1988 (MCMLXXXVIII) foi un ano bisesto comezado en venres no calendario gregoriano. Foi o Ano do Dragón no horóscopo chinés. En números romanos foi o ano do século XX que está composto por máis letras (11).
Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG.
17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet.