Os letóns son un pobo báltico estreitamente vencellado cos lituanos, cos que comparten moitas semellanzas lingüísticas. Hoxe en día o letón e lituano son as únicas linguas superviventes pertencentes ás linguas bálticas da familia indoeuropea.
O territorio de Letonia foi poboado xa dende o 9.000 adC. co establecemento das tribos protobálticas (devanceiros dos letóns) na costa leste do mar Báltico ao redor do terceiro milenio adC..[2] Ao redor do 900 dC., desenvolvéranse catro tribos bálticas diferentes: os curonios, latgalianos, selonianos, semigalianos (en Letón: kurši, latgaļi, sēļi e zemgaļi), xunto cos livonios (lībieši) que falaban unha lingua de orixe ugrofinesa.
Prehistoria
Ao longo de Europa, o territorio de Letonia foi coñecido pola súa riqueza en ámbar. Os pobos bálticos comerciaron co ámbar coa Grecia antiga e co Imperio Romano. Incluso hoxe en día, o ámbar do Báltico segue a ser exportado para moitos puntos do mundo. No final do século XII, comerciantes da Europa occidental comezaron a visitar a miúdo Letonia, establecento rutas de comercio ao redor do río Daugava ata Rusia.
O período da Idade Media
Os misioneiroscristiáns chegaron a Letonia en 1180. Ante a negativa das tribos bálticas a seren cristianizadas, foron enviados cruzados alemáns a fin de cristianizar as tribos pagás.[3] Xa en 1211, o cristianismo xa tiña un control efectivo coa construción da catedral de Riga.
Durante o século XIII, desenvolveuse baixo o dominio alemán unha confederación de feudos chamada Livonia. Livonia incluía a actual Letonia e o sur de Estonia. En 1282, Riga e máis as cidades de Cēsis, Limbaži, Koknese e Valmiera foron incluídas na Liga Hanseática. A partir deste intre, Riga converteuse nun importante porto entre o comercio do leste co oeste. Riga constituíuse como unha ponte entre os países do báltico e a Europa Occidental.
O período reformista
O século XVI foi un século de grandes cambios para os habitantes de Letonia, entre os cales destacan a reforma e o colapso do estado Livonio. Trala Guerra Livona (1558–1583) o territorio actual de Letonia quedou baixo o reino da República das Dúas Nacións.
As promesas que Pedro o Grande fixera á nobreza alemá do Báltico trala caída de Riga en 1710, oficializadas co Tratado de Nystad e coñecidas como "as capitulacións," reverteron en gran parte as reformas dos suecos. A emancipación dos servos tivo lugar en Curlandia no ano 1817 e en Vidzeme en 1819. Na práctica, a emancipación foi realmente vantaxosa para a nobreza xa que desposuía os campesiños das súas terras sen compensación ningunha. A estrutura social mudou radicalmente, estableceuse unha clase de campesiños independentes despois de que as reformas permitisen os campesiños readquirir as súas terras, os campesiños sen terra roldaban os 591.000 en 1897, unha puxante clase proletaria e unha influente clase burguesa letoa. O movemento da mocidade letoa (en letón:Jaunlatvieši) sentou as bases do nacionalismo a mediados de século, mirando moitos dos seus líderes ao movemento eslavófilo á busca de apoio contra a prevalecente orde social alemá. A rusificación comezou na rexión de Latgale trala Revolta de xaneiro de 1863 espallándose ao resto da actual Letonia durante a década de 1880. O movemento da mocidade letoa foi eclipsado por unha nova corrente política de esquerdas xurdida na década de 1890. O descontento popular chegou ao seu cumio coa Revolución de 1905, revolución de carácter nacionalista nas provincias do Báltico.
Declaración de independencia
A primeira guerra mundial devastou o país. As reivindicacións de autodeterminación foron primeiramente limitadas á autonomía, sendo despois dirixidas cara a independencia do país, declarada en Riga o 18 de novembro de 1918 polo Consello do pobo letón, converténdose Kārlis Ulmanis no xefe do goberno provisional. Trala independencia do país báltico, sucedeuse a Guerra de independencia, un dos períodos máis caóticos sufridos na historia do país. Na primavera de 1919 coexistían á vez tres gobernos diferentes— o goberno de Ulmanis; o goberno da Letonia Soviética encabezado por Pēteris Stučka, cuxas forzas, apoiadas polo Exército Vermello, ocuparon o país en case a súa totalidade; e o "Ducado do Báltico" encabezado por Andrievs Niedra e apoiado polo Baltische Landeswehr e máis asFreikorps alemás. As forzas estonianas e letoas venceron aos alemáns na Batalla de Cēsis no mes de xuño de 1919, e aos ataques Ruso-alemáns encabezados por Pavel Bermondt-Avalov en novembro. O leste de Letonia foi limpado das tropas do Exército vermello polos forzas polacas, letoas, e alemás a comezos de 1920.
O 1 de maio de 1920 foi convocada unha asemblea constituínte que aceptou unha constituciónliberal, a Satversme, no mes de febreiro de 1922. Esta constitución foi parcialmente bloqueada polo golpe de Ulmanis de 1934, sendo restablecida completamente en 1990. Dende a súa creación a constitución sufriu algúns cambios e segue a ser vixente no país na actualidade.
Coa evacuación a Rusia da base industrial de Letonia en 1915, a reforma da terra foi a principal tarefa do xove país. En 1897, o 61,2% da poboación rural carecía de terra de seu; cara a década de 1930 aquela porcentaxe minguara ata o 23,2%. A extensión de terra cultivada xa superaba a da preguerra en 1923. A innovación e o crecemento da produtividade fixo que a economía letoa medrase axiña, aínda que tivo que sufrir a Gran Depresión. Malia presentar sinais de recuperación da economía, Ulmanis levou a cabo un sanguento golpe de estado o 15 de maio de 1934, establecendo unha ditadura nacionalista, que durou ata a década de 1940.
Letonia na segunda guerra mundial
A maioría dos alemáns bálticos que vivían en Letonia deixaron o país tralo acordo entre o goberno de Ulmanis e a Alemaña Nazi trala conclusión do Pacto Ribbentrop-Molotov. O 5 de outubro de 1939, foi forzada a aceptar un pacto de "asistencia mutua" coa Unión Soviética, garantindo aos soviéticos o dereito a destinar 25.000 tropas en territorio letón. O 16 de xuño de 1940, Vyacheslav Molotov presentou a un representante letón en Moscova cun ultimato acusando a Letonia de violar as condicións do pacto, producíndose o 17 de xuño a ocupación do país polas tropas soviéticas. Trala ocupación tiveron lugar as eleccións no "Saeima do pobo", tomando o poder o goberno monicreque de Augusts Kirhenšteins que levou a Letonia á URSS. A anexión foi formalizada o 5 de agosto de 1940, data na que se estableceu a República Socialista Soviética de Letonia.
Os soviéticos loitaron ferozmente contra os seus opoñentes — antes de sucederse a invasión alemá, en menos dun ano, polo menos 27.586 persoas foron arrestadas; a maioría deportadas, sendo asasinadas 945. Durante a ocupación alemá, Letonia foi administrada como parte da Reichskommissariat Ostland. Os paramilitares letóns e a Policia auxiliar establecidos polas forzas da ocupación, participaron activamente no Holocausto. Máis de 200.000 cidadáns letóns morreron durante a segunda guerra mundial, entre os que se atopaban aproximadamente 70.000 xudeus letóns. Os soldados letóns loitaron en ambos os dous frontes, incluíndo a Lexión letoa da Waffen-SS, a maioría recrutados polas autoridades soviéticas e nazis. O rexeitamento ao recrutamento tiña como consecuencia a pena de cárcere, o maltrato a familiares e incluso a morte.
Ocupación soviética
Os soviéticos reocuparon o país de novo entre 1944–1945, sucedéndose deportacións masivas ao mesmo tempo en que se levaba a cabo a colectivización e sovietización do país. No ano 42.975 persoas foron deportadas. Trala ocupación do país produciuse a migración a Letonia de obreiros, administrativos, militares e os seus descendentes provenientes de Rusia e doutras repúblicas soviéticas, caendo a poboación letoa ata o 62% no ano 1959. Durante o mandato de Nikita Khrushchev, os intentos de conseguir un grao de autonomía e protección para a deteriorada lingua letoa encabezados por Eduards Berklavs foron suprimidos.
Os principais fitos acadados por Letonia ao longo da década dos anos 90, foron a entrada na OTAN e na Unión Europea, ambos os dous conseguidos no ano 2004. As novas leis lingüísticas e de cidadanía foron rexeitadas por unha gran maioría da comunidade rusa residente no país, aínda que a maioría dos rusos obtiveron a cidadanía. (A cidadanía non foi outorgada aos cidadáns soviéticos establecidos no país durante a ocupación soviética e aos seus descendentes. Os fillos nados a partir da independencia do país, si poden obter a cidadanía.) O goberno desnacionalizou as propiedades privadas que foran confiscadas durante a era soviética, devolvendo ou compensando os seus donos,privatizou a maioría das industrias nacionalizadas, e reitroduciu o Lats letón. Despois de sufrir unha dura transición cara a unha economía liberal e a reorientación do país cara a Europa occidental, actualmente o país posúe un ritmo de crecemento da economía superior á maioría dos membros da UE.
Política
Os 100 asentos do parlamento unicameral Letón, o Saeima, elíxense por voto directo, popular cada catro anos. O presidente elíxeo o Saeima nunha elección separada tamén cada catro anos. O presidente nomea un primeiro ministro que, xunto co seu gabinete, forma o poder executivo, o cal ten que recibir un voto de confianza do Saeima. O 20 de setembro do 2003, nun referendo nacional o 66.9% dos participantes votaron a favor do ingreso na Unión Europea. Letonia é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo do mesmo ano.
Ademais existen 4 rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a propia Constitución letoa; Curlandia, Zemgale, Vidzeme e Latgale. Sobre esas 4 e cos engadidos da propia Riga e do Distrito Patrimonial de Riga, Pierīga, o Estado letón definiu as 6 rexións estatísticas de Letonia.
Estas rexións foron establecidas de acordo coa Regulación (EC) No 1059/2003 do Parlamento Europeo o 26 de maio de 2003. Non exercen funcións de goberno, foron exclusivamente creadas con fins estatísticos para medir o número da poboación de forma regular e recompilar datos xenéricos para os estudos do Ministerio de Traballo, Interior, Cultura e Saúde e Tecnoloxías Médicas.
Letonia ten unha extensión de 64.610 km², comparte fronteira con catro países: ao norte Estonia, ao leste Rusia, ao sur Belarús e Lituania. A fronteira noroeste ocúpaa o mar Báltico.
A fisionomía da paisaxe letoa é bastante uniforme, predominando as chairas cubertas por depósitos de terra e lama con grandes zonas ocupadas por bosques de coníferas, páramos e pantanos ao longo de todo o territorio. A chaira de Zemgale, ó sur, ata o límite con Lituania, contén as terras máis fértiles, polo que se considera o celeiro do país.
Xeograficamente Letonia caracterízase pola suavidade das súas elevacións montañosas. As maiores alturas atópanse ao leste e ao nordeste do país, onde o punto máis alto atópase no cumio de Gaizinkalns de 311 metros. O punto máis baixo atópase no lago Dridzis, a 65,1 metros baixo o nivel do mar.
Letonia posúe 531 km de costa.[4] As costas letoas son suaves e pouco recurtadas, e nelas abondan as praias de area fina e as zonas dunares.
Ademais de polas súas chairas, Letonia caracterízase polos seus lagos, bosques e zonas pantanosas. En Letonia atópasen máis de 2.256 lagos de orixe glacial.[5] Os bosques cobren o 44% da superficie do país.[6] As especies máis comúns son o bidueiro, o abeto, o piñeiro e o álamo branco. Os pantanos e zonas húmidas ocupan o 4,9% do territorio letón.[7]
O río máis importante do país e o río Daugava, río que nace en Rusia e desemboca no golfo de Riga. Ao seu paso por terras letoas construíronse tres grandes centrais hidroeléctricas. Ademais do Daugava, son importantes os ríos Venta, Lielupe e Gauja.
Clima
O clima do país é de transición entre o continental e o oceánico, influído de xeito importante polas masas marítimo, sobre todo no oeste de Letonia, onde os veráns son frescos e os invernos suaves. O interior do país ten un clima máis extremo, sobre todo no longo e frío inverno, onde se poden chegar a temperaturas de -30º. As precipitacións son abondosas no país, estas teñen lugar en forma de neve entre os meses de decembro e marzo.
Ecosistemas
Espazos protexidos
Letonia posúe ecosistemas de grande importancia ambiental como son os bosques, os lagos, os pantanos e as chairas. A maioría das xoias ambientais de Letonia atópanse baixo diferentes graos de protección. O país báltico ten tres parques nacionais: Parque Nacional Gauja (1973), Parque Nacional Kemeri (1997) e o Parque Nacional Slitere (1999). Ademais o país posúe unha reserva da biosfera e 43 parques naturais, distribuídos ao longo de todo o territorio nacional.[8]
Flora
Nos bosques de Letonia rexistráronse 1.304 especies de plantas diferentes, moitas delas de orixe endémica.
Fauna
En canto á fauna no país existen 69 tipos de mamíferos que habitan os bosques (63%) e zonas agrícolas (24%). Ademais existen outros 19 que poden visitar o país de xeito ocasional.[9] Entre os mamíferos máis comúns atópanse o corzo, o porco bravo, o castor, o raposo, o cervo, a lebre, o lobo e a londra[10] (cunha das maiores poboacións europeas).[11] O oso pardo, noutrora abondoso atópase actualmente reducido a unha poboación estable de 10 individuos.[12]
A economía letoa baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unha economía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de desemprego e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais.
A economía letoa é unha das máis dinámicas dos novos socios da Unión Europea. Nos últimos anos o país báltico liderou o crecemento da UE con incrementos do 11,9%[14] no 2006 e do 8% no 2007.[15] Para o 2008 agárdase un crecemento do 8,5%.[16]
Demografía
Composición étnica de Letonia
letóns
62.1%
rusos
26.9%
belarusos
3.3%
ucraínos
2.2%
outros
5.5%
Letonia é un país onde conviven á vez diversas etnias de linguas e relixións diferentes. Ao longo do século XX o país sufriu importantes cambios demográficos acontecidos debido ás guerras mundiais, a emigración dos alemáns do báltico, o Holocausto, e a ocupación da Unión Soviética.
Os letóns e livonios, os grupos étnicos nativos de Letonia, forman na actualidade ao redor do 62% da poboación, mentres que o 27% dos habitantes do país son rusos.[17] Aproximadamente o 56% dos rusos que viven en Letonia posúe a nacionalidade letoa. As persoas que viñeron ao país mentres estaba ocupado pola URSS, e os seus descendentes nados antes de 1991, deben ser naturalizados para recibir a nacionalidade letoa.
Nalgunhas cidades como Daugavpils e Rēzekne, os rusos e outras minorías como os belarusos, ucraínos, polacos, lituanos superan os letóns. A porcentaxe de letóns diminuíu do 77% (1 467 035) en 1935 ao 52% (1 387 757) en 1989.[18] No ano 2005 había incluso menos letóns ca no ano 1989, aínda que a súa porcentaxe é maior — 1 357 099 (58,8%).
A lingua oficial de Letonia é o letón, lingua que pertence ao grupo das linguas bálticas do grupo das linguas indoeuropeas. Ademais do letón, a extinta lingua livonia e a outra lingua nativa de Letonia. O livonio, protexido pola lei letoa, pertence ao ramo finés das linguas fino-úgricas. Trátase dunha lingua extinta no ano 2013 coa morte de Grizelda Kristiņa.[19] Dentro da lingua letoa destaca o dialecto latgalián, variante da lingua protexida pola lei. A lingua rusa, oficial durante a ocupación da Unión Soviética, é a lingua minoritaria máis espallada ao longo do país. De feito, o coñecemento do ruso é maior có do letón, sendo o ruso coñecido polo 81% dos habitantes, mentres có letón é coñecido polo 79%.[20]
Relixión
O cristianismo é a relixión principal no país, maioritariamente pertencentes á Igrexa Luterana con 450.000 fieis en 293 congregacións , á Igrexa Católica con 400.000 fieis en tres dioceses e á Igrexa Ortodoxa letoa (igrexa semiautónoma baixo a xurisdición do Patriarcado de Moscova) maoritaria entre a minoría rusa. Da numerosa poboación de relixión xudía que había no país antes da segunda guerra mundial tan só quedan 9.743. Outra relixión é a Dievturi (Os gardas de Deus), a cal ten a súa base histórica na era mitolóxica precristiá, pero que ten escasos membros, uns 600. A maioría da poboación non pertence a ningunha confesión relixiosa.
Cultura
País europeo do leste, Letonia é máis coñecida, no campo cultural, polos intérpretes e compositores de música erudita, como é o caso de Gidon Kremer e varios cantantes de ópera, para alén dos seus Coros, premiados internacionalmente. As Latvju Dainas, cancións populares, copiladas por Baróns e Smits xa no século XX, son tamén motivo de orgullo nacional.
A cultura letoa está moi marcada pola relación coa natureza. Marca diso mesmo é o feito dun dos seus eventos máis coñecidos, o Ligo (pronúnciese ligua), celebrado na noite máis curta do ano, ó igual cá noite de San Xoán. Celébrase en grupo, entre bailes e cancións, practicando algún deporte curioso (como guindar un facho a unha especie de caldeiro posto enriba dun mastro) ata o momento do solpor (no que os participantes entoan cancións tradicionais) e cando é o mencer, no que cantan o "Riita Saaule) ata que o sol está enteiro sobre o horizonte. O respecto polo ambiente é visíbel no cariño con que as cegoñas son tratadas neste país.
Riga, a capital de Letonia, é considerada a capital cultural do país. Nela atópase "a mellor mostra de edificios Art Nouveau de Europa", de feito, un terzo dos inmobles do centro da cidade están construídos neste estilo.[21] O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 4 de decembro de 1997 grazas á "calidade e cantidade de edificios Art Nouveau/Jugedstil.[22] No centro histórico de Riga mestúranse edificios de estilo gótico, ecléctico, racionalista ademais do xa citado Art Nouveau. Dentro deste estilo destaca a contribución do arquitecto Mikhail Eisenstein, autor dalgúns dos mellores exemplos deste estilo da capital báltica.
Ao longo da súa historia Letonia logrou 19 medallas nos Xogos Olímpicos de verán e 7 nos de inverno. O atleta con máis éxito da historia de Letonia como estado independente foi Māris Štrombergs, dúas veces campión olímpico, 2008 e 2012, en BMX masculino.
↑"Data: 3000 BC to 1500 BC". The European Ethnohistory Database. The Ethnohistory Project. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o 2006-08-06.
↑"The Crusaders". City Paper. 2006-03-22. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2007-07-28.
↑Ministry of Foreign Affairs of LatviaArquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine. "A lingua rusa posúe unha saúde robusta en Letonia, xa que os rusos constitúen a maioría ou unha importante porcentaxe da poboación en moitas cidades e vilas. Practicamente a maioría dos letóns falan ruso, ademais, hai que engadir a forte presenza da cultura rusa na sociedade letoa. En efecto, o legado da política de rusificación soviética segue a ser evidente en Letonia, como amosa o censo do 2000 no país, o cal mostra co ruso e máis coñecido no país có letón: o 81% dos habitantes pode falar ruso, mentres un 79% pódeo facer en letón."
Sebuah pagoda Buddhis (sebuah Yakushi-dō (薬師堂) di kuil Tsurugaoka Hachiman-gū di Kamakura sebelum shinbutsu bunri Shinbutsu bunri ([神仏分離, pemisahan kami dan para Buddha[1][2]] Error: {{nihongo}}: text has italic markup (help)) adalah sebuah istilah yang mengacu kepada pemisahan antara Shinto dan Buddhisme, yang pada hakikatnya merupakan penghilangan Buddhisme dari kuil-kuil Shinto-Buddhis yang sinkretis, yang berlangsung mulai musim semi tahun 1868.[3] ...
العلاقات الأوزبكستانية الصينية أوزبكستان الصين أوزبكستان الصين تعديل مصدري - تعديل العلاقات الأوزبكستانية الصينية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين أوزبكستان والصين.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: و�...
Football at the 2006 Asian GamesVenuesAl-Wakrah StadiumAl-Ahli StadiumAl-Sadd StadiumAl-Gharafa StadiumAl-Rayyan StadiumAl-Arabi StadiumQatar SC StadiumDates18 November – 15 DecemberCompetitors697 from 29 nationsMedalists Qatar (men) North Korea (women) Iraq (men) Japan (women) Iran (men) China (women)← 20022010 → Football at the 2006 Asian Games was held in Doha, Qatar from 18 November to 15 Decembe...
Non-metropolitan district in Warwickshire, England This article is about the local government district. For the town, see Stratford-upon-Avon. For other uses of the name, see Stratford (disambiguation). Non-metropolitan district in EnglandStratford-on-Avon DistrictNon-metropolitan districtRiver Avon at Stratford-upon-AvonShown within WarwickshireSovereign stateUnited KingdomConstituent countryEnglandRegionWest MidlandsAdministrative countyWarwickshireAdmin. HQStratford-upon-AvonGovernmen...
Argentine footballer Claudio Marangoni Marangoni while playing for Boca Juniors, 1988Personal informationFull name Claudio Oscar MarangoniDate of birth (1954-11-17) 17 November 1954 (age 69)Place of birth Rosario, ArgentinaHeight 1.86 m (6 ft 1 in)Position(s) MidfielderSenior career*Years Team Apps (Gls)1974–1976 Chacarita Juniors 62 (7)1976–1979 San Lorenzo 135 (25)1979–1980 Sunderland 20 (3)1981 Huracán 58 (11)1982–1988 Independiente 237 (25)1988–1990 Boca Jun...
Ferry terminal in San Francisco, California San Francisco Ferry BuildingThe Ferry Building, along the Embarcadero. Treasure Island, Yerba Buena Island, and the Bay Bridge can be seen in the background, with Embarcadero Plaza and the foot of Market Street in the foreground.General informationLocation1 Ferry BuildingSan Francisco, CaliforniaCoordinates37°47′44″N 122°23′37″W / 37.7955°N 122.3937°W / 37.7955; -122.3937Owned byPort of San FranciscoLine(s) Golden...
Japanese Association of Independent Television Stations You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Japanese. (December 2009) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the Japanese article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simpl...
This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (April 2022) (Learn how and when to remove this message) This article is written like a personal reflection, personal essay, or argumentative essay that states a Wikipedia editor's personal feelings or presents an original argument about a topic. Please help improve it by rewriting it in an encyclopedic style. (A...
ابن أيبك الدواداري معلومات شخصية مواطنة مصر الحياة العملية المهنة مؤرخ أعمال بارزة کنز الدرر و جامع الغرر [لغات أخرى] تعديل مصدري - تعديل فارس مملوكي أبو بكر بن عبد الله بن أيبك الدواداري (مولده ووفاته: غير معروف) مؤرخ مصري مملوكي نشأ وعاش في حارة �...
Defunct political party in Ireland This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Irish Worker League – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2015) (Learn how and when to remove this message) Irish Worker League LeaderJim LarkinFoundedSeptember 1923Preceded bySocialist Party of IrelandSuccee...
2011 film by David Yates For other uses, see Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 2 (disambiguation). Harry Potter 8 redirects here. For the play, see Harry Potter and the Cursed Child. Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 2Theatrical release posterDirected byDavid YatesScreenplay bySteve KlovesBased onHarry Potter and the Deathly Hallowsby J. K. RowlingProduced by David Heyman David Barron J. K. Rowling Starring Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Helena Bonham Carter...
Human settlement in Northern IrelandDrumskinnySome of the standing stones at Drumskinny, County Fermanagh, Northern IrelandDrumskinnyLocation within Northern IrelandIrish grid referenceH20097072DistrictFermanagh and OmaghCountyCounty FermanaghCountryNorthern IrelandSovereign stateUnited KingdomPostcode districtBTDialling code028, +44 28UK ParliamentFermanagh and South TyroneNI AssemblyFermanagh and South Tyrone List of places UK Northern Ireland Fermanagh 5...
Jersey parishSt Martin Saint Martîn (Norman)Jersey parishParish of St MartinSt Martin's Village, including (from left to right) the la Vielle École (village shopping centre), Public Hall and Parish Church. In the foreground is the village green. FlagCoat of armsLocation of St Martin in JerseyCrown DependencyJersey, Channel IslandsHeadquartersPublic Hall, St Martin's VillageGovernment[1] • ConnétableKaren Shenton-StoneArea • Total10.3 km2 (4.0 ...
Social organization of Belgium Casal Català de Brussel·lesFounded6 December 1930FounderFrancesc Macià i LlussàBonaventura Gassol i RoviraTypeNonprofit organization, social cohesion, cultural institutionLocationBoerenstraat, 2Etterbeek, BelgiumOriginsExiled Catalan politicians and civiliansArea served BelgiumWebsitewww.casal-catala.be Casal Català de Brussel·les (equivalent in English as Catalan House in Brussels or Catalan Home of Brussels) is a nonprofit social organization of Belgium....
Albert Socin Albert Socin (13 October 1844 in Basel – 24 June 1899 in Leipzig) was a Swiss orientalist, who specialized in the research of Neo-Aramaic, Kurdish and contemporary Arabic dialects. He also made contributions to the geography, archaeology, religion, art and literature of the Middle East.[1] He studied philology at the University of Basel and Oriental studies at the universities of Göttingen and Leipzig,[2] receiving his habilitation for Oriental languages in...