Страна Восходящего Солнца, Terra del sol naixent, The Land of the Rising Sun, ארץ השמש העולה, Land der aufgehenden Sonne, 日出る国, Pays du Soleil levant, Країна Сонця, що сходить e Země vycházejícího slunce
O vocábulo Xapón (Nippon/Nihon 日本, significado literal: 'a orixe do sol'),[12] deriva da pronuncia chinesa do nome. O carácter 日 é a evolución dun círculo cun punto central que representa ao sol, e 本 representa a raíz dunha árbore e tamén ten o significado de orixe. A expresión «País do Sol Nacente» ou «Terra do Sol Nacente» fai referencia a esta etimoloxía do nome en xaponés.[13] Antes de que Nihon pasase a ser de uso oficial, Xapón era coñecido como Wa (倭?) ou Wakoku (倭国?).[14]
O nome en xaponés, Nippon, é utilizado en selos e en eventos deportivos internacionais,[15] mentres que Nihon é empregado máis comunmente dentro do Xapón.[16] A versión occidental e galega, Xapón, provén do nome chinés. Na lingua malaia a palabra chinesa transformouse en Jepang[17] e foi máis tarde adoptada polos mercadores portugueses do século XVI que foron os primeiros en introducir o nome en Europa.[18]
Os primeiros rexistros culturais coñecidos de habitantes no arquipélago xaponés datan do ano 30 000 a. C. aproximadamente.[19] Esta cultura primitiva foi seguida ao redor do ano 14 000 por unha cultura semi-sedentariamesolítica-neolítica, incluíndo antepasados dos ainu e yamato contemporáneos,[20][21] marcando o comezo do período Jōmon caracterizado por unha agricultura rudimentaria.[22] Consérvanse exemplares de utensilios e recipientes de barro procedentes deste período que están entre os máis antigos do mundo.[23] Ó redor do ano 300 a. C. o pobo Yayoi comezou a entrar nas illas xaponesas, mesturándose co pobo Jōmon.[24] Este período Yayoi deu lugar á introdución de prácticas como a agricultura en mollado do arroz,[25] un novo estilo de olaría,[26] e metalurxia, procedentes da China e Corea.[27]
O primeiro rexistro escrito no que aparece Xapón dáse na obra chinesa chamada o Libro de Han.[28] Segundo outro texto histórico chinés, os Rexistros dos Tres Reinos, o reino máis poderoso no arquipélago xaponés durante o século III chamábase Yamatai, e estaba gobernado pola monarca Himiko.[29] O budismo introduciuse por primeira vez no Xapón procedente de Baekje, Corea, e tivo a promoción do príncipe Shōtoku, aínda que o subsecuente desenvolvemento do budismo xaponés tivo a súa influencia principal na China.[30] Malia a resistencia inicial, o budismo fomentouse dende a clase gobernante e gañou unha aceptación xeral no comezo do período Asuka (592-710).[31] Trala morte do emperador Shōtoku no ano 622 e tras un período de guerras civís, o emperador Kōtoku deu inicio á reforma de Taika,[32] na que se nacionalizou toda a terra do Xapón para distribuíla de forma equitativa entre os agricultores, e na que se ordenou unha compilación dun rexistro de vivendas como base para un novo sistema de recadación de impostos.[33]
O período Nara (710-784) estivo marcado polo xurdimento dun estado xaponés centralizado, co seu centro na Corte Imperial de Heijō-kyō (Nara). Este período caracterízase pola aparición dunha literatura nacente así como polo desenvolvemento da arte e arquitectura de inspiración budista.[34] Nesta época Xapón sufriu unha serie de desastres naturais, incluíndo incendios, secas, fame e varias enfermidades, como unha epidemia de varíola entre os anos 735 e 737, na que se estima que faleceu entre un cuarto e un terzo da poboación do país naquel tempo.[35][36] No ano 784 o emperador Kanmu trasladou a capital dende Nara ata Nagaoka-kyō para posteriormente movela de novo a Heian-kyō (Kyoto) no ano 794.[37][38]
Isto marcou o comezo do período Heian (794-1185), no que xurdiu unha cultura xaponesa indíxena, destacada pola súa arte, olaría e prosa. A obra de Murasaki Shikibu 源氏物語 (Genji Monogatari?)[39] e as letras do himno nacional do Xapón, o Kimigayo, foron escritas nesta época.[40] Durante este período o poder da Corte Imperial foi en declive. A Corte centrouse en loitas de poder internas e nos intereses artísticos dos nobres, non prestando suficiente atención á administración e goberno fóra da capital.[41] O budismo seguiu espallándose neste período principalmente a través de dúas seitas principais, a Tendai do monxe Saichō e a Shingon do monxe Kūkai.[42] O budismo Terra Pura (Jōdo-shū, Jōdo Shinshū) acadou unha gran popularidade no final do século XI.[43]
No ano 1156 xurdiu unha disputa sobre a sucesión ao trono na que os dous pretendentes rivais (o emperador Go-Shirakawa e o emperador Sutoku) contrataron os clans Taira e Minamoto procurando obter o trono pola forza. Durante a guerra que sucedeu, o clan Taira liderado por Taira no Kiyomori derrotou ao clan Minamoto. O resultado da guerra deu lugar a unha rivalidade entre ámbolos dous clans, que provocou a Rebelión Heiji no ano 1160.[44] O clan Minamoto, liderado por Yoritomo, conseguiu a vitoria decisiva no ano 1185 na Batalla de Dan-no-ura, e Yoritomo e as súas forzas pasaron a ser os rexedores de facto do Xapón.[45]
Ashikaga Takauji estableceu o shogunato en Muromachi, Kyoto, dando así comezo ao período Muromachi (1336-1573).[49] O shogunato Ashikaga acadou o seu punto culminante na época de Ashikaga Yoshimitsu, e a cultura baseada no budismo zen seguiu prosperando.[50] Isto deu paso á cultura Higashiyama, que continuou ata o século XVI.[51] Por outra banda, o shogunato Ashikaga non conseguiu controlar os xefes de guerra feudais (daimyo), dando lugar a unha guerra civil (a guerra Ōnin) no ano 1467 que marcou o comezo do período Sengoku ('Estados en guerra').[52]
Durante o século XVI, comerciantes e misioneiros xesuítas procedentes de Portugal chegaron ao Xapón por primeira vez, iniciando un intercambio comercial e cultural directo entre o Xapón e occidente.[53] Isto permitiulle a Oda Nobunaga obter tecnoloxía e armas de fogo occidentais, que empregou para conquistar a moitos outros daimyos. A consolidación do seu poder deu comezo ao que se coñece como período Azuchi-Momoyama (15731603).[54] Tralo seu asasinato no ano 1582, o seu sucesor Toyotomi Hideyoshi unificou a nación en 1590 e levou a cabo dúas invasións de Corea sen éxito nos anos 1592 e 1597.[55][56]
Tokugawa Ieyasu actuou como rexente do fillo de Hideyoshi e usou a súa posición para gañar apoios políticos e militares. Na guerra que tivo lugar, conseguiu derrotar os clans rivais na Batalla de Sekigahara no ano 1600.[57] Tokugawa Ieyasu foi nomeado shogun polo emperador Go-Yōzei en 1603, e estableceu o shogunato Tokugawa en Edo (Toquio).[58] Este shogunato ditaminou medidas como o buke shohatto, un código de conduta para controlar os daimyo autónomos,[59] e a política isolacionista sakoku ("país pechado") no 1639, que deron lugar a máis de 250 anos de tenue unidade política coñecidos como o período Edo (1603-1868).[60] O estudo das ciencias occidentais, coñecido como rangaku, continuou a través do contacto co enclave holandés de Dejima en Nagasaki,[61] e tamén comezou neste período o chamado kokugaku ("estudos nacionais"), o estudo do Xapón por parte dos xaponeses.[62]
Adoptando sistemas e institucións políticas, xudiciais e militares procedentes de occidente, introduciuse no país a Constitución Meiji e constituíuse a Dieta Imperial.[66] A Restauración Meiji transformou o Imperio do Xapón nunha potencia mundial industrializada que comezou a procurar o conflito militar como medio de espallar a súa esfera de influencia.[67] Tralas vitorias na primeira guerra sino-xaponesa (1894-1895) e na guerra ruso-xaponesa, Xapón gañou o control de Taiwán, Corea e a metade sur de Sakhalin.[68] Neste tempo a poboación do Xapón medrou dende os 35 millóns de habitantes no ano 1873 ata os 70 millóns no ano 1935.[69]
En 1947 Xapón adoptou unha nova constitución que puxo énfase nas prácticas democráticas liberais. A ocupación aliada finalizou co Tratado de San Francisco no ano 1952[82] e o Xapón foi aceptado como membro das Nacións Unidas en 1956. O crecemento económico do país nos anos posteriores foi moi elevado, chegando a ser a segunda maior economía mundial. Este crecemento rematou a mediados dos anos 1990s cando Xapón sufriu unha gran recesión económica, da que o país comezou a dar sinais de recuperación coa chegada do século XXI.[83] O 11 de marzo de 2011 Xapón sufriu o maior terremoto rexistrado na súa historia, que á súa vez provocou un tsunami que causou o accidente nuclear de Fukushima.[84]
O órgano lexislativo do Xapón é a Dieta Nacional, que se atopa en Chiyoda, Toquio. A Dieta é un corpo bicameral formado pola Cámara de Representantes con 480 asentos, escollidos mediante voto popular cada catro anos, e a Cámara de Conselleiros con 242 asentos, escollidos por medio de votación popular cada seis anos. Existe o sufraxio universal para os adultos maiores de 18 anos,[88] e as votacións teñen lugar polo método de voto secreto.[85] A Dieta estivo historicamente dominada polo Partido Demócrata e polo Partido Demócrata Liberal. Este último foi o partido máis votado dende o ano 1955, agás nun breve período entre 1993 e 1994 e dende 2009 ata 2012.[89]
O primeiro ministro do Xapón é o xefe do goberno, nomeado polo emperador trala súa designación por parte da Dieta, e este é o encargado de designar os ministros do goberno.[85] Trala vitoria do Partido Demócrata Liberal nas eleccións xerais do 2012, Shinzō Abe substituíu a Yoshihiko Noda como primeiro ministro o 26 de decembro de 2012.[90] Malia que o emperador é quen nomea formalmente o primeiro ministro, a constitución do país require explicitamente que o emperador siga a designación da Dieta.[85]
O sistema legal xaponés, historicamente influenciado polas leis chinesas, desenvolveuse de forma independente durante o período Edo, con textos como o Kujikata Osadamegaki.[91] Porén, dende finais do século XIX o sistema xudicial baseouse en gran parte nas leis civís de Europa, particularmente nas de Alemaña. Como exemplo, no 1896 o goberno xaponés estableceu un código civil baseado nun bosquexo da Bürgerliches Gesetzbuch alemá, que permanece en efecto aínda que con modificacións trala segunda guerra mundial.[92] A constitución require que o emperador promulgue a lexislación aprobada pola Dieta, sen darlle poder específico para opoñerse a ela.[85] O sistema xudicial do Xapón está dividido en catro niveis básicos, sendo a Corte Suprema o nivel máis elevado,[93] e o corpo principal da lei estatal xaponesa recibe o nome de "Seis Códigos".[94]
Dereitos humanos
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Xapón firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Xapón mantén un dos orzamentos militares máis altos do mundo,[106] malia que as súas forzas armadas, que reciben o nome de Forzas de Autodefensa do Xapón, están limitadas polo Artigo 9 da Constitución do Xapón, que obrigou ao país a renunciar ao seu dereito de realizar declaracións de guerra ou empregar as súas forzas armadas en disputas internacionais.[107] O Ministerio de Defensa do país controla estas forzas, formadas principalmente polas Forzas Terrestres de Autodefensa do Xapón, as Forzas Marítimas de Autodefensa do Xapón e as Forzas Aéreas de Autodefensa do Xapón. No século XXI, Xapón participou en varias operacións de paz. O envío de tropas a Iraq no 2004 marcou o primeiro uso fóra do país das súas forzas armadas dende a segunda guerra mundial,[108] e as súas forzas armadas navais participan regularmente en exercicios RIMPAC.[109]
Xapón divídese en 47 prefecturas 都道府県 (Todōfuken?), cada unha co seu propio gobernador, lexislatura e administración propias. Consisten en 43 prefecturas (県,ken?) propias, dúas prefecturas urbanas (府,fu?, Osaca e Kyoto), un "circuíto" o "territorio" (道,dō?, Hokkaido) e unha "metrópole" (都,to?, Toquio).[110] Cada prefectura divídese en cidades, vilas e distritos rurais.[111] A comezos do século XX o país iniciou un proceso de reorganización administrativa, fusionando varias das cidades e vilas entre si, para reducir o número de rexións administrativas inferiores e reducir gastos administrativos.[112]
Na zona climática do mar do Xapón, na costa oeste de Honshu, os ventos estacionais do noroeste provocan nevadas abundantes no inverno. No verán esta rexión ten temperaturas máis baixas que a zona do Pacífico, aínda que por veces poida ter temperaturas moi altas debido ao efecto Föhn. A Rexión de Koshin, no centro do país, ten un clima continental húmido típico, con grandes diferenzas de temperaturas entre o verán e o inverno e entre a noite e o día. As precipitacións aquí son lixeiras, con frecuentes nevadas no inverno. As montañas das rexións de Chūgoku e Shikoku protexen o mar Interior de Seto dos ventos, facendo que teña un clima moderado durante todo o ano.[123]
A costa do Pacífico ten un clima subtropical húmido, con invernos temperados de nevadas ocasionais e veráns húmidos e calorosos debido aos ventos estacionais do sueste. As illas Ryukyu teñen un clima subtropical con invernos temperados e veráns calorosos.[123] Nestas zonas as precipitacións adoitan ser abundantes, concentrándose principalmente na estación de chuvias.[124]
A temperatura media do inverno no Xapón é de 5,1 °C e a temperatura media do verán está nos 25,2 °C.[125] A temperatura máis alta rexistrada no país foi de 40,9 °C, o 16 de agosto de 2007.[126] A estación principal de chuvias comeza en maio en Okinawa, e a fronte de chuvias trasládase gradualmente cara ao norte ata chegar a Hokkaido a finais de xullo. En gran parte de Honshu a estación de chuvias comeza antes de mediados de xuño e ten unha duración dunhas seis semanas. Os tifóns son habituais na zona a finais do verán e comezos do outono.[124][125]
Trala segunda guerra mundial Xapón experimentou un período de rápido crecemento económico no que o goberno restou importancia ás políticas ambientais en favor das corporacións industriais. Como resultado disto, a contaminación ambiental foi abundante durante as décadas de 1950 e 1960. En resposta da cada vez maior preocupación por este problema, o goberno do país introduciu varias leis de protección ambiental en 1970.[132] A crise do petróleo de 1973 foi outro factor importante na procura de usos máis eficientes de enerxía no país debido á súa falta de recursos naturais.[133] As leis de protección ambiental máis recentes inclúen medidas para reducir a contaminación atmosférica urbana, a mellora da xestión de residuos, a eutrofización da auga, a conservación da natureza, a redución dos efectos do cambio climático, o manexo de substancias químicas e a cooperación internacional para a conservación do medio ambiente.[134]
En contraste con estas políticas, e malia os cada vez maiores investimentos en enerxías renovables no país, a data de xuño de 2015 máis de 40 centrais térmicas de carbón estaban en fase de planificación ou en construción no Xapón.[135] Xapón encadrouse na 39ª posición do Índice de Desempeño Ambiental do 2016, índice que mide o compromiso dos países co sostemento medioambiental.[136] Como asinante do Protocolo de Kyoto e anfitrión da conferencia de 1997 na que se creou, o Xapón está baixo a obriga de reducir as súas emisións de dióxido de carbono e tomar outras medidas para reducir os efectos adversos do cambio climático.[137]
O crecemento da economía moderna do Xapón comezou no período Edo, e algúns elementos sobreviventes desta época son as rutas de transporte por terra e mar, así como instrumentos financeiros como os contratos de futuros, banca e seguros dos negociantes de arroz de Osaca.[141] Durante o período Meiji, dende o ano 1868, Xapón expandiuse economicamente coa adopción da economía de mercado.[142] Moitas das empresas actuais fundáronse nesa época, e o Xapón pasou a ser unha das nacións máis desenvolvidas de Asia.[143] O período de crecemento económico xeral que tivo lugar dende os anos 1960 ata os anos 1980 foi denominado o "Milagre xaponés", cunha media de crecemento económico dun 7,5% nos anos 1960 e 1970, e dun 3,2% nos anos 1980 e comezos dos anos 1990.[144]
Este crecemento freouse nos anos 1990 durante a denominada "Década perdida" debido aos efectos da burbulla financeira e inmobiliaria no Xapón e as políticas gobernamentais dirixidas a reducir os excesos especulativos dos mercados inmobiliarios e de valores. Os esforzos para revivir o crecemento económico non tiveron éxito e víronse prexudicados aínda máis polo efecto da burbulla de Internet do 2000.[114] A economía do país comezou a recuperarse a partir do ano 2005, cun crecemento do PIB dun 2,8%, por riba dos índices de crecemento dos Estados Unidos e da Unión Europea durante o mesmo período.[145]
A agricultura xaponesa abrangue o 13% do seu territorio e o país é o segundo con maior volume de capturas de peixe cun 15% do total global, só por detrás da China,[114] mentres que no conxunto da economía global do país, o sector de servizos representa uns tres cuartos do PIB total do país.[146] A data de 2010, a forza de traballo do país nipón era duns 65,9 millóns de traballadores.[147] Malia que Xapón ten unha taxa de desemprego baixa, dun 3,2%,[148] ao redor duns 20 millóns de persoas, un 17% da poboación, atopábase baixo a liña de pobreza no ano 2007.[149] A vivenda no país nipón é limitada debido á pouca dispoñibilidade de terreo nas áreas urbanas.[150]
A moeda oficial do Xapón é o Ien (símbolo ¥ e código JPY). É a terceira divisa máis empregada no Mercado Internacional de Divisas tralo dólar estadounidense e o euro.[152] No 2015 Xapón era a terceira maior potencia económica do mundo en termos de PIB nominal, só por detrás dos Estados Unidos e a China,[153] e a cuarta potencia económica mundial en termos de PPA, tralos Estados Unidos, a China e a India.[154] A data de 2014, a débeda pública do Xapón estaba estimada en máis do 200% do seu PIB anual, sendo a maior débeda pública de tódolos países do mundo.[155] En agosto de 2011, a axencia de cualificación Moody's rebaixou a clasificación da débeda pública do Xapón dende o "Aa3" ata o "Aa2" debido ao nivel de déficit e débeda do país dende a recesión global de 2009, agravados tamén polos efectos do terremoto e tsunami de Sendai de 2011.[156]
No 2015 o total de exportacións do Xapón superou os 643 mil millóns de euros.[166] A data de 2012 os principais mercados para as exportacións xaponesas eran a China (18,1%), os Estados Unidos (17,8%), Corea do Sur (7,7%), Tailandia (5,5%) e Hong Kong (5,1%). Estas exportacións consisten principalmente en equipamento, vehículos de motor, produtos de ferro e aceiro, semicondutores e pezas de automóbiles.[167] O total de importacións acadado polo Xapón no 2015 chegou ós 667 mil millóns de euros.[166] No 2012, as importacións do Xapón tiveron como principais mercados de orixe a China (21,3%), os Estados Unidos (8,8%), Australia (6,4%), Arabia Saudita (6,2%), os Emiratos Árabes Unidos (5,0%), Corea do Sur (4,6%) e Qatar (4,0%).[114] Os principais produtos importados son maquinaria e equipamento industrial, combustibles fósiles, alimentos, químicos, téxtiles e materia prima para a industria. En termos de participación no mercado, os mercados domésticos do Xapón son os máis pechados de tódolos países pertencentes á OCDE.[158] A comezos do século XXI baixo o goberno de Junichirō Koizumi, o país levou a cabo diversas reformas a prol da competitividade nos mercados, e os investimentos estranxeiros no país experimentaron un aumento notable.[168]
No 2013 o 45,7% da enerxía producida no Xapón procedeu do petróleo, o 24,2% do carbón, o 22,5% do gas natural, o 3,1% da enerxía hidroeléctrica.[179] A produción de enerxía nuclear reduciuse case por completo en maio de 2012 parando case tódalas centrais nucleares do país, pasando dun 10,6% do total no 2010 ata un 0,4% no 2013,[179] principalmente pola oposición pública resultante dos Accidentes nucleares de Fukushima I de marzo do 2011, malia que o goberno do país tentou convencer a opinión pública para volver a poñer en funcionamento algúns dos 50 reactores nucleares do país.[180] Dous destes reactores, en Sendai, foron reiniciados o 11 de agosto[181] e o 15 de outubro de 2015[182] Xapón carece de reservas de combustibles fósiles, polo que ten unha gran dependencia na importación de enerxía,[183] polo que dende comezos do século XX tentou diversificar as súas fontes enerxéticas e manter niveis altos de eficiencia enerxética.[184]
Transporte
O sector do transporte no Xapón destaca pola súa eficiencia enerxética, xa que usa menos enerxía por persoa comparado con outros países desenvolvidos, principalmente grazas a unha gran porcentaxe de uso de ferrocarrís e as baixas distancias de viaxe.[185] Por outra banda o transporte do país é un dos máis caros do mundo, principalmente debido aos altos impostos e peaxes e particularmente no transporte por estrada.[186] No Xapón o sentido da circulación é polo lado esquerdo,[187] e unha única rede de autoestradas de peaxe de alta velocidade establecida no 1957 conecta as principais cidades do país,[188] con peaxes operadas por empresas privadas.[189]
Dende a privatización do sistema ferroviario do país no ano 1987, existen ducias de empresas que compiten no mercado de transporte de pasaxeiros rexional e local. As principais destas compañías son varias do Japan Railways Group, Kintetsu Corporation, Seibu Railway e Keio Corporation. O país conta cunhas 250 liñas de trens Shinkansen de alta velocidade que conectan as principais cidades do país, trens que contan cunha reputación de gran puntualidade e seguridade.[190][191]Chuo Shinkansen (中央新幹線?), unha liña de tren maglev en construción entre Toquio e Nagoya con plans de expansión ata Osaca, terá unha duración de viaxe estimada de 40 minutos entre Toquio e Nagoya e 67 minutos entre Toquio e Osaca, cunha velocidade máxima de 505 km/h.[192]
A poboación do Xapón está estimada nuns 127 millóns de persoas,[114] o 80% deles vivindo na illa Honshū. A sociedade xaponesa é culturalmente homoxénea,[197] composta por un 98,5% de etnia xaponesa,[114] con pequenas poboacións de estranxeiros.[197] A poboación de orixe coreana,[198]chinesa, filipina, brasileira (maioritariamente de ascendencia xaponesa),[199] e peruana (de ascendencia xaponesa) conforman os poucos grupos étnicos minoritarios existentes no país.[200] No ano 2003 había uns 134 700 occidentais non latinoamericanos e uns 345 500 expatriados latinoamericanos, dos que uns 274 700 eran brasileiros,[199] formando a maior comunidade de estranxeiros no país.[201]
O grupo nativo dominante é o pobo Yamato, mentres que os grupos minoritarios da rexión inclúen o pobo ainu[202] e o pobo ryukyu, así como grupos sociais minoritarios como os burakumin.[203] Tamén existen persoas con devanceiros mixtos incorporados ós Yamato, como por exemplo os procedentes das Illas Bonin.[204] No 2014 os traballadores estranxeiros non nacionalizados ocupaban só o 1,5% da poboación total do país.[205] O Xapón considérase un país etnicamente homoxéneo, e non hai unha estatística oficial do estado no que respecta á etnicidade, malia que existen estudos que describen o país como unha sociedade multi-étnica.[206] Gran parte dos xaponeses ven o Xapón como unha sociedade monocultural, incluíndo representantes do goberno con diversas declaracións públicas neste respecto que recibiron críticas de membros das diversas minorías étnicas como os ainu.[207]
Xapón ten a segunda maior esperanza de vida do mundo, acadando os 83,5 anos para os nados entre 2010 e 2015, e a terceira menor mortalidade infantil do mundo.[208][209][210] A poboación xaponesa sofre dende finais do século XX e comezos do XXI un rápido envellecemento debido ao baby boom trala segunda guerra mundial sucedido por unha forte diminución na taxa de natalidade en anos posteriores. No 2012 aproximadamente o 24,1% da poboación tiña máis de 65 anos de idade, cunha proxección de que esta proporción chegue a case o 40% arredor do ano 2050.[211]
Estes cambios na estrutura demográfica do país provocan unha serie de problemas sociais, particularmente un potencial declive na poboación traballadora e un aumento do custo dos beneficios sociais como o plan de pensións público.[212] Ademais, os matrimonios e as persoas que non teñen fillos aumentaron considerablemente nos últimos anos.[213] Segundo datos do 2011, a poboación do Xapón diminuíra por quinto ano consecutivo, baixando nunhas 204 000 persoas ata acadar os 126,24 millóns de habitantes. Este foi o maior declive de poboación do país dende o ano 1947, o primeiro no que se tomaron datos de poboación comparables.[214] O terremoto e tsunami de Sendai de 2011 foi outro factor neste declive da poboación, causando unhas 16 000 mortes e 2 600 desaparicións a data de 2014.[215] Outro dos problemas demográficos do país é o seu alto índice de suicidios,[216][217] que no ano 2009 excederon os 30 000 por duodécimo ano consecutivo.[218] O suicidio é a primeira causa de falecemento no país para persoas de menos de 30 anos de idade.[219]
