Proxecto Y

Proxecto Y
TipoLaboratorio
Data de fundación1 de xaneiro de 1943
EnCondado de Los Alamos
PaísEstados Unidos de América
35°52′31″N 106°17′32″O / 35.8753021, -106.2922496
editar datos en Wikidata ]
Instalacións do Laboratorio de Los Álamos en 1945

O Laboratorio de Los Álamos, coñecido co nome en código de Proxecto Y, foi un laboratorio segredo establecido polo Proxecto Manhattan e operado pola Universidade de California durante a segunda guerra mundial. A súa misión foi deseñar e construír as primeiras bombas nucleares. Robert Oppenheimer foi o seu primeiro director dende 1943 ata decembro de 1945, sucedido entón por Norris Bradbury. Para que os científicos puidesen desenvolver libremente o seu traballo ó mesmo tempo que se preservava a seguridade, o laboratorio localizouse unha parte remota de Novo México, ocupando edificios que anteriormente formaran parte da escola rural de Los Álamos.

Os traballos de desenvolvemento concentráronse inicialmente nunha arma de fisión de tipo balístico usando plutonio, denominada Thin Man. En abril de 1944 o laboratorio determinou que a taxa de fisión espontánea no plutonio reproducido nun reactor nuclear era demasiado alta por mor da presenza de plutonio-240 e provocaría unha predetonación, unha reacción nuclear en cadea antes de que o núcleo estivese ensamblado ó completo. Oppenheimer reorganizou entón o laboratorio e dirixiu un esforzo de traballo dirixido completamente a un deseño alternativo proposto por John von Neumann, unha arma nuclear de implosión denominada Fat Man. Tamén se desenvolveu unha variante do deseño balístico inicial coñecida como Little Boy utilizando uranio-235.

Os químicos do Laboratorio de Los Álamos desenvolveron métodos de purificación de uranio e plutonio, este último un metal que ata entón só existira en cantidades microscópicas. Os metalúrxicos do proxecto atoparon propiedades inesperadas neste elemento, mais foron capaces de modelalo en forma de esferas metálicas. O laboratorio construíu a "Caldeira de Auga", un reactor acuoso homoxéneo, o terceiro reactor nuclear da historia en estar operativo. Tamén se investigou o "Super", unha bomba de hidróxeno que utilizaría unha bomba de fisión para iniciar unha reacción de fusión nuclear no deuterio e tritio.

O deseño Fat Man probouse na proba Trinity en xullo de 1945. O persoal do Proxecto Y formou equipos de traballo e ensamblaxe para os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki e participaron neles como artilleiros e observadores. Trala fin da guerra o laboratorio apoiou as probas nucleares da operación Crossroads no atol Bikini. Creouse unha nova División Z para controlar as probas, almacenaxe e ensamblaxe das bombas, que se concentraron na Base Sandia. O Laboratorio de Los Álamos converteuse no Laboratorio Nacional de Los Álamos no ano 1947.

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.