Foi prohibido durante o Imperio e a Restauración. Volveu ser o himno nacional a partir da III República, sendo novamente prohibido entre 1940-1945. O seu canto era considerado como un elemento de resistencia á ocupación alemá e ao goberno colaboracionista de Vichy.
Orixes e historia
O 20 de abril de 1792 proclamouse en París a declaración de guerra contra Austria. Cando o alcalde de Estrasburgo soubo a noticia, invitou a cear á súa casa a un grupo de oficiais, na noite do 24 do mesmo mes. Neste grupo de oficiais atopábase Claude-Joseph Rouget de Lisle, capitán de enxeñeiros da gornición de Estrasburgo. Nesa reunión, o alcalde pediulle que crease un himno patriótico para o acontecemento que celebraban. Rouget de Lisle compuxo dito himno e deulle o título de Chant de guerre pour l'armée du Rhin (Canto de guerra para o exército do Rin) e adicoullo ao Mariscal Luckner.
O 22 de xuño do mesmo ano, o que sería futuro xeneral do exército do Exipto chamado François Mireur, que acababa de titularse pola facultade de medicina de Montpellier, atopábase en Marsella encargado de preparar a marcha dos voluntarios de Montpellier e de Marsella. Este oíra o himno en Montpellier durante funerais oficiais e presentouno á súa xente co título de Chant de guerre aux armées des frontières (Canto de guerra para os exércitos das fronteiras). A tropa dos obrigados aprendeuno e usárono como canción de marcha. E así entraron en París o 30 de xullo de 1792, entoando marcialmente o himno composto tres meses atrás por Rouget de Lisle. Os parisienses acolléronos con grande ledicia e xúbilo, bautizando o cántico como A Marsellesa.
Durante a Primeira República, a Marsellesa foi un himno moi popular entre soldados e civís. No tempo dos dous Imperios, a Restauración e a Segunda República, foi lixeiramente esquecido. Na Terceira República recuperou o protagonismo e foi interpretado polas bandas militares en todos os actos oficiais. No século XX, o Goberno da Francia liberada outorgoulle unha especial importancia xunto co himno oficioso chamado "Le Chant des Partisans".
O himno non gozou de oficialidade ata que a Constitución do 4 de outubro de 1958, constituíu La Marseillaise como himno nacional do país galo.
La Marseillaise exaltaba dende os seus comezos o ánimo patriótico, ata tal punto que Napoleón Bonaparte dixo nunha ocasión: «Esta música aforraranos moitos canóns».
O 24 de xaneiro do ano 2003, aprobouse a Lei de Programación para a Seguridade Interior (Lopsi), proposta por Nicolas Sarkozy, que creaba o delito de ultraxe á bandeira e ao himno nacional franceses, sancionándoos con penas de ata seis meses de prisión e 7.500 euros de multa. Algunhas asociacións e cidadáns protestaron, considerando esta lei un atentado á liberdade de expresión. O Consello Constitucional de Francia limitou as posibilidades de aplicación da lei, os actos dentro dun círculo privado, e os actos realizados en manifestacións non organizadas polas autoridades públicas ou non regulamentadas por elas.
Debido ao alto descoñecemento do himno entre moitos mozos franceses, a lei de François Fillon para a reforma da educación adoptada en marzo de 2005, inclúe a obrigación da aprendizaxe de La Marseillaise na educación infantil e primaria.
Letra
Nota: actualmente en Francia só se canta a primeira estrofa (e ás veces a sexta e a sétima) e o retrouso. Edith Piaf, gravou unha versión onde entoa La Marsellesa cantando a primeira, quinta e sexta estrofas e o retrouso.
que contra a súa vontade se arman contra nós. (bis)
Mais o déspota sanguento,
mais os cómplices de Bouillé,
todos eses tigres que, sen piedade,
esnaquizan o corazón da súa nai!...
Refrain
Amour sacré de la Patrie,
Conduis, soutiens nos bras vengeurs !
Liberté, Liberté chérie,
Combats avec tes défenseurs ! (bis)
Sous nos drapeaux, que la victoire
Accoure à tes mâles accents !
Que tes ennemis expirants
Voient ton triomphe et notre gloire !
Retrouso
Amor sagrado da patria,
conduce e sostén os nosos brazos vingadores!
Liberdade, liberdade querida,
loita xunto aos teus defensores. (bis)
Baixo as nosas bandeiras, que a vitoria
acuda ás túas valentes chamadas!
Que os teus inimigos expirantes
vexan o triunfo e a nosa gloria!
Refrain
("Couplet des enfants")
Nous entrerons dans la carrière
Quand nos aînés n'y seront plus,
Nous y trouverons leur poussière
Et la trace de leurs vertus (bis)
Bien moins jaloux de leur survivre
Que de partager leur cercueil,
Nous aurons le sublime orgueil
De les venger ou de les suivre !
Retrouso
("Estrofa dos rapaces")
Nós tomaremos o camiño
cando os nosos maiores xa non estean.
Alí atoparemos as súas cinzas
e a pegada das súas virtudes. (bis)
Non estaremos tan celosos de seguilos
como de participar da súa tumba.
Nós teremos o sublime orgullo
de vingalos ou seguilos!
Refrain
Retrouso
A violencia desta letra critícase na mesma Francia, malia o seu carácter unicamente defensivo.
A expresión «sang impur» interprétase a miúdo como racista. Está copiada dunha canción anti-inglesa moi popular durante a Guerra dos Sete Anos (1756-1763).
«Aux armes citoyens!» figura tamén nunha Ode aux Français (Oda aos Franceses) asinada por Ecouchard en 1762.
En Aires patrióticos para dous violíns de Giuseppe Cambini, aparecen citas literais e variacións da canción, xunto á doutras canciones revolucionarias.
Na Abertura 1812 de Thaikovski, aparecen diversos anacos para representar ás tropas francesas. O compositor fai chocar o tema musical da Marsellesa co do Himno Imperial de Mikhail Glinka, e as modificacións, superposiciones e interaccións entre os dous himnos nacionais representan a batalla de Borodino.