Súa Santidade
Francisco, papa |
Nome orixinal | (la) Franciscus PP. |
---|
|
Nacemento | (es) Jorge Mario Bergoglio 17 de decembro de 1936 (88 anos) Flores, Arxentina |
---|
|
266º Papa |
---|
13 de marzo de 2013 – ← Bieito XVI
|
Patriarca de Occidente |
---|
13 de marzo de 2013 – ← Bieito XVI |
Cardeal presbítero San Roberto Bellarmino |
---|
21 de febreiro de 2001 – 13 de marzo de 2013 |
Bispo diocesano |
---|
30 de novembro de 1998 – 13 de marzo de 2013 ← Antonio Quarracino – Mario Aurelio Poli → |
Arcebispo de Buenos Aires |
---|
28 de febreiro de 1998 – 13 de marzo de 2013 ← Antonio Quarracino – Mario Aurelio Poli → |
Arcebispo coadxutor |
---|
3 de xuño de 1997 – 28 de febreiro de 1998 |
Bispo titular |
---|
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997 ← Theodor Hubrich – Mieczysław Cisło → |
Bispo auxiliar |
---|
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997 |
Provincial dos xesuítas da Arxentina e o Uruguai Provincia xesuíta Arxentino-Uruguaia |
---|
1973 – 1979 |
|
|
Residencia | Palacio Vaticano Cidade do Vaticano Domus Sanctae Marthae Buenos Aires |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | Facultades de Filosofía e Teoloxía de San Miguel |
---|
|
Campo de traballo | Literatura cristiá, Ministerio petrino e educación cristiá |
---|
Lugar de traballo | Buenos Aires Roma Cidade do Vaticano |
---|
Ocupación | bispo católico (1992–), bispo católico latino (1992–), Sacerdote católico de rito romano (1969–), confesor, pastor, predicador, escritor, teólogo, químico, político |
---|
Profesores | Carlos Aldunate Lyon |
---|
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
---|
Consagración | Antonio Quarracino |
---|
|
|
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
abril de 2005 | conclave de 2005 |
|
|
Obras destacables |
|
Pais | Mario José Bergoglio e Regina María Sívori |
---|
|
|
21 de febreiro de 2001 | proclamación cardenalicia, per Xoán Paulo II, papa |
27 de xuño de 1992 | consagración (Catedral metropolitana de Buenos Aires), per Antonio Quarracino |
13 de decembro de 1969 | ordenación sacerdotal no rito latino, per Ramón José Castellano
|
|
|
|
Sinatura |
|
|
(la) Miserando atque eligendo |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Treccani's Enciclopedia on line (en) >>>:Francesco, papa, lang: lingua italiana |
---|
|
Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.
Traxectoria
Jorge Bergoglio naceu no seo dunha familia de orixe italiana, tanto pola parte do pai, Mario José Bergoglio, como da nai, Regina María Sivori. Ten catro irmáns.
Na Universidade de Buenos Aires licenciouse en Enxeñaría química, e posteriormente ingresou no seminario en Villa Devoto.[1] En marzo de 1958 ingresou no noviciado da Compañía de Xesús (xesuítas). En 1963 estudou humanidades en Chile, e retornou posteriormente a Buenos Aires. Entre 1964 e 1965, Bergoglio foi profesor de literatura e psicoloxía no colexio Inmaculada Concepción de Santa Fe, e en 1966 ensinou as mesmas materias no colexio do Salvador de Buenos Aires, que agora é a Universidade do Salvador.[2]
De 1967 a 1970 estudou teoloxía na Universidade de Buenos Aires, onde progresou primeiro a profesor axudante e finalmente a profesor titular de teoloxía. Recibiu a ordenación sacerdotal o día 13 de decembro de 1969 de man do daquela arcebispo porteño Ramón José Castellano. Foi rapidamente promovido polos xesuítas. En 1973 foi nomeado provincial dos xesuítas para Arxentina, cargo que ocupou ata 1979. De 1980 a 1986 foi director do seminario de San Miguel. Proseguiu os seus estudos en Alemaña e regresou a Arxentina para ser confesor e guía espiritual na cidade de Córdoba. O 27 de xuño de 1992 foi designado bispo auxiliar de Buenos Aires (co título formal de bispo de Auca), consagrado polo daquela arcebispo Antonio Quarracino. Substituíu a Quarracino como arcebispo e primado da Arxentina o 28 de febreiro de 1998.
Entre outros cargos, formou parte da Comisión para América Latina, a Congregación para o Clero, o Consello Pontificio para a Familia, a Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, o Consello Ordinario da Secretaría Xeral para o Sínodo dos Bispos e a Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, así como da Conferencia Episcopal Arxentina, que chegou a presidir en dúas ocasións, e do Consello Episcopal Latinoamericanu (CELAM).