Diversas estimacións indican que a poboación do país vai diminuír ata un número de entre 95 e 100 millóns de habitantes cara ao ano 2050,[220][221] polo que os investigadores e o goberno do país están a estudar posibles solucións a este problema.[213] A inmigración e as axudas á natalidade adoitan suxerirse como posibles solucións para conseguir traballadores novos que poidan soportar economicamente a poboación cada vez máis avellentada do país.[222][223] O Xapón acepta un número estable de 15 000 cidadáns por nacionalización (帰化 (naturalización?)) ao ano,[224] pero segundo un informe de ACNUR no 2012 Xapón só aceptou 18 refuxiados dos máis de 2000 que solicitaron asilo no país.[225]
O taoísmo e o confucianismo dende a China son as principais influencias das crenzas e costumes relixiosos xaponeses.[227] O país ten liberdade relixiosa de acordo co Artigo 20 da súa constitución.[228][229] Segundo diversas estimacións entre o 84% e o 96% da poboación xaponesa subscribe o budismo ou Shinto, incluíndo un gran número de seguidores dun sincretismo das dúas relixións.[114][230] Estas estimacións están baseadas nas afiliacións individuais ós diversos templos, polo que outros estudos suxeriron que só o 30% da poboación se identifica realmente como pertencente a unha relixión.[231] Segundo Edwin Reischauer e Marius Jansen, a finais do século XX entre o 70 e o 80% dos xaponeses non se consideraban crentes de ningunha relixión.[232] Menos do 1% dos xaponeses son cristiáns,[233] e outras relixións minoritarias inclúen o islamismo, o hinduísmo, o sikhismo e o xudaísmo xunto a numerosas novas relixións xurdidas no país dende mediados do século XIX.[234] Malia todo, o nivel de participación en determinados eventos relixiosos é xeralmente alto, especialmente durante os diversos festivais xaponeses como o Hatsumōde ou o Aninovo Xaponés, e as rúas das cidades adoitan decorarse nas datas do Tanabata, Obon e polo Nadal.[235]
Máis do 99% da poboación do Xapón fala xaponés como a súa primeira lingua.[114] A lingua xaponesa é unha lingua aglutinante que se distingue por un sistema de honoríficos que reflicten a natureza xerárquica da sociedade xaponesa, con formas verbais e vocabulario particular que indican o status relativo do falante e do oínte.[236] A escrita xaponesa emprega caracteres kanji e dous conxuntos de silabarioskana, así como o alfabeto latino e o sistema de numeración árabe.[237]
As escolas de primaria, secundaria e as universidades foron introducidas no Xapón en 1872 como resultado da Restauración Meiji.[241] Dende o ano 1947 a educación obrigatoria inclúe a educación primaria e a secundaria, que no seu conxunto duran un total de nove anos, dende os 6 ata os 15 anos de idade. Case tódolos mozos continúan a súa educación nun instituto sénior durante tres anos. Segundo o Ministerio de Educación do país, no 2005 ao redor do 75,9% dos graduados de instituto asistiron posteriormente a unha universidade, colexio maior, escola de negocios ou outras institucións educativas semellantes.[242] As dúas universidades mellor valoradas do Xapón son a Universidade de Toquio e a Universidade de Kyoto.[243][244] O "Programa para a Avaliación de Estudantes Internacionais" coordinado pola OCDE valorou o conxunto do coñecemento xeral e capacidades dos estudantes xaponeses de 15 anos de idade como o sexto mellor do mundo.[245]
Saúde
No Xapón o goberno nacional xunto ós locais fornecen un sistema de saúde. O pago de servizos médicos persoais ofrécese a través dun sistema de seguros de saúde universais que proporcionan unha relativa igualdade de acceso, con tarifas definidas por un comité gobernamental, e os cidadáns que non posúen un seguro por medio dun emprego poden participar nun programa nacional de seguros de saúde administrado polos gobernos locais. Dende o ano 1973 tódolos anciáns están cubertos por un sistema de seguros fornecido polo goberno,[246] e tódolos pacientes poden escoller médicos e centros de saúde para os seus tratamentos médicos.[247]
Crime e seguridade
A taxa de crime no Xapón atópase entre as máis baixas dos países desenvolvidos.[248] No ano 2010 os corpos de seguridade do estado contaban cun persoal de máis de 290 000 membros nas forzas da Axencia Nacional de Policía e máis de 280 000 no corpo da Policía Prefectural,[249] e no 2013 o país rexistrou unha diminución na súa taxa de criminalidade por undécimo ano consecutivo, acadando un mínimo histórico dende a metade do século XX.[250] A posesión de armas está prohibida no país para o público xeral, os rifles de caza e espadas cerimoniais deben rexistrarse na policía e a manufactura e venda de armas está regulada por lei.[251] A Yakuza é a mafia organizada orixinaria do país, cun total estimado de 58 000 membros no país no ano 2014, número que se foi reducindo dende a última década do século XX trala aprobación de diversas leis específicas promulgadas no país contra este tipo de organizacións.[252][253]
Os templos do Santuario de Ise están considerados como o prototipo da arquitectura xaponesa.[257][258] Construídas na súa maioría con madeira, as casas tradicionais e moitos templos usan tatamis e portas corredías que separan as habitacións e os espazos interiores dos exteriores.[259] A escultura xaponesa, principalmente en madeira, e a pintura xaponesa están entre as artes xaponesas máis antigas, con rexistros das primeiras pinturas figurativas que datan do 300 a. C. A historia da pintura xaponesa é un reflexo da síntese e competición entre a estética tradicional xaponesa e a adaptación de ideas importadas doutras culturas.[260]
A interacción entre a arte xaponesa e a europea foi significativa durante a historia moderna. Como exemplo, os gravados ukiyo-e, que comezaron a exportarse no século XIX durante o movemento coñecido como Xaponismo, foron unha influencia importante no desenvolvemento da arte moderna occidental, particularmente no post-impresionismo.[260] Algúns dos artistas de ukiyo-e máis famosos foron Hiroshige e Hokusai, quen acuñou o termo manga[261] co que se coñece a banda deseñada xaponesa que se desenvolveu no século XX e acadou unha gran popularidade en todo o mundo.[262] O cine de animación xaponés, coñecido como anime, tamén se fixo moi popular a finais do século XX,[263] e os videoxogos xaponeses son uns dos máis populares dende a década de 1980.[264]
Xapón é o maior mercado para a música física do mundo, cun volume de vendas de 2000 millóns de dólares no ano 2014, e o segundo mercado global de música, cun valor total de vendas de 2600 millóns de dólares no 2014.[271] Este mercado está dominado por artistas xaponeses, abarcando 37 dos 50 álbums[272] e 49 dos 50 sinxelos máis vendidos no país durante o ano 2014.[273] A música local é habitual nos múltiples locais de karaoke do país, nos que os propios selos discográficos teñen participación.[274] A música xaponesa tradicional diferénciase da occidental en que adoita estar baseada en intervalos de respiración humana no lugar de usar unha notación matemática.[275] A música folclórica xaponesa coñécese co nome de Min'yō, na que os cantantes adoitan ir acompañados de laúdes de tres cordas coñecidos como shamisen, así como de tamborestaiko e dunha frauta de bambú chamada shakuhachi.[276]
Gastronomía
A gastronomía xaponesa baséase na combinación de alimentos básicos, tipicamente arroz ou fideos, cunha sopa ou ramen e pratos de peixe, vexetais, tofu e outros alimentos semellantes, para engadir sabor ao alimento básico. A comezos da época moderna introducíronse novos ingredientes non empregados previamente, como por exemplo as carnes vermellas.[277] A cociña xaponesa é coñecida pola súa énfase nos alimentos de temporada,[278] na calidade dos ingredientes e na presentación.[279] A gastronomía xaponesa tamén presenta un amplo conxunto de especialidades rexionais que se basean en receitas tradicionais e ingredientes locais.[279] O peixe é un elemento común, servido en moitas ocasións cru en forma de sashimi ou suxi, e o marisco e vexetais adoitan fretirse cun lixeiro rebozado en forma de tempura.[280] No 2010 a Guía Michelin outorgou a restaurantes do Xapón tantas estrelas Michelin coma ao resto de restaurantes do mundo xuntos.[281]
↑Paul, T. V.; Wirtz, James J.; Fortmann, Michel (2005). Balance of Power. State University of New York Press. p. 59. ISBN0-7914-6401-6.
↑Baron, Joshua (22 de xaneiro de 2014). Great Power Peace and American Primacy: The Origins and Future of a New International Order. Palgrave Macmillan. ISBN1-137-29948-7.
↑"Global Peace Index 2015"(PDF). Institute for Economics and Peace. 2015. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 06 de outubro de 2015. Consultado o 5 de outubro de 2015.
↑De Bary, William Theodore (2008). Sources of East Asian Tradition: The modern period, Volume 2. Columbia University Press. pp. 295, 343, 352. ISBN9780231143233.
↑Piggott, Joan R. (1997). The emergence of Japanese kingship. Stanford University Press. pp. 143–144. ISBN0-8047-2832-1.
↑Takashi, Okazaki; Goodwin, Janet (1993). "Japan and the continent". The Cambridge history of Japan, Volume 1: Ancient Japan. Cambridge: Cambridge University Press. p. 275. ISBN0-521-22352-0.
↑Toby, Ronald P. (1977). "Reopening the Question of Sakoku: Diplomacy in the Legitimation of the Tokugawa Bakufu". Journal of Japanese Studies3 (2): 323–363. doi:10.2307/132115.
↑Matsusaka, Y. Tak (2009). "The Japanese Empire". En Tsutsui, William M. Companion to Japanese History. Blackwell. pp. 224–241. ISBN978-1-4051-1690-9.
↑Hiroshi, Shimizu; Hitoshi, Hirakawa (1999). Japan and Singapore in the world economy : Japan's economic advance into Singapore, 1870–1965. Routledge. p. 17. ISBN978-0-415-19236-1.
