Werner Heisenberg

Modelo:BiografíaWerner Heisenberg

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Werner Karl Heisenberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Würzburg (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Múnic (Alemaña do Oeste) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecarcinoma de células renais (pt) Traducir
cancro da vesícula biliar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof de Munique (pt) Traducir, Block 163 48°06′20″N 11°29′48″L / 48.105646, 11.496684 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic (1920–1923)
Maximiliansgymnasium München (en) Traducir (1911–1920) Editar o valor en Wikidata
Tese académicaÜber Stabilität und Turbulenz von Flüssigkeitsströmen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1923 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseArnold Sommerfeld Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leipzig
Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic (1958–1958)
Universidade de St Andrews (1955–1956)
Instituto Max-Planck de Física (pt) Traducir (1946–1970)
Projeto de energia nuclear alemão (pt) Traducir (1941–1945)
Universidade Humboldt de Berlín (1941–1941)
Universidade de Leipzig (1927–1941)
Universidade de Copenhague (1926–1927)
Universidade de Gotinga (1924–1924) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosErich Bagge (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
19275th Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoEdward Teller, Felix Bloch, Carl Friedrich von Weizsäcker, Rudolf Peierls (pt) Traducir, Friedwardt Winterberg (pt) Traducir, Hermann Arthur Jahn (pt) Traducir, Wang Foh-San (pt) Traducir, Șerban Țițeica (pt) Traducir, Richard John Eden (en) Traducir, Peter Mittelstaedt (pt) Traducir, Wilhelm Brenig (pt) Traducir, Kurt Symanzik (pt) Traducir, Bernhard Kockel (pt) Traducir, Werner Güttinger (pt) Traducir, Wilhelm Macke (pt) Traducir, Ivan Supek (pt) Traducir, Viktor Alexander Garten (en) Traducir, Fritz Kluge (en) Traducir, Gerhard Börner (en) Traducir, Hans Werner Fiedler (en) Traducir, Ludwig Bewilogua (en) Traducir, Edwin Karl Gora (en) Traducir, Detlof Julius Alexander Ponsonby Lyon (en) Traducir, Alfred Recknagel (pt) Traducir, Hildegard Geest (en) Traducir, Gerhard Martin (en) Traducir, Willem van der Grinten (en) Traducir, Horst Müller (en) Traducir, Otto Günther (en) Traducir e Hans Heinrich Euler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisabeth Heisenberg (1937–) Editar o valor en Wikidata
FillosVerena Heisenberg, Anna Maria Hirsch-Heisenberg, Wolfgang Heisenberg, Barbara Heisenberg, Jochen Heisenberg, Martin Heisenberg, Christine Mann Editar o valor en Wikidata
PaisAugust Heisenberg Editar o valor en Wikidata  e Annie Heisenberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsErwin Heisenberg Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1943-15 de outubro de 1945Operação Alsos (pt) Traducir
Operation Epsilon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гейзенберг Вернер)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX843229 Dialnet: 2131067 Musicbrainz: 0afcf108-2ad6-42f3-ae3d-68ca3e49b358 Discogs: 2915633 WikiTree: Heisenberg-2 Find a Grave: 61842518 Editar o valor en Wikidata

Werner Karl Heisenberg, nado en Würzburg, Alemaña o 5 de decembro de 1901 e finado en Múnic o 1 de febreiro de 1976, foi un físico alemán.

Traxectoria

Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

Obtén o seu doutoramento no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter unha arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

Véxase tamén

Ligazóns externas