Foi creado cardeal no consistorio de 21 de febreiro de 2001, presidido por Xoán Paulo II, e recibiu o título de cardeal-presbítero de San Roberto Belarmino. Catro anos máis tarde participou no conclave celebrado logo do falecemento de Xoán Paulo II, no que foi elixido papa Bieito XVI; malia ser unha elección segreda, segundo os xornalistas Lucio Brunelli e Marco Tosatti (as versións dos dous xornalistas difiren en varios aspectos, mais coinciden neste) tería sido un dos candidatos a papa que supostamente obtivera un maior número de votos, só superado polo cardeal Ratzinger.[3][4][5]
Tivo un especial protagonismo na redacción do Documento de Aparecida que contiña a visión da Igrexa da V Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano e do Caribe que tivo lugar entre os días 13 e 31 de maio de 2007. Neste documento houbo unha aproximación á teoloxía da liberación.[6]
Pontificado
Logo da renuncia de Bieito XVI, foi elixido papa o 13 de marzo en Roma, despois de tres votacións.
Foi o primeiro papa nacido en América, e o primeiro non europeo en 1200 anos, logo de Gregorio III, que nacera en Siria.[7] Ademais é o primeiro xesuíta, e o primeiro en escoller o nome de Francisco, en homenaxe precisamente ao cofundador da orde dos xesuítas Francisco Xabier[Cómpre referencia], así como a San Francisco de Asís.
O 6 de abril fixo o seu primeiro nomeamento dentro da Curia Romana ao encargar ao freire franciscano galego Xosé Rodríguez Carballo o posto de secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.
En xullo de 2013 publica a súa primeira encíclica Lumen Fidei, na que aborda o que considera a íntima relación entre Fe e Razón e Fe e amor; nela defende, así mesmo, que a fe cristiá ha de ser contraria á intransixencia e estímulo de loita pola xustiza e a paz.
A finais dese mesmo mes viaxou ao Brasil con motivo da Xornada Mundial da Xuventude en Río de Janeiro. Nela defendeu unha visión humanista da economía, esixiu aos gobernantes a erradicación da pobreza e defendeu un Estado laico como marco de diálogo e encontro entre as distintas confesións e sensibilidades.[8] Seguindo unha liña de xestos de austeridade, rexeitou o tradicional papamóbil blindado e elixiu un Fiat Idea e unha escolta reducida, defendeu políticas de inclusión fronte ao que denominou "cultura do descarte" e igualdade de oportunidades para todos.[9] Así mesmo, avalou a loita dos indignados e animou aos mozos a protestar contra a corrupción.[10]
No 2015 publicou a encíclica Laudato Si'.
Entre as súas accións de achegamento da Igrexa á xente conta en 2019 a rehabilitación de Ernesto Cardenal[11] ou o aliñamento con Pedro Casaldáliga.
Polémicas
Posición ante a ditadura militar arxentina
Durante parte da ditadura militar arxentina, Bergoglio ocupou o posto de provincial dos xesuítas, pero non sería ata dez anos despois da caída da ditadura cando foi nomeado bispo auxiliar. Porén, algunhas pescudas xornalísticas acúsano de non opoñerse á ditadura. Por exemplo, foi acusado polo xornalista Horacio Verbitsky de non tramitar con dilixencia o traslado de dous sacerdotes xesuítas, Francisco Jalics e Orlando Yorio, que posteriormente foron torturados. En relación a este caso, Jorge Bergoglio declarou como testemuña no xuízo por crimes de lesa humanidade cometidos na Escuela Superior de Mecánica de la Armada, o maior centro clandestino de detencións e torturas durante o réxime militar. Bergoglio contou na súa obra El jesuita que se reunira en dúas ocasións cos militares Jorge Videla e Emilio Massera para interceder polos sacerdotes presos.[12][13][14] Tamén foi chamado a declarar como testemuña, a petición da Fiscalía e da asociación das Nais de Praza de Maio, en relación coa apropiación por parte dos militares dos bebés nados en cativerio durante a ditadura. O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel sinalou que o daquela sacerdote Bergoglio non tivera relación coa ditadura.[15]
Matrimonio homosexual
En sintonía co posicionamento da Igrexa Católica, o bispo Bergoglio posicionárase contra o aborto, a eutanasia e o matrimonio homosexual. O bispo Bergoglio cualificou o proxecto lexislativo de legalización da unión entre persoas do mesmo sexo como a pretensión destrutiva do plan de Deus, chamando a unha guerra de Deus contra o proxecto, tamén cualificado coma movida do Diaño.[16]
Nunha entrevista no voo de regreso da súa primeira viaxe como Papa, declarou que el non era ninguén para xulgar os homosexuais.[17]
Vida persoal
Ademais do seu castelán materno, fala italiano e alemán con fluidez.[18]
De neno extirpáronlle un pulmón a causa dunha enfermidade infecciosa.[19]
| | | | | | | | | | | | | | | | |
| 16. José Bergoglio |
|
| | | | |
| 8. Francisco Bergoglio | |
|
| | | | | | | |
| 17. María Giacchino |
|
| | | | |
| 4. Juan Ángel Bergoglio | |
|
| | | | | | | | | | |
| 18. |
|
| | | | |
| 9. María Teresa Bugnano | |
|
| | | | | | | |
| 19. |
|
| | | | |
| 2. Mario José Bergoglio | |
|
| | | | | | | | | | | | | |
| 20. César Vasallo |
|
| | | | |
| 10. Pedro Vasallo | |
|
| | | | | | | |
| 21. María Sugliano |
|
| | | | |
| 5. Rosa Margarita Vasallo | |
|
| | | | | | | | | | |
| 22. José Crema |
|
| | | | |
| 11. Ángela Crema | |
|
| | | | | | | |
| 23. Ángela María Marchisio |
|
| | | | |
| 1. Jorge Mario Bergoglio | |
|
| | | | | | | | | | | | | | | | |
| 24. Antonio Sívori |
|
| | | | |
| 12. Vicente Jerónimo Sívori | |
|
| | | | | | | |
| 25. Catalina Daneri |
|
| | | | |
| 6. Francisco Sívori | |
|
| | | | | | | | | | |
| 26. José Sturla |
|
| | | | |
| 13. Catalina Sturla | |
|
| | | | | | | |
| 27. Magdalena Pinasco |
|
| | | | |
| 3. Regina María Sívori | |
|
| | | | | | | | | | | | | |
| 28. Jaime Gogna |
|
| | | | |
| 14. Pedro Juan Gogna | |
|
| | | | | | | |
| 29. |
|
| | | | |
| 7. María Gogna | |
|
| | | | | | | | | | |
| 30. Juan Demergazzo |
|
| | | | |
| 15. Regina Demergazzo | |
|
| | | | | | | |
| 31. María |
|
| | | | |
Notas
- ↑ Rocca, Francis X. (13 de marzo de 2013). "Cardinal Jorge Bergoglio: a profile". Catholic Herald. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 13/03/2013.
- ↑ "Pope Francis I: Cardinal Jorge Mario Bergoglio named new Pope". Baltimore News Journal. 13 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2013.
- ↑ Brunelli, Lucio (20 de setembro de 2005). "Così eleggemmo papa Ratzinger". Limes. Rivista italiana di geopolitica (en italiano) (4): 291–300.
- ↑ "¿Cuántos votos obtuvo Ratzinger en la primera votación?". eldiario.es. 13 de marzo de 2013.
- ↑ Tosatti, Marco (1 de marzo de 2013). "¿Qué sucedió realmente durante el Cónclave de 2005?". La Stampa (en castelán). Consultado o 31/12/2020.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ Fisher, Max (13 de marzo de 2013). "Sorry, Jorge Mario Bergoglio is not the first non-European pope". The Washington Post.
- ↑ Ordaz, Pablo (2013-07-27). "El papa Francisco defiende la “laicidad del Estado”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ Ordaz, Pablo; Arias, Juan (2013-07-22). "El Papa lanza la cruzada por la igualdad". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ Ordaz, Pablo (2013-07-25). "El Papa avala la lucha de los indignados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ Redacción (18 de febreiro de 2019). "El papa Francisco rehabilita al cura Ernesto Cardenal, suspendido por apoyar la teología de la liberación en Nicaragua". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ [1] Arquivado 01 de xullo de 2013 en Archive.is, Zoom News, 15/3/13.
- ↑ Bergoglio, un Papa a la sombra de la dictadura argentina, Público, 14/3/2013
- ↑ El nuevo Papa acusado de haber estado implicado en la detención de dos sacerdotes por la dictadura militar en Argentina, Red Voltaire, 14/3/2013.
- ↑ 'Perez Esquivel: "Bergoglio no tenía vínculo con la dictadura"', Clarín, 14/3/2013.
- ↑ Bergoglio dice que la boda gay "es la pretensión destructiva del plan de Dios" Arquivado 16 de marzo de 2013 en Wayback Machine., La Nación, 8/7/2010.
- ↑ “¿Quién soy yo para juzgar a los gais?”[2]El País, 29/7/2013
- ↑ "Pope Francis: 13 key facts about the new pontiff". The Guardian. 13 de marzo de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2013.
- ↑ "New Pope, Francis, Known As Humble Man With A Focus On Social Outreach". CBS Local Media. 13 de marzo de 2013.
- ↑ "APELLIDOS ITALIANOS - Papa Francisco". www.apellidositalianos.com.ar. Consultado o 2023-06-26.
Persoa do ano segundo a revista Time |
---|
| |
|
|
|
|
|
---|
1950–1970 | |
---|
1971–1990 | |
---|
1991–2010 | |
---|
2011– | |
---|