Saint-Pierre-et-Miquelon

Modelo:Xeografía políticaSaint-Pierre-et-Miquelon
Vista no inverno
Imaxe

HimnoLa Marseillaise Editar o valor en Wikidata

Lema«A mare labor» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°51′N 56°18′O / 46.85, -56.3
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
Exclave deFrancia Editar o valor en Wikidata
Enclave enCanadá Editar o valor en Wikidata
CapitalSaint-Pierre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.974 (2019) Editar o valor en Wikidata (24,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie242 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude240 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMorne de la Grande Montagne (en) Traducir (240 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1700 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
7 de marzo de 1976Q60836343 Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoColectividade de ultramar Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoStéphane Artano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTerritorial Council of Saint Pierre and Miquelon (en) Traducir , (Escano: 19) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pm e .fr Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+508 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísPM Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-PM Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE975 Editar o valor en Wikidata

Sitio webspm-ct975.fr Editar o valor en Wikidata
BNE: XX462517

Saint-Pierre-et-Miquelon[1][2][3][4], San Pedro e Miquelón (/ˈmɪkəlɒn/), oficialmente a Colectividade Territorial de Saint-Pierre e Miquelon (francés: Collectivité territoriale de Saint-Pierre et Miquelon [sɛ̃ pjɛʁ e miklɔ̃]), é unha colectividade de ultramar territorial autónoma de Francia no noroeste do océano Atlántico preto da provincia canadense de Terra Nova e Labrador.[5][6] San Pedro e Miquelón é un vestixio restante do antigamente vasto territorio de Nova Francia.[5] Os seus residentes son cidadáns franceses, a colectividade elixe o seu propio deputado na Asemblea Nacional e participa nas eleccións senatoriais e presidenciais. Abarca 242 km² de terras e costas e tiña unha poboación de 6.008 habitantes no censo de marzo de 2016.[7]

Saint-Pierre-et-Miquelon é un arquipélago composto por dúas illas principais, Saint-Pierre e Miquelón, e máis dunha decena de pequenos illotes, fronte á costa canadense, no Atlántico Norte.

As illas atópanse no Golfo de San Lourenzo preto da entrada da Baía Fortune, que se estende ata a costa suroeste de Terra Nova, preto dos Grandes Bancos de Terra Nova.[8] St. Pierre está a 19 km. de Point May na Península de Burin de Terra Nova e 3819 km de Brest, a cidade máis próxima da Francia metropolitana.[9] A pequena illa Green atópase a 10 km. ao leste de St. Pierre, aproximadamente a metade de Point May.

Etimoloxía

Saint-Pierre é francés para San Pedro, o santo patrón dos pescadores.[10]

O nome actual de Miquelon usouse por primeira vez na forma de Micquetô, Miqueton ou Micquellon polo mariñeiro vasco francés Martin de Hoyarçabal en 1579 piloto de navegación para Terra Nova, Les voyages aventureux du Capitaine Martin de Hoyarsabal, habitant du çubiburu: "Giſant le cap de Breton & le pertuis de Miqueton est oest, y a 42 l. [leagues]" ... "Gisant la Colombe de S. Pierre le pertuis de Micquellon nord noroest & sud suest: y a 7 l.[11] Afirmouse que o nome Miquelón é unha forma vasca de Miguel, Mikel e Mikels adoitan chamarse Mikelon en éuscaro no País Vasco. Polo tanto, a partir de Mikelon puido escribirse en francés cun q no canto de k.[12][13][14]

Este territorio forma parte dos Países e territorios de ultramar da Unión Europea.

Historia

Artefactos da cultura esquimó Dorset foron descubertas en Saint Pierre. Algunhas datan do século XXX a.C.

Nomeada As Once Mil Virxes polo explorador portugués João Álvares Fagundes en 1521, despois os franceses cambiárono polo de Saint-Pierre.

Durante o século XVI, as illas foron utilizadas como base pesqueira estacional polos franceses de A Rochelle, Granville, Saint-Malo e da Vasconia. O explorador francés Jacques Cartier estivo en Saint Pierre en 1536.

O nome Miquelon é de orixe vasco (Mikelune), debido a que esta illa foi a base dos pescadores de Saint-Jean de Luz, no País Vasco francés.

Saint Pierre foi colonizada por franceses a principios do século XVII, abandonada en 1713 polo Tratado de Utrecht e recolonizada en 1763 ao finalizar a Guerra dos Sete Anos.

Entre 1763 e 1778, as illas volvéronse o refuxio dos Acadianos deportados de Nova Escocia, Canadá.

En 1778 as illas foron atacadas e a poboación deportada polos ingleses debido ao apoio de Francia cara ás 13 ex-colonias británicas durante a súa loita pola independencia.

A pesar de que Francia recuperou o control das illas en 1783, para 1793, a hostilidade británica cara á Revolución Francesa e o feito de que Francia declarara a guerra a Inglaterra levou a un novo ataque inglés ás illas e a deportación de toda a poboación.

As illas foron finalmente devoltas a Francia logo da segunda abdicación de Napoleón en 1816.

As illas representan o único vestixio remanente das vastas posesións de Francia en América do Norte.

Saint Pierre sempre foi importante como un centro pesqueiro, xa que se atopa preto de dunha das zonas de pesca máis ricas do mundo.

Despois de que a Alemaña nazi invadise parte de Francia durante a segunda guerra mundial, as illas quedaron baixo o control do goberno de Vichy. O 24 de decembro de 1941, as forzas de Francia Libre, seguindo as ordes de De Gaulle, e lideradadas polo almirante Émile Muselier tomaron as illas, dominio que quedaría refrendado logo dun plebiscito o día de Nadal.[15] Saint Pierre e Miquelon volvéronse entón no foco de serias rifas entre as Forzas de Francia Libre e o Departamento de Estado dos Estados Unidos, o cal, en apoio ao goberno de Vichy, enviou tropas para recuperar as illas.

As illas foron nomeadas Departamento de ultramar Francés en 1976. Este status foi modificado en 1985 e as illas volvéronse unha Colectividade Territorial, status especial que só comparte coas illas de Wallis e Futuna no océano Pacífico.

Política

Mapa.

En 1992, unha vella disputa co Canadá respecto da delineación da Zona económica exclusiva pertencente a Francia foi resolta pola Corte Internacional de Arbitraxe. Na resolución, Francia conservaba as 12 millas náuticas de mar territorial que rodea ás illas e foille outorgado outras 12 millas náuticas continuas ás anteriores, así como un corredor marítimo de 10.5 millas de ancho chegando ata 200 millas náuticas ao sur. O area total outorgada corresponde ao 18% do que Francia estaba reclamando.

Xeografía

Situado no extremo occidental da Península de Burin de Terra Nova, o arquipélago de Saint Pierre e Miquelón comprende oito illas, cun total de 242 kilometros cadrados (93 sq mi), das cales só dúas están habitadas.[16][17] As illas son núas e rochosas, con costas empinadas e só unha capa de turba para suavizar a dura paisaxe.[18] As illas forman xeoloxicamente parte do extremo nordés dos Montes Apalaches xunto con Terra Nova.[16]

A Illa de Saint Pierre, cuxa superficie é menor, 26 km², é a máis poboada e o centro comercial e administrativo do arquipélago. O aeroporto de Saint-Pierre está en funcionamento desde 1999 e é capaz de acoller voos de longa distancia desde Francia.[19]

Miquelon-Langlade, a illa máis grande, está composta de feito por tres illas, Le Cap Illa Miquelon (tamén chamada Grande Miquelon, 110 km² está conectada á illa Langlade ( Petite Miquelon, 91 km² pola Dune de Langlade (tamén coñecida como o Isthme de Langlade), un tómbolo de 10 km. de longo.[19][20] Unha tormenta rompeunas no século XVIII, separando as dúas illas durante varias décadas, antes de que as correntes reconstruísen o istmo.[21] Morne de la Grande Montagne, o punto máis alto do territorio con 240 m, está situado en Grande Miquelon.[16] As augas entre Langlade e Saint-Pierre foron chamados "a Boca do Inferno" (francés: Gueule d'Enfer) ata preto de 1900, xa que se rexistraron máis de 600 naufraxios nese punto desde 1800.[22] No norte da illa Miquelon atópase a aldea de Miquelon-Langlade (710 habitantes), mentres que a illa Langlade estaba case deserta (só un habitante no censo de 1999).[21]

Unha terceira illa, antigamente habitada, Isle-aux-Marins, coñecida como Île-aux-Chiens (Illa dos Cans) ata 1931 e situada a pouca distancia do porto de Saint-Pierre, está deshabitada desde 1963.[21] As outras illas principais son Grand Colombier, Île aux Vainqueurs e Île aux Pigeons.

