Saul PerlmutterSaul Perlmutter, nado en Champaign-Urbana (Illinois) o 22 de setembro de 1959, é un astrofísico estadounidense do Laboratorio Nacional de Lawrence Berkeley, é profesor de física na Universidade de California, en Berkeley. Membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias foi elixido en 2003 a través da asociación americana para o avance científico. Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, imparte clases na Universidade de California. Perlmutter compartiu en 2006 o premio Shaw en Astronomía e o Premio Nobel de Física 2011 con Adam Riess e Brian Schmidt por proporcionar probas sobre a aceleración da expansión do universo. FormaciónPerlmutter graduouse na Universidade Harvard en 1981 magna cum laude. Doutorouse en Ciencias Físicas en Berkeley en 1986. A tese de Perlmutter tratou da hipótese sobre a existencia da estrela Némese, dirixido por Richard A. Muller. Actividades científicasPerlmutter liderou o Proxecto Supernova Cosmology no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Foron xunto co equipo de investigación High-Z Supernova quen acharon evidencias de que a expansión do universo está a acelerarse en base á observación das estrelas supernova de clase Ia do universo profundo. As supernovas clase Ia fórmanse a partir de estrelas ananas brancas que incrementan a súa masa a partir dunha compañeira coa que forman un sistema binario ou múltiple, de tal forma que o incremento da masa, crea unha situación crítica máis alá do límite de Chandrasekhar, producindo unha inestabilidade e explotando. Crese en xeral que as supernovas clase Ia teñen esencialmente unha mesma intensidade enerxética e lumínica, e pode asumirse que en todos os casos ven a ser practicamente o mesmo, polo que se ten calibrado unha medida estándar da luminosidade intrínseca. Realizando medicións de magnitude aparente pode inferirse no coñecemento da distancia á que se acha a estrela, podéndose comparar co corremento a vermello do espectro é posible coñecer ademais a velocidade da supernova. O proxecto Supernova Cosmology, concluíu do mesmo xeito que os seus competidores, en que as distantes supernovas ían máis atrasadas no seu movemento que a propia expansión do universo, en consecuencia, esta estase acelerando desde hai miles de millóns de anos, desde canto sucedeu o evento supernova. Esta conclusión está a ser apoiada por outras liñas de investigación. Perlmutter tamén lidera as investigacións no proxecto Supernova/Probas de aceleración, onde están a colaborar na construción dun satélite dedicado a localizar e estudar máis estrelas supernovas a gran distancia. Desa maneira poderán construír unha teoría máis consolidada acerca da aceleración na expansión do universo. Tamén é partícipe do programa Berkeley de medición da Temperatura da Superficie da Terra, que axudará a comprender o recente quecemento global a través da realización de análise de datos climáticos. Premios![]()
Notas
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas |