LibraryThing

LibraryThing
Logo
Tipositio web, catálogo de biblioteca e aplicación de catalogación social
Data de fundación29 de agosto de 2005
Fundador(es)Tim Spalding
SedePortland
Na rede
https://librarything.com/
Facebook: librarything Twitter: LThing Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado[1] que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes[2], destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a Internet de forma pública o 29 de agosto de 2005[3]. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon. Desde o ano 2009 Cambridge Information Group ten unha participación minoritaria e Booker é o distribuídor mundial dos produtos LibraryThing para as bibliotecas[4]. En xullo de 2013 tiña máis de 1 700 000 usuarios rexistrados e máis de 83 000 000 de libros catalogados[5].

Funcións

A inscrición na web é gratuíta mais só permite inserir un máximo de 200 libros, sendo preciso pagar unha cota anual ou vitalicia para engadir máis. A función máis importante de LibraryThing é a catalogación automática de libros, importándoos de bases de datos de distribuidores e bibliotecas por medio do protocolo Z39.50[6], totalizando unhas 700 fontes dispoñibles de todo o mundo, aínda que polo de agora non hai ningunha galega, que fornecen rexistros MARC e Dublin Core a LibraryThing. Tras enviar o ISBN ou algunha palabra clave como o título ou o autor e atopar o libro e a edición correcta prémese para engadilo ao catálogo do usuario. Se o libro ou a edición atopadas non están dispoñibles ou os datos non son correctos pódese engadir manualmente ou modificar o rexistro posteriormente. Tamén se poden importar libros polo ISBN ou do catálogo doutro membro.

A función "Recomendacións", aparecida en abril de 2006, fornece recomendacións de libros baseadas en nubes de etiquetas[7] cos que os usuarios poden catalogar os seus libros, e tamén amosa as recomendacións de lectura a partir dun libro ou dun autor específico.

Notas

  1. Susan L. Gibbons (2007) The Academic Library and the Net Gen Student: Making the Connections. American Library Association, páx.67
  2. Jeffries, S. (2008). Social Cataloging Tools: a Comparison and Application for Librarians, Library Hi Tech, Vol. 25, Nº 10
  3. Sterken, V. Analysis of user generated metadata in the LibraryThing folksonomy, tese de doutoramento inédita, Universidade Libre de Bruxelas, 2008. Resumo(en inglés)
  4. "CIG Makes Equity Investment in LibraryThing. Booker.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  5. Estatísticas de LibraryThing, consultado o 10 de xullo de 2013
  6. "LibraryThing". National Library of New Zealand (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2013. 
  7. Andreas W. Neumann (2009) Recommender Systems for Information Providers: Designing Customer Centric Paths to Information. Springer, páx. 41

Véxase tamén

Ligazóns externas