Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Zósimo.
Zósimo é o 41º papa (de 417 a 418).
Traxectoria
Sábese pouco sobre a súa vida se non é que é grego, que o seu pai se chamaría Abram e que a súa familia sería de orixe xudía, convertida ao cristianismo.
O pontificado deste papa foi breve, accidentado e marcado por dificultades e contratempos. Foi elixido o 18 de marzo do 417. Houbo dous acontecementos importantes durante o seu goberno. O primeiro é que nomeou a Patroclo como bispo metropolitano de Arlés en contra da opinión de todos os bispos da rexión. O segundo foi que Paio e Celestio, condenados por dous concilios polas súas herexías, apelaron a Zósimo, quen os absolveu. Estes xa foran condenados polo papa anterior, Inocencio I. Parece ser que Zósimo se mostraba demasiado compracente, quizais por ser moi impulsivo nas súas decisións.
Quedan de santo Zósimo trece cartas, escritas con moito vigor e autoridade. Os antigos gabaron moito a constitución de Zósimo contra Paio, da cal non seguimos tendo máis que algúns fragmentos; é coñecida baixo o nome de Tractoria Zosimi, nome xenérico dado ás cartas e decretos levados nas provincias polos correos públicos e que algunhas críticas cren que debía chamarse Tractatoria.
Véxase tamén
Ligazóns externas