O clima é húmido e ventoso, con invernos longos e fríos. A primavera e principios de verán son frescos e nebulosos. A finais de verán e principios de outono é xeralmente fresco e asollado.

Economía

As illas dependeron da pesca do bacallau durante os últimos catro séculos. Con todo, a sobre explotación dos bancos levou a que Canadá impoña longas vedas pesqueiras, e, como as cotas pesqueiras son controladas polo Canadá, Saint Pierre e Miquelon, e a industria pesqueira francesa en xeral, foron seriamente afectadas.

Fixéronse esforzos, con axuda do goberno francés, para diversificar a economía local. O turismo, a crianza de peixes e vieiras en granxas, a pesca de cangrexo e a agricultura foron desenvolvidas.

Cultura

O francés é o idioma oficial das illas. Porén, o acento local e moitas das palabras empregadas son de procedencia normanda.

O patriotismo francés é moi forte nas illas, e os insulares están orgullosos de que parte do seu chan sexa traído desde Francia en barcos.

O orgullo vasco pode ser igual de forte, por mor das históricas ligazóns das illas coa rexión vascofrancesa. Tódolos anos, no verán, celébrase un festival vasco, con exhibicións de harrijasotzaile (levantamento de pedra), haitzkolari (cortar troncos), e paleta.

Galería

Notas

  1. "Saint-Pierre-et-Miquelon". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1855. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  2. "Saint-Pierre-et-Miquelon". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 38. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. "Saint-Pierre et Miquelon". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 101. ISBN 84-7680-288-9. 
  4. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Saint Pierre et Miquelon". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 161 F5. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  5. 5,0 5,1 Saint Pierre and Miquelon. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
  6. "Encyclopedia Britannica – St Pierre and Miquelon". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  7. "Populations légales des collectivités d'outre-mer en 2016" (en francés). INSEE. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  8. Premio Real (22 de febreiro de 2005). "Les iles Saint-Pierre et Miquelon – Notes de la conférence donnée à l'Institut Canadien, devant la Société Géographique de Québec, le 29 de abril de 1880, par Son Excellence le comte de Premio-Real, consul-général d'Espagne". Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2013 – vía Internet Archive. 
  9. "Flight distance from Brest, France to Saint Pierre and Miquelon". Travelmath.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  10. "Patron Saint Index Topic: fishermen, anglers". Catholic Community Forum. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2007. 
  11. Hoyarçabal, Martin de: Les voyages aventureux du Capitaine Martin de Hoyarsabal, habitant du çubiburu (in Middle French) (Bordeaux, France, 1669) [1st ed. 1579], p. 103.
  12. Cormier, Marc Albert (1997). "Toponymie ancienne et origine des noms Saint-Pierre, Miquelon et Langlade". The Northern Mariner (en francés) (Ottawa: The Canadian Nautical Research Society) 7 (1): 32, 39. 
  13. "The Basques of Saint Pierre and Miquelon". Buber's Basque Page. 30 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  14. "Tourism Agencies in Saint Pierre et Miquelon". St-pierre-et-miquelon.com. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007. 
  15. "Hommage à l’amiral Émile Henry Muselier - Fondation de la France Libre" (en francés). 2021-04-14. Consultado o 2023-02-16. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Saint Pierre and Miquelon. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
  17. "Rapport annuel 2010 IEDOM Saint-Pierre-et-Miquelon" (PDF). p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  18. "St. Pierre et Miquelon". Newfoundland and Labrador Heritage. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  19. 19,0 19,1 "Le recensement de la population à Saint-Pierre-et-Miquelon en 2006". Insee. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  20. "Encyclopedia Britannica – St Pierre and Miquelon". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  21. 21,0 21,1 21,2 "Le recensement de la population à Saint-Pierre-et-Miquelon" (PDF). INSEE. agosto de 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 
  22. James Marsh. "Saint-Pierre and Miquelon". The Canadian Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas