1 de abril
O 1 de abril é o 91º día do ano do calendario gregoriano e o 92º nos anos bisestos. Quedan 274 días para finalizar o ano. É o Día dos enganos en Galiza e noutros países; di o refrán "O un de abril van os burros onde non deben ir".
Acontecementos
Nacementos
- 1815 - Otto von Bismarck, político alemán.
- 1860 - Joaquín Arias Sanjurjo, avogado, xornalista e escritor galego.
- 1864 - Aurelio Ribalta, escritor e xornalista galego.
- 1868 - Edmond Rostand, dramaturgo neoromántico francés.
- 1873 - Serguéi Rakhmáninov, compositor, pianista e director de orquestra ruso.
- 1878 - Sarah Lorenzana, mestra e escritora galega (m. 1954).
- 1898 - William James Sidis, matemático estadounidense (m. 1944).
- 1901 - Francisco Ascaso, militante anarcosindicalista aragonés da CNT.
- 1918 - Manuel de Pedrolo, escritor catalán (m. 1990).
- 1922 - Alan Perlis, catedrático estadounidense de ciencias da computación (m. 1990).
- 1927 - Leonid Bashmakov, compositor e director de música finés.
- 1929 - Milan Kundera, escritor checo.
- 1937 - Yılmaz Güney, director de cine, guionista e escritor (m. 1984).
- 1940 - Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz en 2004.
- 1947 - Ceferino Díaz, político galego.
- 1948 - Javier Irureta, é un exfutbolista e adestrador vasco.
- 1949 - Gil Scott-Heron, poeta e músico estadounidense.
- 1970 - Dario Rigo, xogador de hóckey a patíns italiano.
- 1974 - Paolo Bettini, ciclista italiano.
- 1976 - Gábor Király, futbolista húngaro.
- 1976 - Emma Ríos, debuxante galega de banda deseñada.
- 1978 - Etan Thomas, xogador de baloncesto estadounidense.
- 1982 - Juan Rodríguez, futbolista malagueño.
- 1982 - Sam Huntington, actor estadounidense.
- 1983 - Matt Lanter, actor estadounidense.
- 1988 - Brook Lopez, xogador de baloncesto estadounidense.
- 1988 - Robin Lopez, xogador de baloncesto estadounidense.
Mortes
- 1204 - Leonor de Aquitania, duquesa de Aquitania.
- 1861 - Manuel Ángel Couto, xuíz e xornalista galego (n. 1807).
- 1867 - Domingo Díaz de Robles, militar e escritor galego.
- 1876 - Philipp Mainländer, filósofo e poeta alemán.
- 1910 - Andreas Achenbach, pintor alemán (n. 1815).
- 1976 - Max Ernst, artista plástico alemán.
- 1984 - Marvin Gaye, cantor estadounidense.
- 2001 - Marino Dónega, escritor e político galego.
- 2005 - Xulio Francisco Ogando, escritor e académico galego.
- 2014 - Jacques Le Goff, historiador medievalista francés (n. 1924).
- 2017 - José Luis Sucasas, escritor e político galego (n. 1959).
- 2017 - Salvador Pániker, enxeñeiro, filósofo e escritor español (n. 1927).
- 2019 - Rafael Sánchez Ferlosio, escritor español (n. 1927).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: Santos Celso, Hugo e Venancio.
Os 366 días do ano
Notas
|
|