La Vanguardia, coñecido como La Vanguardia Española entre 1939 e 1978, é un diario matinal de información xeral editado en Barcelona para toda España. É publicado en dúas edicións paralelas: castelán e catalán.
Historia e características
Publicou a súa primeira edición o 1 de febreiro de 1881, feito que o converte nun dos xornais máis antigos de España.
Segundo os datos do estudo da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), entre xullo de 2007 e xuño de 2008 tivo unha tirada media de 246.170 exemplares diarios, e unha difusión media de 205.504 exemplares diarios.
Pertence ao Grupo Godó e ideoloxicamente está considerado un xornal de centro político catalanista e monárquico. Conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.
No ano 2010 ten un prezo de 1,20 euros de luns a sábado, e de 2,20 euros os domingos, día en que inclúe diversos suplementos temáticos.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas