O sector terciario tamén chamado comunmente sector servizos, é aquel sector da economía formado polas actividades que non xeran ningún ben físico directamente (a diferenza do sector primario, que extrae os bens da natureza e do secundario, que transforma estes bens noutros) senón que ofrece servizos ás persoas.
Poboación ocupada nel
Nos países desenvolvidos ou nas áreas desenvolvidas o sector servizos é o máis importante e o que máis riqueza xera, ocupando tamén á meirande parte da poboación na actualidade, moitas veces máis da metade.
En cambio nos países e lugares menos desenvolvidos pode non chegar ao 5% do total da poboación activa.
Polo tanto a porcentaxe de poboación activa neste sector é un indicador do desenvolvemento da rexión a estudar.
Actividades
As principais actividades do sector terciario son:
- Actividades relacionadas coa saúde e a medicina.
- Actividades relacionadas co comercio.
- Actividades relacionadas cos seguros, aseguradoras e similares.
- Función pública, administración pública, actividades de representación política e de servizos á comunidade, como as actividades en torno á seguridade e defensa (exército, policía, protección civil, bombeiros etc.) e as actividades en torno á xustiza (xuíces, avogados, notarios etc.)
- Restaurantes, cafés, bares e outros establecementos onde se poida tomar algún tipo de alimento.
- Cine, televisión, discotecas, recreativos, radio e todo tipo de actividades relativas ao lecer, ao entretemento e á comunicación.
- Actividades relacionadas coa xestión de negocios.
- A educación.
- Transportes.
- Informática, tecnoloxía, mecánica e similares.
- Servizos postais.
- Actividades turísticas.
Véxase tamén