Captura de pantalla da versión en inglés de IMSLP.
A International Music Score Library Project (en galegoProxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italianoOttaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar. Dende o 6 de xuño de 2010, IMSLP inclúe gravacións.
Ademais de proporcionar un depósito dixital, IMSLP ofrece posibilidades como enciclopediamusicolóxica, xa que contén diferentes edicións históricas dunha mesma composición e análises históricos e comentarios musicolóxicos que acompañan ás partituras.
O 19 de outubro de 2007 IMSLP pechou polas ameazas xurídicas de Universal Edition[25] de Viena, Austria. A carta de cese e desista expresou a súa preocupación por algunhas obras que están no dominio público na localización do servidor no Canadá, coa protección dos dereitos de autoría de "50 anos despois de morto" mais, non obstante, están protexidos polos "70 anos despois de morto" doutros países. O administrador do sitio, coñecido polo pseudónimo Feldmahler, decidiu pechar a páxina web, mais deixaron os foros en liña para debater e proceder do mellor xeito:[26]
O sábado 13 de outubro de 2007 recibín unha segunda carta de "Cese e Desista" de Universal Edition. Ao principio pensei que esta carta sería similar no seu contido á primeira carta de Cese e Desista que recibín no mes de agosto. No entanto, logo de longos debates con avogados e partidarios, convencinme de que eu, un estudante común da universidade, non ten nin a enerxía nin os cartos precisos para facer fronte doutro xeito que non sexa de acordo con desistir, e botar embaixo todo o sitio. É difícil para min pedir desculpas para todos os contribuíntes de IMSLP, que teñen feito tanto para IMSLP nos dous últimos anos.
En resposta, o director do Project Gutenberg, Michael Hart, ofreceu soporte legal a IMSLP para manter o proxecto activo.[27] Dito ofrecemento foi rexeitado por Feldmahler, que expresou a súa preocupación por ter situado o proxecto nos Estados Unidos e consultou á póla canadense do Project Gutenberg.[25] O 2 de novembro de 2007 o académico canadense experto en dereitos de autoría Michael Geist, escribiu un artigo para a BBC analizando os detalles e as implicacións máis amplas deste caso.[28]
O proxecto comezou a funcionar de novo o 30 de xuño de 2008. Dende a súa reapertura, IMSLP emprega unha estrita política de dereitos de autoría, onde os arquivos cargados son accesibles só para a descarga logo de que o estado dos dereitos de autoría do arquivo teñan sido revisados polos membros do persoal.
↑"Musical Scores". University of Washington Libraries. 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2008. Consultado o 2008-09-04.
↑"OnlineMusic". Universidade de Cincinnati Albino Gorno Memorial Music Library. 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 2009-01-28.