Edward Teller |
Nome orixinal | (en) Edward (Ede) Teller (hu) Teller Ede |
---|
|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1908 Budapest (Imperio Austrohúngaro)
|
---|
Morte | 9 de setembro de 2003 (95 anos) Stanford, Estados Unidos de América |
---|
Residencia | Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Xudaísmo e Agnosticismo |
---|
Educación | Universidade de Gotinga (–1933) Universidade de Leipzig - doutoramento (–1930) Fasori Gimnázium (en) |
---|
Director de tese | Werner Heisenberg e Friedrich Hund (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Física teórica |
---|
Ocupación | científico nuclear, físico teórico, inventor, profesor universitario, escritor de non ficción, físico |
---|
Empregador | Universidade de California, Berkeley Universidade de Chicago Universidade de Gotinga |
---|
Membro de | |
---|
|
|
1939 | Proxecto Manhattan |
|
|
Doutorando | Yang Chen Ning, Lincoln Wolfenstein (pt) , Hans-Peter Dürr, Suresh V. Lawande (en) e Boris Jacobsohn (en) |
---|
|
Cónxuxe | Augusta H. Teller (1934–2000), morte do cónxuxe |
---|
Pai | Max Neufeld |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Теллер Эдвард) Obálky knih, Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.259) |
---|
|
Edward Teller, nado en Budapest o 15 de xaneiro de 1908 e finado en Stanford, Estados Unidos, o 9 de setembro de 2003, foi un físico teórico.
Traxectoria
De orixe xudía, emigrou aos Estados Unidos en 1935 fuxindo das persecucións da Alemaña de Hitler. En 1941 adoptou a nacionalidade estadounidense. Teller é especialmente recordado pola súa vinculación á fabricación da bomba de hidróxeno, polo que se lle atribúe o alcume de pai da bomba H, en contra do seu criterio, pois aludía non ter feito méritos para iso.[1]
Fixo numerosas contribucións á física nuclear e física molecular, espectroscopía (en particular, o efecto Jahn-Teller e o efecto Renner-Teller) e á física de superficies. A súa extensión da teoría de Enrico Fermi da radiación beta, na forma das transicións Gamow-Teller, proporcionou un fito na súa aplicación, mentres o efecto Jahn-Teller e a teoría Brunauer–Emmett–Teller (BET) mantiveron a súa formulación orixinal e son aínda pedras angulares en física e química. Tamén fixo contribucións á teoría de Thomas-Fermi, precursora da teoría da función densidade, ferramenta estándar na aplicación da Mecánica cuántica ó tratamento de moléculas complexas. No 1953, con Nicholas Metropolis, Arianna Rosenbluth, Marshall Rosenbluth, e Augusta Teller, foi autor dun artigo que supuxo o punto de partica para a aplicación do Método de Montecarlo na Mecánica estatística. Ó longo da súa vida, Teller foi coñecido pola súa habilidade científica e as súas dificultosas relacións interpersoais e volátil personalidade.
Foi un dos primeiros membros do Proxecto Manhattan, que promoveu,[2]encargado de desenvolver a primeira bomba atómica. Durante ese tempo, fixo asemade un grande esforzo para o desenvolvemento das armas baseadas na fusión nuclear, aínda que dito tipo de armas tivo comezo pasterior á segunda guerra mundial. Despois da súa controvertida testemuña no proceso do seu superior no laborario Nacional dos Álamos, J. Robert Oppenheimer, Teller foi illado pola maioría da comunidade científica. Seguiu tendo o apoio do goberno e estamentos de investigación militar estadounidenses, en particular pola súa defensa do desenvolvemento da enerxía nuclear, dun forte arsenal nuclear e dun programa de testado nuclear vigoroso. Foi cofundador do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (Lawrence Livermore National Laboratory, LLNL), do que foi tamén director asociado e director durante moitos anos.
Nos seus últimos anos, foi coñecido como defensor de solucións tecnolóxicas controvertidas para problemas civís e militares, incluíndo un plan para a escavación dun porto artificial en Alasca usando explosivo termonuclear (proxecto Chariot). Asemade, foi un firme defensor da Iniciativa estratéxica de defensa (SDI) de Ronald Reagan.
A súa figura pública foi sempre controvertida, tendo recibido importantes honores e sendo criticado duramente por moitos dos seus colegas.
Notas
- ↑ "I have always considered that description in poor taste." Teller & Shoolery 2001, p. 546.
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.
|
---|
Localizacións | | |
---|
Administradores | |
---|
Científicos | |
---|
Operacións | |
---|
Armas | |
---|
Temas relacionados | |
---|
Persoa do ano segundo a revista Time |
---|
| |
|
|
|
|