Brest ocupa unha situación estratéxica preto da ruta marítima máis frecuentada do mundo. A rada de Brest, cunha superficie de 150 km2 e separada do océano por un estreito paso de 6 km de longo e 1,8 km de ancho, protexe a cidade e o seu porto das numerosas tormentas que castigan a miúdo a costa bretoa.
Historia
A primeira cidadela de Brest foi un campamento romano construído entre os anos 250 e 350: o 'Castellum'. A ocupación romana termina a comezos do século V.
No século XVIIRichelieu crea a Mariña de Poñente e o porto de Penfeld; nace o Arsenal e é o comezo do desenvolvemento portuario e militar de Brest, o cal levou á fortificación da cidade, segundo a planificación de Vauban a partir de 1683.
Durante a primeira guerra mundial foi o porto de desembarco das tropas norteamericanas. Na segunda guerra mundial a cidade foi destruída polos bombardeiros e a reconstrución, comezada ao finalizar a guerra, non rematou até 1961.