Severity: Notice
Message: Undefined offset: 1
Filename: infosekolah/leftmenudasboard.php
Line Number: 33
Line Number: 34
Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York e finado o 30 de setembro de 2014, é un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.
Os seus pais foron inmigrantes xudeus aos Estados Unidos desde unha zona polonesa de Rusia. Perl graduouse en 1948 no Instituto Politécnico de Brooklyn (agora coñecido como Polytechnic University) en Brooklyn, e recibiu o seu Ph.D. da Universidade de Columbia en 1955. Pasou a súa carreira na Universidade de Míchigan e no Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).