A mecánica[1] é a ciencia que estuda a posición que teñen os corpos, incluíndo as súas variacións, causas, aplicacións, a maneira como se produce o movemento, as súas propiedades etc.[2]
É unha parte fundamental da Física, e subdivídese en varias ramas segundo o criterio utilizado.
Etimoloxía
A palabra mecánica deriva do gregoμηχανική (mēkhanikē), que significa "relativo a un enxeño". Este termo compónse de μηχανή (mēkhanē), que se traduce como "dispositivo" ou "ferramenta", e é unha variante dórica da palabra áticaμηχανή. Deriva da raíz protoindoeuropea*magh-, que significa "poder" ou "ter poder", da que derivan outras palabras relacionadas, como máquina, mecano, mecanismo, mecanografía, mecatrónica ou maquillaxe.[3]
O adxectivo mēkhanikos, indicando algo "relacionado con máquinas", entrou no latín como mechanicus.[4]
Ao longo dos séculos, mecánico tamén adquiriu o significado de "operario que se ocupa da fabricación ou reparación de maquinaria", sendo o seu uso máis común desde finais do século XIX co auxe do automóbil.[5]
Mecánica estatística: Aplica métodos estatísticos para estudar sistemas compostos por un gran número de partículas.
Mecánica lagranxiana: Baseada no principio de mínima acción, usa coordenadas xeneralizadas para describir o movemento.
Mecánica hamiltoniana: Reformulación da mecánica clásica que utiliza funcións de enerxía (Hamiltonianas) para describir a evolución dos sistemas físicos.
Tendo en conta que moitas destas subdivisións poden solaparse entre si.
Notas
↑"mecánica". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-28.
↑"mecánica". Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Consultado o 2024-07-28.
↑"MECÁNICA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras(en castelán). Consultado o 2024-07-28.
↑En lingua latinamechanìca (sc. mechanìca ars) 'arte de construír unha máquina'. O sufixo -icus en latín é equivalente ao grego -ikos (relativo a), utilizado en palabras que denotan pertenza ou relación, tal como ocorre tamén en básico, clínico e epistémico.
↑"Mecánica clássica"(PDF). web.archive.org ; lsanz.prof.ufu.br; Alessandro Villar(en portugués). Archived from the original on 17 de outubro de 2022. Consultado o 28 de xullo de 2024.