1929
1929 (MCMXXIX ) foi un ano común comezado en martes , segundo o calendario gregoriano .
Este ano marcou o final dun período coñecido na historia estadounidense como os felices anos vinte despois de que o desplome financeiro de Wall Street dese paso a unha Gran Depresión en todo o mundo.
Acontecementos
Nacementos
Prensa da época: Galicia en Cataluña , setembro de 1929.
3 de xaneiro - Sergio Leone , director de cine italiano (m. 1989 ).
3 de xaneiro - Gordon E. Moore , cofundador de Intel e autor da lei de Moore .
4 de xaneiro - Antonio Barrera de Irimo , avogado, economista e exministro español .
6 de xaneiro - Babrak Karmal , presidente do Afganistán (m. 1996 ).
9 de xaneiro - Heiner Müller , dramaturgo alemán (m. 1995).
15 de xaneiro - Martin Luther King , defensor dos Dereitos Humanos estadounidense , