Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Con.
Con é un termo utilizados na xeografía, en particular a galega, para describir formacións rochosas, especialmente na costa.[1] Poden sobresaír da superficie da auga, ás veces só cando baixa o mar. Ao presentar características prominentes, poden representar un perigo para a navegación.
Un escollo é un termo que actúa como sinónimo parcial.[2]
Definición
Con
Un con refírese a unha gran rocha ou conxunto de rochas (en plural, cons), xeralmente de granito, que sobresae da auga ou do terreo circundante. Adoitan ter nomes propios e ser puntos de referencia locais para a pesca ou outras actividades (véxase o artigo toponimia).
Os cons son comúns na costa galega e hai rochas similares noutras rexións con formacións graníticas. Poden estar totalmente emerxidos ou só parcialmente cubertos polo mar, dependendo da marea.
Escollo
Un escollo é un penedo a flor de auga que representa un obstáculo natural para a navegación marítima. Xeralmente, un escollo non presenta vexetación e ten unha superficie considerada demasiado pequena para ser habitada, o que o diferencia dun illote.[2][3]
Etimoloxías
Con
O termo "con" ten unha etimoloxía discutida. Segundo o dicionario de galego reintegracionistaEstraviz deriva do latínconu,[4] que se refire a unha elevación ou promontorio rochoso, da raíz gregakonos (con forma de piña).
Ademais, podería estar relacionado coas raíces *krowdi-* ou *krowkā-*, o mesmo que croio (que perdeu o -r- na forma coio) ou cómaro que teñen que ver con outeiros, túmulos ou pedras diversas.
Os cons adoitan ser de formasarredondadas, debido á acción erosiva do vento e do bater das ondasdo mar. Outras raíces protoceltas como *kumbo- (e as relacionadas do galés *cwr ou o grego cymba) aparecen en termos relacionados con círculos ou curvas, como combar ou comboa.[5]
Moitos topónimos galegos conteñen as raíces *ko-* ou *cor-* (e.g. Combarro, Corme, Corrubedo, Corcubión etc.), que suxiren unha relación con elementos xeográficos e poderían ter unha orixe relacionada coas citadas raíces protoceltas que describen lugares prominentes. Outros topónimos son directamente cons (como Cons en Mourente) ou con de algo (Cons das Pozas en Ons, Con de Lourido en Burela etc.).[6]
Outro termo galego-portugués relacionado é cói, unha pedra no mar ou na costa que serve de refuxio para a navegación.[7]
Escollo
O termo provén do latínscopulus. O termo significa "rochedo" ou "promontorio". En galego-portugués e castelán, o termo evoluíu a partir do italiano scoglio, que se refire a un obstáculo ou impedimento natural.[8] Un escollo pode recibir o nome de stacks ou farallón baixo.[9][10]