A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.
Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do río Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.
Clima
O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevados e húmidos.
Organización territorial
Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que seguiu ao Acordo de Múnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.