1956
1956 (MCMLVI ) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario gregoriano .
Acontecementos
Emigrantes galegos en Chimbote , Perú , en 1956.
Álvaro Cunqueiro publica As crónicas do sochantre
1 de xaneiro : Sudán independízase do Reino Unido .
25 e 26 de xaneiro :Tropas de Finlandia reocupan Porkkala .
14 de febreiro : Nikita Khrushchev denuncia no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) ao réxime de Iosif Stalin por medio do chamado Discurso Segredo .
2 de marzo : Marrocos alcanza a independencia de Francia .
20 de marzo : Tunisia alcanza a independencia de Francia.
29 de marzo : o exministro László Rajk , executado en 1949 , é rehabilitado.
7 de abril : finaliza o protectorado español de Marrocos ao recoñecer España a independencia de Marrocos.
19 de abril : a actriz estadounidense Grace Kelly casa co príncipe Rainiero III de Mónaco
23 de xuño : Gamal Abdel Nasser convértese no segundo presidente de Exipto .
4 de xullo : Imre Nagy é expulsado do Partido Comunista de Hungría .
15 de outubro : Fidel Castro e Che Guevara parten de Tuxpan , México , rumbo a Santiago de Cuba a bordo do Granma con 82 homes.
15 de outubro: o sacerdote Jesús Silva funda en Bemposta , Ourense , a Nación dos Muchachos .
23 de outubro : comeza a insurrección popular en Budapest .
29 de outubro : Israel invade a Península do Sinaí .
31 de outubro : o Reino Unido e Francia comezan a bombardear Exipto para forzar a reapertura do Canal de Suez .
1 de novembro : confiado no apoio occidental, Imre Nagy retira Hungría do Pacto de Varsovia .
4 de novembro : tropas do Pacto de Varsovia invaden Hungría .
7 de novembro : János Kádár anuncia a formación dun goberno revolucionario. Comeza unha ditadura comunista , dirixida por Kádár.
13 de novembro : fin da revolución húngara: centenas de húngaros son executados, 2000 son presos, e uns 200 000 refúxianse en Austria . Imre Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia .
28 de decembro : accidente ferroviario entre a estación de Quereño (Rubiá ) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras ) ao descarrilar o expreso Madrid-A Coruña. Cinco persoas mortas e 49 feridas[ 1] .
Ciencia e tecnoloxía
Nacementos
3 de xaneiro - Mel Gibson , actor e director estadounidense .
4 de xaneiro - Bernard Sumner , guitarrista de Joy Division , New Order e Electronic.
10 de xaneiro - Antonio Muñoz Molina , xornalista e escritor español.
10 de xaneiro - Suso de Toro , escritor galego.
12 de xaneiro - Nikolai Noskov , músico e cantante.
13 de xaneiro - Jacob Wallenberg , empresario sueco.
14 de xaneiro - Shamil Basáyev , líder guerrilleiro checheno .
21 de xaneiro - Geena Davis , actriz estadounidense.
31 de xaneiro - Johnny Rotten , cantante inglés (Sex Pistols )
3 de febreiro - Lee Ranaldo , roqueiro estadounidense .
7 de febreiro - María Angélica Ayllón Urbina , intérprete e folclorista peruana .
13 de febreiro - Peter Hook , baixista de Joy Division , New Order e Monaco.
19 de febreiro - Roderick MacKinnon , bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química
22 de febreiro - Gijs de Vries , político holandés.
24 de febreiro - Judith Butler , pensadora feminista estadounidense .
25 de febreiro - Pascale Boniface , politicólogo francés.
28 de febreiro - Tommy Remengesau , político de Palau .
29 de febreiro - Agustín Rajoy Feijoo , político galego.
23 de marzo - José Manuel Durão Barroso , primeiro ministro de Portugal .
27 de marzo - Pablo Quintana López , músico , investigador e divulgador do patrimonio cultural galego.
6 de abril - Claudio Rodríguez Fer , escritor galego.
16 de abril - Xosé Benito Reza , enxeñeiro de montes e escritor galego.
25 de abril - Xosé Ramón Gayoso , presentador de televisión galego
29 de abril - Xurxo Lobato , fotógrafo galego
30 de abril - Lars von Trier , cineasta danés.
7 de maio - Jan Peter Balkenende , primeiro ministro dos Países Baixos
7 de maio - Stuart Scott Bullock , actor estadounidense
15 de maio - Mirek Topolánek , primeiro ministro da República Checa
29 de xuño - Pedro Santana Lopes , primeiro ministro de Portugal
17 de agosto - Álvaro Pino , ciclista galego
13 de setembro - Anne Geddes - fotógrafa australiana
17 de setembro - Francesc Capdevila, alias Max , creador de banda deseñada español.
11 de outubro - Nicanor Duarte Frutos , presidente de Paraguai
20 de outubro - Danny Boyle , director de cine británico.
9 de decembro - Jean-Pierre Thiollet , escritor francés.
Mortes
3 de xullo - Ramón Beade Méndez , político galego (n. 1900).
7 de xullo - Gottfried Benn , escritor alemán.
8 de xullo - Giovanni Papini , escritor italiano.
11 de agosto - Jackson Pollock , pintor estadounidense (n. 1911 ).
14 de agosto - Bertolt Brecht , dramaturgo alemán (n. 1898 ).
24 de agosto - Kenji Mizoguchi , director de cine xaponés.
22 de setembro - Frederick Soddy , químico británico, premio Nobel de Química en 1921 (n.1877 ).
25 de outubro - Risto Ryti , presidente de Finlandia (n. 1889 ).
28 de outubro - Zenobia Camprubí , escritora e lingüista española (n. 1887 ).
30 de outubro - Pío Baroja , novelista español.
4 de novembro - Art Tatum , pianista de jazz estadounidense (n. 1909 ).
12 de novembro - Juan Negrín , político español, primeiro ministro da Segunda República (n. 1887).
26 de novembro - Tommy Dorsey , músico estadounidense (n. 1905 ).
3 de decembro - Alexander Rodchenko , escultor, pintor, deseñador gráfico e fotógrafo ruso.
14 de decembro - Juho Kusti Paasikivi , presidente de Finlandia (n. 1870 ).
Outros
Historia ano a ano
Notas