O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética de sesenta volumes, editada en galego, no ano 2003.
Descrición
Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tirada de 80.000 exemplares.[3]
O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1.500 habitantes, cidades europeas de máis de 50.000 habitantes e poboacións de máis de 100.000 habitantes do resto do mundo.[4]
Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas