Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde agosto de 2017)
Reino Unido
United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland (en-gb)
O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.
Etimoloxía
O nome oficial do país[1] é Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), sendo Reino Unido a forma abreviada máis habitual. O nome foi proposto por primeira vez no Acta de Unión de 1707, na que os reinos de Inglaterra e Gales decidiron constituír un novo reino xunto con Escocia, o cal tería o nome de "Reino Unido de Gran Bretaña". Máis tarde, co Acta de Unión de 1800 a illa de Irlanda pasou a formar parte do país, polo que o nome cambiou a "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda". En 1927, cando a República de Irlanda obtivo a súa independencia, o país obtivo o seu nome actual "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte".
A miúdo é denominado polo nome da illa que comprende a maior parte do seu territorio, Gran Bretaña,[2] ou tamén, por extensión, polo nome dun dos seus países constituíntes, Inglaterra. O xentilicio do Reino Unido, así como o da illa de Gran Bretaña é británico, aínda que tamén por extensión, en galego, adóitase usar na fala corrente o xentilicio inglés.
En 1066 os normandos invadiron Inglaterra e, despois da súa conquista, apoderáronse de gran parte de Gales e Irlanda, e asentáronse en Escocia, introducindo en cada país o modelo feudal do norte francés e a cultura franco-normanda. As elites normandas influenciaron moito ás culturas locais, aínda que tamén asimilando. Posteriormente os reis medievais ingleses completaron a conquista do País de Gales e fixeron unha tentativa, finalmente infrutuosa, de anexar Escocia. A partir de entón, os escoceses mantiveron a súa independencia, aínda que en constante conflito con Inglaterra. Os monarcas ingleses, a través da herdanza de importantes territorios en Francia e reclamación polo trono francés, estiveron tamén involucrados en conflitos en Francia, sendo o máis coñecido a Guerra dos Cen Anos.
A Idade Moderna viviu un conflito relixioso como resultado da Reforma e a introdución das igrexas protestantes estatais en cada país. Gales incorporouse totalmente no Reino de Inglaterra, e Irlanda constituíuse nun reino de unión persoal coa coroa inglesa. No territorio que no futuro se convertería en Irlanda do Norte, as terras da independente nobreza católica gaélica foron confiscadas e entregadas a colonos protestantes de Inglaterra e Escocia. En 1603, os reinos de Inglaterra, Escocia e Irlanda ficaron unidos baixo unha unión persoal, cando Xacobe VI, rei dos escoceses, herdou as coroas de Inglaterra e Irlanda, e trasladou a corte de Edimburgo a Londres. Porén, cada un dos países seguía a ser unha entidade política separada, mantendo as súas propias institucións políticas. Na segunda metade do século XVII, os tres reinos involucráronse nunha serie de guerras entre eles (incluíndo a Guerra Civil inglesa), que levaron ao derrocamento temporal da monarquía e o establecemento dunha república unitaria de curta duración, a Mancomunidade (Commonwealth) de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Con todo, a monarquía foi restaurada e, a diferenza de gran parte do resto de Europa, sen prevalecer o absolutismo real, grazas á Revolución Gloriosa. A Constitución Británica desenvólvese sobre a base dunha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Durante este período (en plena era dos descubrimentos), particularmente en Inglaterra, desenvolveuse un gran poder naval dirixido ao asentamento e a anexión de colonias de ultramar, sobre todo en América do Norte.
O 1 de maio de 1707, foi creado o Reino de Gran Bretaña coa unión política dos Reinos de Inglaterra e Escocia como resultado do Tratado de Unión asinado o 22 de xullo de 1706, e a súa ratificación polos parlamentos de ambos países, dando paso á o Acta de Unión de 1707, isto sucedeu nun tempo no que Escocia estaba na ruína económica; e a decisión foi pouco popular na ampla poboación escocesa. Os Reinos de Inglaterra e Escocia, xunto co Reino de Irlanda, xa compartían o mesmo rei dende a Unión das Coroas de 1603, cando Xacobe VI de Escocia herdou o reino inglés e irlandés, trasladando a súa corte dende Edimburgo a Londres.
No seu primeiro século, o Reino Unido xogou un importante rol no desenvolvemento das ideas occidentais do sistema parlamentario así como facendo importantes contribucións á literatura, ás artes e as ciencias. Ademais os británicos lideraron a Revolución Industrial, que transformou ao Estado alimentando ao crecente Imperio Británico. Durante este tempo o Reino Unido, ao igual que outras grandes potencias, estivo involucrado na explotación colonial, incluíndo o tráfico de escravos. Con todo, foi o propio Reino Unido uns dos pioneiros na prohibición do tráfico humano coa Acta para a Abolición do Comercio de Escravos de 1807. As colonias en América do Norte eran o principal foco da actividade colonial británica. Con todo, as súas perdas logo da guerra da independencia americana, dirixiron a súa ambición imperial a outras partes do mundo, especialmente nas Indias.
Despois da derrota de Francia nas guerras revolucionarias e napoleónicas (1792-1815), o Reino Unido xurdiu como a principal potencia naval e económica do século XIX (con Londres como a cidade máis grande do mundo entre 1830 e 1930) manténdose como unha das primeiras potencias até mediado o século XX. Invicta no mar, Gran Bretaña adoptou o papel de policía global, un estado das cousas máis tarde coñecido como a Pax Britannica. Tamén foi un período de rápidos crecemento económico, colonial e industrial. Gran Bretaña foi descrita como o "taller do mundo", e o Imperio Británico expandiuse para incluír á India, gran parte de África, e moitos outros territorios en todo o mundo. Xunto co control formal que se exerce sobre as súas propias colonias, a posición dominante de Gran Bretaña no comercio mundial significou o seu control efectivo sobre a economía doutros moitos países, como a China, Arxentina e Tailandia. No plano interno, produciuse un cambio ao libre comercio. O país experimentou un aumento enorme poboación durante o século, acompañado dunha rápida urbanización, o que resultou en importantes tensións sociais e económicas. A finais do século, outros estados comezaron a desafiar o dominio industrial de Gran Bretaña.
O Reino Unido, xunto co Imperio Ruso, Francia e,despois de 1917, os Estados Unidos, foi unha das grandes potencias que se opuxeron ao Imperio Alemán e os seus aliados na primeira guerra mundial (1914-1918). Despois da contenda, o país sufriu un número estimado de dous millóns de mortes e terminou cunha enorme débeda nacional. Despois da guerra o Reino Unido recibiu o control da Liga das Nacións sobre as ex-colonias alemás e otomás, polo que o Imperio Británico ampliouse até a súa maior extensión, que abarcaba unha quinta parte da superficie mundial e un cuarto da súa poboación. Con todo, o auxe do nacionalismo irlandés e as disputas sobre os termos da Acta de Goberno de Irlanda, nos termos da autonomía irlandesa, levaron finalmente á partición da illa en 1921, no independente Estado Libre Irlandés e en Irlanda do Norte, parte do Reino Unido. Como resultado disto a nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en 1927 adoptando o actual nome do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A Gran Depresión (1929-1932) produciuse nun momento no que o Reino Unido aínda estaba lonxe de recuperarse dos efectos da guerra, o que levou a unha inestabilidade política e social.
O Reino Unido foi unha das principais forzas dos aliados na segunda guerra mundial. Despois da derrota dos seus aliados europeos no primeiro ano da guerra, o Reino Unido continuou loitando contra Alemaña, sobre todo na batalla de Inglaterra e na do Atlántico. Despois da vitoria, o Reino Unido foi un dos tres grandes poderes que se reuniron para planear o mundo da posguerra. A guerra deixou de novo ao Reino Unido financeiramente danado. Con todo, a axuda do Plan Marshall e os préstamos dos Estados Unidos e o Canadá, axudaron aos británicos a comezar a súa recuperación.
O goberno laborista dos primeiros anos da posguerra iniciou un programa radical de cambios que tiveron un impacto significativo na sociedade británica durante as seguintes décadas. No plano interno, as principais industrias e empresas de servizos públicos foron nacionalizadas, foi establecido un estado social, cun amplo sistema de financiamento público da saúde. En resposta á aparición de nacionalismos locais, iniciouse unha política de descolonización coa concesión da independencia á India e Paquistán en 1947. Durante o próximas tres seguintes décadas a moitos dos territorios do Imperio obtiveron a súa independencia, e algúns convertéronse en membros soberanos da Mancomunidade Británica de Nacións.
A pesar dos novos límites da posguerra, o papel político de Gran Bretaña foi ilustrado na Crise de Suez de 1956, con todo, o Reino Unido, converteuse nun dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e foi o terceiro país en desenvolver un arsenal de armas nucleares coa súa primeira proba da bomba atómica en 1952. A difusión internacional da lingua inglesa asegurou tamén a continuación da influencia internacional da súa literatura e a cultura, mentres que dende a década de 1960 a súa cultura popular tamén se atopa a influenciada polo resto de culturas do mundo. Como resultado dunha escaseza de traballadores na década de 1950, o goberno británico animou a inmigración procedente de países da Commonwealth, transformando así ao Reino Unido nunha sociedade multi-étnica nas seguintes décadas. En 1973, o Reino Unido uniuse á Comunidade Económica Europea, e cando a CEE se converteu na Unión Europea en 1992, foi un dos seus doce membros fundadores. Dende a década de 1960Irlanda do Norte sufriu a violencia entre comunidades e os grupos paramilitares, que ás veces afectando a outros lugares doo Reino Unido e a República de Irlanda. Polo xeral considérase que o conflito armado terminou co Acordo do Venres Santo de Belfast en 1998.
Tras un período de desaceleración económica mundial e loita industrial na década de 1970, o goberno conservador da década de 1980, con Margaret Thatcher como Primeira Ministra, iniciou unha política radical de liberalización, especialmente do sector financeiro, mercados de traballo flexibles, venda de empresas estatais (privatización), e a eliminación dos subsidios. Asistido por, a partir de 1984, pola afluencia de importantes ingresos do Mar do Norte, o Reino Unido experimentou un período de importante crecemento económico. A finais do século XX houbo cambios importantes no goberno do Reino Unido co establecemento de administracións nacionais descentralizadas en Irlanda do Norte, Escocia e Gales, e a incorporación estatuaria da Convención Europea de Dereitos Humanos. Na década de 2000 destacou a controversia xerada ao redor de despregamentos militares no estranxeiro, especialmente de Iraq e Afganistán.
O Reino Unido atópase entre as latitudes 49° e 61° N, e lonxitudes 9° W e 2° E. O Royal Greenwich Observatory, situado preto da cidade de Londres, é o punto definitorio do Meridiano de Greenwich. En canto a fronteiras terrestres, Irlanda do Norte limita durante 360 quilómetros coa República de Irlanda. A lonxitude da costa de Gran Bretaña é de 17.820 quilómetros. Esta illa está conectada con Europa continental grazas ao Eurotúnel, que parte de Folkestone (preto de Dover) até chegar a Coquelles (preto de Calais), esta obra de enxeñaría ten unha lonxitude de 50 km, 38 deles baixo a auga, que fan que sexa o túnel submarino máis longo do mundo.
Inglaterra representa máis da metade da superficie total do Reino Unido, abarcando 130.395 quilómetros cadrados. A maioría do país está formado por terras baixas, con areas montañosas cara ao noroeste, incluíndo as montañas de Cumbria do Lake District, os Peninos e os outeiros de pedra calcaria do Peak District, Exmoor e Dartmoor. Os principais ríos e esteiros son o Támese, o Severn e o Humber. A montaña máis alta de Inglaterra é o Scafell Pike (978 msnm) no Lake District. Outros ríos importantes son o Tees, o Tyne, o Tweed, o Avon, o Exe e o Mersey.
Escocia representa un pouco menos dun terzo da superficie total do Reino Unido, cubrindo 78.772 quilómetros cadrados, e entre eles case 800 illas, principalmente ao oeste e ao norte da illa principal, as máis destacadas son as Hébridas, as Órcadas e as Shetland. O principal trazo característico da topografía escocesa é a falla xeolóxica das Highlands que atravesa o país dende Arran, ao oeste, até Stonehaven, ao leste. Está liña da falla separa dúas rexións claramente diferenciadas: as terras altas ao norte e ao oeste (Highlands) e as terras baixas do sur e do leste (Lowlands). As terras altas, a rexión máis agreste, contén a maioría das terras montañosas, incluíndo o Ben Nevis, que con 1.343 msnm é o punto máis alto das Illas Británicas. As terras baixas, en especial a estreita franxa entre os estuarios de Clyde e o Forth, coñecida como o Central Belt, é o lugar de residencia da maioría da poboación, incluída a cidade de Glasgow, cidade máis poboada de Escocia, e Edimburgo, a súa capital.
Gales abrangue menos dunha décima parte da superficie total do Reino Unido, cubrindo 20.779 quilómetros cadrados. A súa orografía é principalmente montañosa, aínda que menos no sur que no centro e o norte. A meirande parte da poboación e as principais zonas industriais atópanse no sur, onde están as cidades costeiras de Cardiff, Swansea e Newport. As montañas máis altas de Gales están en Snowdonia, incluíndo o Snowdon (en galés: Yr Wyddfa), que con en 1.085 msnm é o pico máis alto do país. As catorce, ou quizais quince, montañas galesas de máis de 3.000 pés (914 m) de altitude coñécense colectivamente como os Welsh 3000s. Gales ten máis de 1.200 quilómetros de costa. Hai varias illas fronte á parte continental de Gales, sendo a maior Anglesey (en galés: Ynys Môn) ao noroeste.
Irlanda do Norte, abrangue tan só 14.160 quilómetros cadrados e é principalmente montañosa. Dentro do territorio atópase o lago Neagh que, cunha superficie 388 quilómetros cadrados, é o lago máis grande das Illas Británicas por área. O pico máis alto de Irlanda do Norte é o Slieve Donard, nas montañas de Mourne, cunha altitude de 852 metros.
Clima
O clima do Reino Unido é oceánico,[5] temperado con verán suave (clasificación climática de Köppen: Cfb), invernos frescos e abundantes precipitacións durante todo o ano. Os principais factores que influencian o clima do país son a súa latitude setentrional (que vai dende os 50º N até os 60º N), a súa situación no océano Atlántico e as altas temperaturas das augas ao seu ao redor debido á corrente do Golfo. Aínda que o tempo pode trocar notablemente dun día para o outro, a súa oscilación térmica ao longo do ano é relativamente escasa. O punto de converxencia entre as correntes de aire cálido procedente do trópico e as correntes de aire frío do Polo Norte sitúase sobre o Reino Unido. Esta variación da temperatura da atmosfera crea inestabilidade, sendo este o principal factor que determina que o tempo sexa tan cambiante.
Os climas rexionais do Reino Unido están influenciados polo océano e pola súa latitude. Irlanda do Norte, Gales e a parte oeste de Inglaterra e Escocia, máis próximos ao Atlántico, son xeralmente rexións máis mornas, húmidas e ventosas, sendo os rangos de temperaturas xeralmente máis extremos. A zona oriental adoita ser máis seca, fresca e menos ventosas, aínda que tamén experimenta maiores variacións diarias e estacionais de temperatura. A zona norte é xeralmente máis fresca, húmida e cun menor rango de temperaturas que as do sur.
Aínda que todo o Reino Unido está maiormente baixo influencia de masas de aire marítimas tropicais do suroeste, algunhas rexións son máis susceptibles que outras cando diferentes frontes de masas de aire afectan o país: Irlanda do Norte e o oeste de Escocia son as máis expostas ás masas de aire marítimo polar que trae aire fresco húmido; o leste de Escocia e o noroeste de Inglaterra están máis expostas a masas de aire continental polar que trae aire frío e seco; o sur e sueste de Inglaterra están máis expostos a masas de aire continental tropical que trae aire morno e seco; Gales e o suroeste de Inglaterra son os máis expostos a masas de aire marítimo tropical que trae aire cálido e húmido.
A organización territorial británica é complexa e moi variada,[6] xa que cada un dos catro países constituíntes -Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte- ten o seu propio sistema de demarcación xeográfica e administrativa con orixes anteriores á unión entre eles. En consecuencia, non hai "ningunha unidade administrativa en común entre os integrantes do Reino Unido". Até o século XIX realizáronse poucos cambios nestas administracións, mais dende entón houbo unha evolución constante do seu papel e función. O troco non ocorreu de xeito uniforme nas nacións constitutivas, e a devolución do poder sobre a administración local a Escocia, Gales e Irlanda do Norte, fai que sexa pouco probable que os cambios administrativos futuros sexan uniformes.
Tras o proceso de Devolution ou descentralizador que se vén levando acabo dende finais dos anos 90, Escocia, Gales e Irlanda do Norte teñen as súas propias asembleas lexilativas e os seus gobernos autónomos do poder do Parlamento británico, se ben cada unha destas nacións cun grao diferente se autonomía e competencias. Namentres, Inglaterra permanece toda ela baixo o poder do Parlamento británico.
A organización do goberno local en Inglaterra é complexa, debido ao feito de que a distribución de funcións varía de acordo ás disposicións locais. A lexislación local, leva a cabo polo Parlamento británico e o goberno do Reino Unido, porque Inglaterra non conta cun parlamento descentralizado. O nivel superior das subdivisións de Inglaterra son nove oficinas rexionais de goberno. Dende 2000, a rexión de Londres conta cunha asemblea electa e cun alcalde, despois do grande apoio dado a dita proposta no referendo de Londres de 1998. Pretendíase que as outras rexións tamén contasen coa súa propia asemblea rexional, pero o rexeitamento a esta idea nun referendo realizado en 2004 na rexión Nordeste de Inglaterra detivo a reforma. Por baixo do nivel da rexión, Londres confórmase por trinta e dous municipios e o resto de Inglaterra ten consellos de distrito e deputacións ou autoridades unitarias. Os concelleiros son elixidos por sufraxio directo, mediante voto sinxelo ou por bloque.
O pobo de Escocia está representado no parlamento escocés que escolle ao seu goberno que conta cunha ampla autonomía. O goberno local de Escocia divídese en 32 áreas de consellos,[7] que teñen unha ampla variación tanto en tamaño como en poboación. As cidades de Glasgow, Edimburgo, Aberdeen e Dundee son áreas de consello especiais, así como a área de consello de Highland, que inclúe unha terceira parte da superficie de Escocia, mais só pouco máis de 200.000 persoas. O poder conferido ás autoridades locais é administrado polos concelleiros elixidos, que son actualmente 1.222. As eleccións lévanse a cabo por voto único transferible, mediante eleccións en bloque de tres ou catro concelleiros. Cada Consello elixe a un Administrador ou un Coordinador Xeral para presidir as reunións do Consello e para actuar como o representante da zona. Os concelleiros están suxeitos a un código de conduta imposto pola Comisión de Normas para Escocia. A organización representante dos funcionarios locais é a Convención de Autoridades Locais Escocesas (COSLA).
Pola súa banda Gales ten unha autonomía menor que a escocesa pois non foi ata 2011 cando a Asemblea de Gales tivo competencia lexislativa algunha, porén, nas últimas reformas lexislativas o parlamento británico foi achegando o nivel de competencias da asemblea galesa ás do parlamento escocés.
Desde 1973, o goberno local en Irlanda do Norte organízase en vinte e seis consellos de distrito, onde se celebran eleccións de voto único transferible, para elixir representantes con poderes limitados a servizos, como a recolección de residuos e o mantemento de parques e lugares públicos. Con todo, o 13 de marzo de 2008, o poder executivo propuxo a creación de once consellos novos para substituír o sistema, o que levou a postergar as eleccións locais até o 2011 para facilitar o proceso. Por último, o goberno local en Gales consta de vinte e dúas autoridades unitarias, incluíndo as cidades de Cardiff, Swansea e Newport, que son autoridades unitarias independentes. As eleccións celébranse cada catro anos por sufraxio directo. A Asociación do Goberno Local de Gales representa aos intereses das autoridades locais galesas.
