Cockburn Town atópase na illa máis grande do arquipélago das Illas Turks, Gran Turca. A arquitectura histórica das Bermudas dos séculos XVII e XIX atópase nas principais rúas da cidade. A cidade é coñecida polas súas longas e estreitas rúas e farolas antigas.
O ancoradoiro máis próximo a Cockburn Town é o de Hawk Nest Anchorage, que, aínda que protexido, só debe utilizarse con boa luz por mor do arrecife preto da entrada.
Historia
É a sede do goberno desde que en 1766, Cockburn Town foi o primeiro asentamento permanente das illas, fundada en 1681 polos comerciantes de sal que chegaron ás Illas Turks e Caicos. A cidade supostamente atópase no lugar no que Juan Ponce de León chegou por primeira vez á illa.
Visitas principais
Museo Nacional
Cockburn Town é a sede do Museo Nacional de Turks e Caicos, que se atopa no edificio da época colonial Guinep House, na rúa Front. A casa crese que ten máis de 180 anos e gran parte do material da súa estrutura viñeron de naufraxios locais, incluíndo o mastro dun barco, que é un dos principais soportes do edificio. O sitio foi doado ao Museo en 1990.[1]
Entre as coleccións do Museo Nacional hai unha exposición de naufraxios, incluíndo o naufraxio europeo coñecido máis antigo das Américas, o Molasses Reef Wreck, datado en 1505.[2]
Outro exhibicións mostran a historia dos Lucaians, a Carreira espacial, selos das Illas Turks e Caicos, a escravitude e a historia do comercio de escravos, o sisal e da industria do sal, acontecementos reais, así como unha historia xeral das illas. O museo tamén mantén un xardín, que se atopa xunto á Casa Guinep.[3]
Tamén son de interese os proxectos de investigación do museo, incluíndo o seu Proxecto Mensaxe nunha Botella, lembranza de case 40 anos de mensaxes que chegaron as costas de Gran Turca.[4]