1 de maio
O 1 de maio é o 121º día do ano do calendario gregoriano e o 122º nos anos bisestos . Quedan 244 días para finalizar o ano .
Acontecementos
Manifestación en París o Día do Traballo
305 - Abdicación de Diocleciano e Maximiano como emperadores romanos.
1328 - Finaliza a Primeira Guerra de Independencia de Escocia coa ratificación do Tratado de Edimburgo-Northampton .
1707 - A Lei de Unión crea o Reino de Gran Bretaña integrando o Reino de Inglaterra e o Reino de Escocia .
1753 Publicación de Species Plantarum de Carl von Linné .
1800 - Aparece El Catón Compostelano , primeiro xornal galego.
1886 - Folga xeral nos Estados Unidos , co manifestacións nas rúas de Chicago esixindo a xornada laboral de 8 horas. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día internacional dos traballadores nesta data, na maioría dos países industrializados.
1888 - Comezan as primeiras probas de iluminación eléctrica en Pontevedra , segunda cidade española en acometelas.
1949 - Gerard P. Kuiper descobre a lúa do planeta Neptuno , Nereida , a partir de placas fotográficas obtidas co telescopio de 82 polgadas do Observatorio McDonald .
1974 - Fundación do Museo Diocesano de Tui .
1981 - Morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, o meniño Jaime Vaquero, de Torrejón de Ardoz . Foi a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados.
2004 - A Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia , Chipre , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Hungría , Letonia , Lituania , Malta , Polonia
Nacementos
M.ª Victoria Moreno.
1769 - Arthur Wellesley, duque de Wellington , militar e estadista británico (m. 1852).
1825 - Johann Jakob Balmer , matemático suízo (m. 1898).
1829 - José de Alencar , escritor e político brasileiro (m. 1877)
1852 - Santiago Ramón y Cajal , médico español (m. 1934).
1900 - José Miñones Bernárdez , avogado, empresario e político galego (m. 1936).
1909 - Yannis Ritsos , poeta grego (m. 1990).
1923 - Shimon Peres , político israelita .
1929 - Ralf Dahrendorf , sociólogo e politicólogo alemán (m. 2009).
1939 - María Victoria Moreno , profesora e escritora (m. 2005).
1943 - Manuel Pombo Arias , médico e escritor galego.
1947 - Marilar Aleixandre , escritora en lingua galega.
1954 - Fernando Acuña Rúa , sindicalista e político galego.
1968 - D'arcy Wretzky , músico estadounidense.
1971 - Suso Díaz Estévez , poeta en lingua galega.
Mortes
Festas e celebracións
Outros
Notas
Véxase tamén
Outros artigos