↑Worth, Roland H., Jr. (1995). No Choice But War: the United States Embargo Against Japan and the Eruption of War in the Pacific. McFarland. pp. 56, 86. ISBN0-7864-0141-9.
↑Kanamori, Shigenari (1 de xaneiro de 1999). "German influences on Japanese Pre-War Constitution and Civil Code". European Journal of Law and Economics7 (1): 93–95. doi:10.1023/A:1008688209052.
↑"Japan". US Department of State. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
↑"World Population Prospects". United Nations Department of Economic and Social Affairs. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2007.
↑Barnes, Gina L. (2003). "Origins of the Japanese Islands"(PDF). Universidade de Durham. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 28 de abril de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2009.
↑James, C.D. (2002). "The 1923 Tokyo Earthquake and Fire"(PDF). Universidade de California, Berkeley. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
↑"The Wildlife in Japan"(PDF). Ministerio de Medio Ambiente do Xapón. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 23 de marzo de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2011.
↑日本の大気汚染の歴史(en xaponés). Environmental Restoration and Conservation Agency. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2014.
↑Ryan, Liam (1 de xaneiro de 2000). "The "Asian economic miracle" unmasked: The political economy of the reality". International Journal of Social Economics27 (7–10): 802–815. doi:10.1108/03068290010335235.
↑Masake, Hisane (2 de marzo de 2006). "A farewell to zero". Asia Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2006. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
↑Sugden, Roger; Hartung Cheng, Rita; Meadows, G. Richard, eds. (2003). Urban and Regional Prosperity in a Globalised New Economy. Edward Elgar Publishing. pp. 48–49. ISBN9781781951217.
↑"Japan 500 2007". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2011.
↑"Market Data". New York Stock Exchange. 31 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2007.
↑"Japan". U.S. Department of State. Consultado o 15 de marzo de 2011.
↑Lipscy, Phillip Y.; Schipper, Lee (2013). "Energy efficiency in the Japanese transport sector". Energy Policy56: 248–258. doi:10.1016/j.enpol.2012.12.045.
↑Kyodo News (2 de xuño de 2011). "JR Tokai to list sites for maglev stations in June". The Japan Times. p. 9.
↑"Year to Date Passenger Traffic". Airports Council International. 11 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2014.
↑Ando, Albert; Moro, Andrea; Cordoba, Juan Pablo; Garland, Gonzalo (1995). "Dynamics of demographic development and its impact on personal saving: case of Japan". Ricerche Economiche49 (3): 179–205. doi:10.1016/0035-5054(95)90001-2.
↑Ashida, Tetsurō; Daigaku, Kokugakuin; Kenkyūjo, Nihon Bunka (1994). Folk beliefs in modern Japan. Contemporary papers on Japanese religion 3. Institute for Japanese Culture and Classics, Kokugakuin University. ISBN9784905853022.
↑Kaplan, Robert B.; Baldauf Jr., Richard B. "Language Planning in Japan". Language and Language-in-Education Planning in the Pacific Basin. Springer. pp. 17–29. ISBN978-94-017-0145-7.
↑Shimabukuro, Moriyo (2007). The Accentual History of the Japanese and Ryukyuan Languages: A Reconstruction. Global Oriental. ISBN9781901903638.
↑Heinrich, Patrick (2004). "Language Planning and Language Ideology in the Ryūkyū Islands". Language Policy3 (2): 153–179. doi:10.1023/B:LPOL.0000036192.53709.fc.
↑"School Education"(PDF). Ministry of Education, Culture, Sports, Science and Technology. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 02 de xaneiro de 2008. Consultado o 2 de marzo de 2014.
↑"TOP – 100". Global Universities Ranking. 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
↑Kazuo, Nishi; Kazuo, Hozumi (1995). What is Japanese Architecture?: A Survey of Traditional Japanese Architecture with a List of Sites and a Map. Kodansha. ISBN978-4-7700-1992-9.
↑ 260,0260,1Arrowsmith, Rupert Richard (2010). Modernism and the Museum: Asian, African, and Pacific Art and the London Avant-Garde. Oxford University Press. ISBN978-0-19-959369-9.
↑Bouquillard, Jocelyn; Marquet, Christophe (2007). Hokusai: First Manga Master. Nova York: Abrams. ISBN0-8109-9341-4.
↑Herman, Leonard; Horwitz, Jer; Kent, Steve; Miller, Skyler (2002). "The History of Video Games". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 1 de abril de 2007.
↑"A Day in the Life: Seasonal Foods"(PDF). The Japan Forum Newsletter. 14 de setembro de 1999. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2016.
↑ 279,0279,1Ashkenazi, Michael; Jacob, Jeanne (2000). The Essence of Japanese Cuisine: An Essay on Food and Culture. Curzon Press. ISBN978-0-7007-1085-0.
↑Nagata, Yoichi; Holway, John B. (1995). "Japanese Baseball". En Thorn, John; Palmer, Pete; Gershman, Michael. Total Baseball (4ª ed.). Viking Press. p. 547. ISBN9780670860999.
Keene, Donald (1999) [1993]. Seeds in the Heart: Japanese Literature from Earliest Times to the Late Sixteenth Century. A History of Japanese Literature (en inglés)1. Columbia University Press. ISBN978-0-231-11441-7.