A mortalidade infantil é o indicador demográfico que sinala o número de defuncións de nenos nunha poboación de cada mil nacementos vivos rexistrados, durante o primeiro ano da súa vida.[2]
As principais causas de mortalidade infantil son asfixia no nacemento, pneumonía, complicacións no parto, infección neonatal, diarrea, malaria e malnutrición.[3] Moitos factores inflúen na mortalidade infantil, como o nivel educativo da nai, as condicións sociais e a infrestrutura política e médica. A mellora da sanidade, o acceso a auga potable, a inmunización contra enfermidades infecciosas e outras medidas de saúde pública poden axudar a reducir a mortalidade infantil.