A prefectura de Wakayama (和歌山県, わかやまけん, Wakayama-ken) é unha prefectura do Xapón, situada no sur da rexión de Kinki, na península de Kii, e na parte centro da illa de Honshu. A súa capital é Wakayama-shi. A prefectura cobre 4.726,29 km² de superficie e habítana 1.009.963 persoas.
A prefectura de Wakayama fai fronteira coas prefecturas de Osaca, Nara e Mie. Antes da Revolución Meiji coñecíase como a maior parte da provincia de Quii (紀伊国).