Un arrecife[1] ou escollo[2] é unha rocha, baixío, ou calquera outro elemento que xace 6 brazas (aprox. 11 metros) ou menos baixo a superficie da auga durante marea baixa. Moitos arrecifes son o resultado de procesos abióticos, deposición de area, erosión de ondas planeando afloramentos rochosos, e outros procesos naturais, mais os arrecifes máis coñecidos son probablemente os arrecifes de coral formados en procesos bióticos dominados por corais e algascalcáreas.
Arrecifes artificiais, tales como pecios, créanse en certas ocasións para mellorar a complexidade física en fondos areosos sen relevo, co fin de atraer un conxunto de organismos máis diverso, especialmente peixes.
O sistema de arrecifes de coral máis grande da Terra é a Gran Barreira de Coral en Australia, cunha lonxitude de máis de 2300 quilómetros.
Shears N.T. (2007) Biogeography, community structure and biological habitat types of subtidal reefs on the South Island West Coast, New Zealand. Science for Conservation 281. p 53. Department of Conservation, New Zealand. [1]