Os Territorios Británicos de Ultramar son catorce territorios dependentes do Reino Unido, pero que non conforman parte del. Principalmente, trátase de pequenas illas pouco poboadas que representan os vestixios do antigo Imperio británico. Xuntos, representan unha área que supera os 1.728.000 km² e unha poboación de aproximadamente 260.000 persoas. Con todo, un deles, o Territorio Antártico Británico, só é recoñecido por outro catro países, os signatarios do Tratado Antártico.
As Dependencias da Coroa británica son tres territorios semi-dependentes do monarca do Reino Unido, pero que tampouco forman parte do país. A diferenza dos territorios de ultramar, a lexislación e outros asuntos de interese local corresponden a unha asemblea lexislativa local; ademais, os tratados internacionais e as normas de carácter nacional só son aplicadas se son aprobadas por esta asemblea. Estas dependencias ocupan preto de 779 km² e teñen unha poboación de máis de 235.700 habitantes.
O seu modelo constitucional baséase, ante todo, no chamado Dereito Estatutario (Statute Law) cuxa elaboración é idéntica ás leis ordinarias e só se diferencian, e acadan o carácter de constitucionais, por razón da materia que tratan. A outra fonte importante é a xurisprudencia. Gran Bretaña é a terra de orixe do sistema xurídico chamado Common Law.
Con todo, o goberno efectivo corresponde a un Gabinete dirixido polo Primeiro Ministro, quen en teoría son designados pola Raíña, con todo na práctica son elixidos pola Cámara dos Comúns. O Gabinete ten responsabilidade ante esta cámara.
O Poder Lexislativo reside no Parlamento, o cal é bicameral e está composto por dúas asembleas, a Cámara dos Comúns, composta por membros electos popularmente, e a Cámara dos Lores, composta por membros de dereito propio.
En canto ao poder xudicial, aínda que non existe unha Corte Suprema, as funcións de vixilancia dos órganos xurisdicionais son asumidas polos Lores Maxistrados pertencentes á Cámara dos Lores.
Dereitos humanos
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Reino Unido firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
O Reino Unido é unha das principais nacións industriais e comerciais do mundo. En termos do seu produto interior bruto (PIB), é o quinto no mundo logo dos Estados Unidos, o Xapón, Alemaña e a China, xunto con Francia. En 2006 o PIB do Reino Unido foi de 2,4 billóns de dólares, o que equivale a 41.500 dólares per cápita.
Trala segunda guerra mundial e a perda progresiva das colonias, o país retomou o rumbo como potente economía mantendo unha dobre alianza que dura ata os nosos días: non perdeu a súa mirada económica sobre Europa, pero ao mesmo tempo reforzou as súas relacións comerciais cos Estados Unidos que tralo conflito exerce como primeira potencia mundial. Este papel económico permitiulle manter un sólido e constante desenvolvemento ao longo da segunda metade do século XX.
Como en todos os países altamente desenvolvidos, os principais factores en contra da economía do Reino Unido represéntano os altos salarios e a forte presenza nos sectores de manufacturas e industria pesada dos países emerxentes, sobre todo China (Taiwán), India e Corea do Sur.
Malia estaren integrado na UE, o chamado "euroescepticismo" tradicional dos británicos manteno fóra da eurozona, sendo divisa do país a libra esterlina. Existiu un compromiso do exprimeiro ministro Tony Blair para celebrar un referendo que determinase se o Reino Unido se integraba ou non na moeda única.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
O censo británico do mes de abril de 2001, achegaba unha poboación total no Reino Unido de 58.789.194, sendo o terceiro país máis poboado da Unión Europea (despois de Alemaña e Francia), o quinto na Commonwealth e o vixésimo primeiro do mundo. A mediados do ano 2006, a poboación subira ata chegar aos 60.587.300.[14] Este crecemento foi debido, en parte á inmigración e ao crecemento da taxa de natalidade e a esperanza de vida dos británicos.[15]
A mediados de 2006, a poboación de Inglaterra estimábase nuns 50.762.900 de habitantes, constituíndo un dos países máis densamente poboados do mundo, con 383 habitantes por quilómetro cadrado.[16] Aproximadamente un cuarto da poboación do RU vive na próspero sueste de Inglaterra predominantemente urbano e semiurbano,[17] dos cales 7.517.700 viven na capital, Londres.[18]
O censo de mediados de 2006, estimou que Escocia tiña unha poboación de 5.116.900, Gales 2.965.900 e Irlanda do Norte 1.741.600[19] países cunha densidade moito menor ca Inglaterra. Comparando as densidades de poboación: en Inglaterra habitan 383 hab./km², fronte aos 142 de Gales, os 125 de Irlanda do Norte e os 65 de Escocia.
No ano 2007, a taxa media de fertilidade ao longo do RU era de 1,90 fillos por muller.[20] Mentres co crecemento da fertilidade está a elevar a poboación do país, as taxas de fecundidade seguen por baixo do 2,1 necesario para a substitución xeracional, aínda así as cifras superan o récord rexistrado no ano 2001 cando a taxa era do 1,63.[20]Inglaterra e Gales teñen respectivamente taxas de 1,92 e 1,90. Escocia posúe a menor taxa de fecundidade con 1,73 fillos por muller, mentres Irlanda do Norte posúe a maior con 2,02 fillos por muller.[20] Durante os anos 60 o RU viviu un baby boom chegando a taxa aos 2,95 fillos por muller en 1964.[20] A taxa de fecundidade e maior entre as mulleres nadas no estranxeiro cá entre as británicas, malia seren as taxas das derradeiras as que están medrando no últimos anos.[20]
Os actuais británicos descenden da mestura de diversos poboacións que se instalaron nas illas no pasado, principalmente preceltas, celtas, romanos, anglosaxóns e normandos. A partir de 1945, o país recibiu grandes continxentes de persoas provenientes das antigas colonias británicas de África, o Caribe e Asia meridional. A partir do ano 2004 o país recibiu grandes fluxos de inmigrantes da Europa central e do leste, aínda que, dende o ano 2008 esta tendencia estase revirtindo.[21] No censo británico de 2001, o 92,1% da poboación identificábase como branca, identificándose o 7,9% restante[22] como minoría étnica ou raza mixta.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
A diversidade étnica varía moito segundo o lugar do Reino Unido. O 30,4% da poboación de Londres[23] e o 37,4% de Leicester[24] pertencía a un grupo étnico distinto do branco segundo o censo de xuño de 2005, mentres menos do 5% da poboación de nordeste de Inglaterra, Gales e o suroeste de Inglaterra pertencía a unha minoría étnica.[25] Segundo o censo de 2007, o 22% dos estudantes de primaria e o 17,7% de secundaria asistentes a escolas públicas en Inglaterra, pertencían a minorías étnicas.[26][27]
Linguas
Aínda que o Reino Unido non teña unha lingua oficial de iure, a lingua máis falada é o inglés, unha lingua xermánica occidental descendente do inglés antigo e que posúe un importante sustrato do noruegués antigo, francés normando e do latín. A lingua inglesa foi espallada polo mundo (principalmente debido ao Imperio Británico) e tornouse a lingua franca contemporánea. En todo o mundo, é falada por máis de 508,000,000 millóns de falantes coma segunda lingua.[28]
As outras linguas indíxenas do Reino Unido son: 1) o chamado escocés (moi próximo ao inglés, os lingüistas debaten se consideralo un dialecto ou unha lingua de seu). 2) catro linguas celtas: divídense en dous grupos: as linguas P-celtas e as Q-celtas. No primeiro grupo achamos o galés (declarado oficial en Gales pola Asemblea nacional de Gales, é a lingua céltica máis falada no Reino Unido) e tamén o córnico (lingua morta no século XIX do que se están a facer esforzos para recuperala); e entre as Q-celtas están p irlandés (falado de forma moi minoritaria na Irlanda do norte) e o gaélico escocés (antigamente falado en toda Escocia, mais na actualidade atópase restrinxido ás Highlands e ás illas Hébridas). No norte de Inglaterra aínda pervive a influencia da extinta lingua cúmbrica, falada na zona hai séculos, sendo empregada aínda como sistema para contar as ovellas (vexa Yan Tan Tethera). No censo de 2001 máis dun quinto (21%) da poboación do País de Gales dicía poder falar o galés,[29] o que constitúe un crecemento no número de falantes fronte o censo de 1991 (18%).[30] No resto do país existen uns 200.000 falantes do galés, principalmente en Inglaterra.[31]
O galés e mailo gaélico escocés tamén son falados por pequenas comunidades noutras partes do mundo, entre estas comunidades destacan a de Nova Escocia (Canadá), onde se fala o gaélico escocés, e a da Patagonia (Arxentina), onde hai unha activa comunidade galesa.
As linguas dos inmigrantes son faladas polo 10% da poboación do Reino Unido, o francés é falado polo 2,3% da poboación, o 1,0% fala o polaco reflexo da recente inmigración polaca ao Reino Unido. O 0,9% falan o alemán e o 0,8% o castelán. A maioría das outras linguas estranxeiras faladas no Reino Unido son orixinarías de Europa, Asia e África. A maior parte dos inmigrantes que viven no Reino Unido proveñen de países anglófonos (tales como Nixeria, Xamaica, Hong Kong e Filipinas), motivo polo cal non hai unha gran diversidade lingüística entre algunhas comunidades de minorías étnicas do país.
Ao longo do Reino Unido, é xeralmente obrigatorio para os rapaces o estudo dunha segunda lingua ata os 14 anos en Inglaterra e os 16 anos en Escocia. O francés e o alemán son as dúas segundas linguas máis faladas nos países de Inglaterra e Escocia, mentres có galés é a segunda lingua principal no País de Gales. Segundo unha enquisa do 2003, o 89 % dos británicos posúe un nivel básico de francés, mentres có 23 % pode manexarse no alemán. Outras linguas que populares no país son o castelán, 7 %, e o ruso, 0,5 %.
Notas
↑No Reino Unido e as súas dependencias, outras linguas ademais do inglés son recoñecidas como linguas rexionais. Nalgunhas delas o nome oficial do Reino Unido é:
En córnico: Rywvaneth Unys Breten Veur ha Kledhbarth Iwerdhon.
En escocés: Unitit Kinrick o Great Breetain an Northren Irland.
En gaélico escocés: Rìoghachd Aonaichte na Breatainne Mòire is Èireann a Tuath.
En galés: Teyrnas Unedig Prydain Fawr a Gogledd Iwerddon.
En irlandés: Ríocht Aontaithe na Breataine Móire agus Thuaisceart Éireann.
Serie C1 1989-1990 Competizione Serie C1 Sport Calcio Edizione 11ª Organizzatore Lega Professionisti Serie C Date dal 17 settembre 1989al 3 giugno 1990 Luogo Italia Partecipanti 36 Formula 2 gironi all'italiana A/R Risultati Vincitore Modena (1º titolo)Taranto (1º titolo) Altre promozioni LuccheseSalernitana Retrocessioni PratoAlessandriaMontevarchiDerthonaBrindisiSambenedetteseFrancavillaIschia Isolaverde Statistiche Miglior marcatore Gir. A: Giovanni Cornacchini (16)Gir. B:...
Daily newspaper for Hobart and southern Tasmania For the California newspaper, see The Mercury News. For the Pennsylvania newspaper, see The Mercury (Pennsylvania). The MercuryFront page of The Mercury on 9 December 2006TypeDaily newspaperFormatTabloidOwner(s)Davies Brothers (News Corp Australia)EditorCraig HerbertFounded1854; 170 years ago (1854)LanguageEnglishHeadquartersGround floor, 2 Salamanca Square, Hobart, Tasmania, Australia, 7000Circulation44,317 (Weekdays)61,020 (...
1938 comedy film Not to be confused with Personal secretary. Personal SecretaryTheatrical release posterDirected byOtis GarrettScreenplay byBetty LaidlawRobert LivelyCharles GraysonStory byBetty LaidlawRobert LivelyProduced byMax GoldenStarringWilliam GarganJoy HodgesAndy DevineRuth DonnellySamuel S. HindsFrances RobinsonCinematographyStanley CortezEdited byFrank GrossProductioncompanyUniversal PicturesDistributed byUniversal PicturesRelease date September 9, 1938 (1938-09-09) ...
إيهاب المساكني معلومات شخصية الميلاد 18 يوليو 1987 (العمر 36 سنة)تونس الطول 1.86 م (6 قدم 1 بوصة) مركز اللعب وسط الجنسية تونس أخوة وأخوات يوسف المساكني معلومات النادي النادي الحالي النجم الرياضي الساحلي الرقم 36 المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) 2008–2012 الملعب ...
Kurt Wüthrich sedang memberi kuliah pada Forum Eropa 2005 yang diselenggarakan di Alpbach, Austria. Kurt Wüthrich (lahir 4 Oktober 1938) ialah kimiawan Swiss dan penerima Nobel. Lahir di Aarberg, Swiss, Wüthrich menerima pendidikan ilmu kimia, fisika, dan matematika di Universitas Bern sebelum meraih Ph.D. atas arahan Silvio Fallab di Universitas Basel, dianugerahkan pada 1964. Ia melanjutkan karya pascadoktoralnya dengan Fallab dalam waktu yang singkat sebelum meninggalkan Basel untuk bek...
Public high school in Bellingham, Massachusetts, United StatesBellingham High SchoolAddress60 Blackstone StreetBellingham, Massachusetts 02019United StatesCoordinates42°04′40″N 71°28′04″W / 42.0777°N 71.4678°W / 42.0777; -71.4678InformationTypePublic high schoolOpen enrollment[1]PrincipalMegan LafayetteStaff57.24 (FTE)[2]Grades8–12Enrollment744 (2018–19)[2]Student to teacher ratio13.00[2]Color(s) Black and wh...
Part of a series of articles onReligion in AfghanistanBlue Mosque in Mazar-i-SharifThe largest mosque in Afghanistan Majority Sunni Islam Minority Shia Islam Zoroastrians Sikhism Hinduism Bahá'í Christianity Catholicism Historic/Extinct Buddhism Judaism Controversy Religious freedom Atheism and apostasy Taliban Afghan conflict Afghanistan portal vte According to a study by Humanists International (HI), Afghanistan is one of the seven countries in the world (the other six being Ira...
2009 single by Miley Cyrus This article is about the Miley Cyrus song. For other songs with similar names, see Climbing (disambiguation) § Music. The ClimbSingle by Miley Cyrusfrom the album Hannah Montana: The Movie ReleasedMarch 5, 2009 (2009-03-05)Genre Country pop country rock[1] Length3:54Label Hollywood Walt Disney Songwriter(s)Jessi AlexanderJon MabeProducer(s)John ShanksMiley Cyrus singles chronology Fly on the Wall (2008) The Climb (2009) Party in the U.S...
Mountain in Kerry, Ireland This article is about the mountain in County Kerry. For the hill in County Cork, see Caher Mountain (Cork). CaherCathair na FéinneCaher Ridge, with Caher East Top (l) and Caher West Top (r); as seen from CarrauntoohilHighest pointElevation1,000 m (3,300 ft)[1]Prominence99.76 m (327.3 ft)[1]Isolation0.71 miles (1.14 km)ListingFurth, Hewitt, Arderin, Simm, Vandeleur-LynamCoordinates51°59′40″N 9°45′31″W /...
أينو راهيا (بالفنلندية: Eino Rahja) معلومات شخصية الميلاد 20 يونيو 1885(1885-06-20)كرنشتات الوفاة 26 أبريل 1936 (50 سنة)سانت بطرسبرغ سبب الوفاة سل مواطنة الإمبراطورية الروسية الاتحاد السوفيتي الحياة العملية المهنة سياسي، وعسكري الحزب الحزب الشيوعي الفنلندي (1918–1927)حزب ال...
SMA Negeri 1 SalatigaThe State Senior High School 1 SalatigaInformasiDidirikan28 Oktober 1956JenisNegeriAkreditasiAKepala SekolahSubroto, S.Pd. M.PdKetua KomiteDR Sugiman, M.SiJurusan atau peminatanIPA, IPS dan BahasaRentang kelasX MIPA X IPS X BHS XI MIPA XI IPS XI BHS XII MIPA XII IPS XII BHSKurikulumKurikulum 2013Jumlah siswa1.244 SiswaStatusAktifAlamatLokasiJalan Kemiri No. 1, Kota Salatiga, Jawa Tengah, IndonesiaKoordinat7°19′02″S 110°29′50″E / 7....
Hungarian-American chemist (1927–2017) The native form of this personal name is Oláh András György. This article uses Western name order when mentioning individuals. George Andrew OlahOlah in 2009BornOláh András György(1927-05-22)May 22, 1927Budapest, HungaryDiedMarch 8, 2017(2017-03-08) (aged 89)Beverly Hills, California, U.S.CitizenshipHungaryU.S.Alma materBudapest University of Technology and EconomicsKnown forCarbocations via superacidsSpouse Judit Lengyel &...
Vietnamese badminton player In this Vietnamese name, the surname is Vũ. In accordance with Vietnamese custom, this person should be referred to by the given name, Trang. Badminton playerVũ Thị TrangPersonal informationCountryVietnamBorn (1992-05-19) 19 May 1992 (age 31)Lạng Giang, Bắc Giang, VietnamHeight1.65 m (5 ft 5 in)HandednessRightWomen's singles & doublesHighest ranking34 (WS 8 June 2017) 53 (WD 23 March 2017) Medal record Women's badminton Representing ...
Daftar Jabatan Fungsional pada Pegawai Negeri Sipil ini disusun berdasarkan Peraturan Menteri Pendayagunaan Aparatur Negara dan Reformasi Birokrasi yang terdiri dengan 25 rumpun jabatan. Arikel ini mengelompokkan jabatan fungsional berdasarkan instansi pembina jabatan tersebut. Agendaː namaː nama jabatan fungsional Rumpunː rumpun jabatan Dasarː dasar hukum (PermenPAN-RB) Kementerian Dalam Negeri Nama Kategori Lingkup Rumpun Dasar Polisi Pamong Praja Keterampilan, Keahlian Daerah Penyidik ...
ميت جابر - قرية مصرية - تقسيم إداري البلد مصر المحافظة محافظة الشرقية المركز بلبيس المسؤولون السكان التعداد السكاني 11833 نسمة (إحصاء 2006) معلومات أخرى التوقيت ت ع م+02:00 تعديل مصدري - تعديل قرية ميت جابر هي إحدى القرى التابعة لمركز )بلبيس في محافظة الشرقية ...
1963–1967 Somali secessionist conflict in Kenya Shifta WarPart of the Somali–Kenyan conflictDatec. November 1963–1967(4 years)LocationNorth Eastern Province, KenyaResult CeasefireBelligerents Kenya Colony (until Dec. 1963) Kenya (from Dec. 1963)Supported by: United Kingdom Ethiopian Empire[1] Northern Frontier Districts Liberation Movement Hawiye group Darod group Supported by: Somalia Soviet UnionCommanders and leaders Jomo Kenyatta Maalim Mohammed Stamboul ...
Đối với tổ chức chính trị cộng sản Na Uy, xem Vì Nhân dân phục vụ (Na Uy). Khẩu hiệu được trưng bày tại Đại học Tôn Dật Tiên. Vì Nhân dân phục vụ (tiếng Trung: 为人民服务; bính âm: wèi rénmín fúwù; nghĩa đen: suy nghĩ và hành động vì lợi ích của nhân dân) là khẩu hiệu do Chủ tịch Trung ương Đảng Cộng sản Trung Quốc Mao Trạch Đông đưa ra đầu tiên là một trong những đ...