de Henrique o León. O nobre saíu vitorioso e converteuse no soberano da cidade, o que conduciu a un goberno civil e a unha perda do poder clerical, desta forma Bremen converteuse nunha cidade comercial cuxos barcos dominaban a parte sur do Mar do Norte. Esta dominación rematou cando a Liga Hanseática, que era orixinalmente unha alianza do Mar Báltico soamente, tomou unha posición no Mar do Norte. A comezos do século XIV os barcos de Bremen artimañando coma piratas abordaron as naves hanseáticas. En 1358[4] co fin de evitar unha guerra aberta, os conselleiros municipais de Bremen acoden ao consello da Liga Hanseática en Lübeck e aceptan formar parte dela.

En 1404 foi erixida a estatua de pedra de Roland na Marktplatz[5], para substituír unha anterior de madeira que fora destruída.

Bremen continuou sendo un membro reticente da Liga Hanseática, esixindo apoio para as súas guerras contra os líderes dos clans frisóns que reinaban ao redor da desembocadura do río Weser, mais en poucas ocasións chegaron ao ámbito do Mar Báltico. En 1425, o conflito acadou un novo nivel cando os cidadáns queimaron documentos hanseáticos na praza do mercado (Bremer Markplatz). Entón Bremen é expulsado da liga en 1427, o que non deixa de ter repercusións: a repentina perda de poder leva a reclamacións territoriais dos estados veciños e perdas territoriais significativas. Máis tarde Bremen volverá a ser parte da Liga ata ser expulsada novamente no 1563 por terceira vez.

En 1623 é construído o primeiro porto artificial alemán en Bremen-Vegesack e no ano 1646 trala Guerra dos Trinta Anos contra os suecos convértese nunha cidade reino independente. A cidade foi ocupada polas tropas napoleónicas no ano 1811 integrándose ao sistema administrativo francés como capital do departamento de Bouches-du-Weser ata o fin da ocupación francesa tres anos despois para finalmente ser recoñecido como Estado soberano, da Confederación Alemá (1871) no Congreso de Viena de 1815. O Estado de Bremen absorberá 1827 ao porto de Bremerhaven conformando así o estado actual.

Despois da Segunda Guerra Mundial, durante a cal a cidade foi bombardeada dende xuño de 1942 a marzo de 1945, Bremen foi ocupada polas forzas británicas que non tardaron en ceder a cidade aos estadounidense que querían ter un porto preto do Mar do Norte. Esta situación permitiu que a cidade non fose absorbida polo estado e Baixa Saxonia que estaba baixo ocupación británica.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Statistisches Jahrbuch 2016". Statistisches Landesamt Bremen: 39. 2016. ISSN 0942-9883. 
  4. "Bremen | History, Facts, & Points of Interest". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-09-06. 
  5. Centre, UNESCO World Heritage. "Town Hall and Roland on the Marketplace of Bremen". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-08-29. 

Véxase tamén

Outros artigos

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Berlín

Hamburgo

Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.