Juan Antonio Rodríguez Villamuela, máis coñecido como Juan Rodríguez, nado en Málaga o 1 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF.
Traxectoria
Conseguiu o ascenso do Málaga CF B a Segunda División, sendo pouco despois ascendido ao primeiro equipo. Co descenso do Málaga CF a Segunda División na campaña 2005–06, Juan Rodriguez foi contratado polo Deportivo da Coruña o 13 de xullo de 2006.
Cando chegou ao Deportivo non contou co apoio do por aquel entón adestrador Joaquín Caparrós, xa que para o técnico era a última opción por detrás dos seus compañeiros Sergio e De Guzmán e soamente estaba por diante de Duscher a quen o míster tiña condenado ao ostracismo. Coa chegado ao equipo de Miguel Ángel Lotina en 2007 e unido á venda de Duscher, ao baixo rendemento de De Guzmán e ás constantes lesións do substituto de Antonio Tomás, abríronselle as portas da titularidade a cal non abandonou desde que a estreou, chegando a relegar ao banco a un dos capitáns branquiazuis, Sergio. Actualmente forma a dupla de medio co capitán facendo a función de medio de contención, recuperador de balóns e interceptor de pases.
O 11 de decembro de 2010 alcanzou os 200 partidos en Primeira División, nun encontro entre o Atlético de Madrid e o Deportivo (2–0).[1]
Estatísticas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas