New Order |
---|
|
Orixe | Salford, Greater Manchester, Inglaterra |
---|
Período | 1980 - 1993 1998 - 2007 2011 - presente |
---|
Xénero(s) | synthpop, dance alternativo, post-punk, new wave, rock alternativo |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Factory, London, Qwest, Warner Bros., Reprise |
---|
Membros | Bernard Sumner Stephen Morris Gillian Gilbert Phil Cunningham Tom Chapman |
---|
Antigos membros | Peter Hook |
---|
Artistas relacionados | Joy Division, Electronic, Revenge, The Other Two, Monaco, Bad Lieutenant, Peter Hook and The Light, Freebass |
---|
Na rede |
---|
http://www.neworder.com/ |
|
New Order é unha banda inglesa formada en 1980 por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, Joy Division, despois do suicidio do vocalista Ian Curtis. Posteriormente uníuselles a teclista Gillian Gilbert.
Traxectoria
New Order combinou post-punk e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de Joy Division, a súa inmersión na escena de clubs de Nova York a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de 1983 "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influente nas escenas do rock alternativo e da música dance.
New Order estivo en hiato entre 1993 e 1998, tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuniuse en 1998 e no 2001 editaron Get Ready, o seu primeiro álbum en oito anos. No 2005 Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) substituíu a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.
No ano 2007 Peter Hook deixou a banda e afirmou que el e Sumner non tiñan máis plans para traballar xuntos. Sumner revelou no 2009 que xa non desexaba facer máis música como New Order. Sumner e Cunningham agora traballan xuntos na banda Bad Lieutenant. Hook editou música con Freebass, unha banda inglesa con tres baixistas, Hook, Andy Rourke (antigamente en The Smiths) e Gary "Mani" Mounfield (antigamente en The Stone Roses e na actualidade en Primal Scream) co cantante Gary Briggs (antigamente de Haven). A banda reuniuse en 2011 sen Hook, regresando Gilbert e con Tom Chapman ocupando o lugar do baixo.
Discografía
Álbums de estudio
Recompilatorios
Véxase tamén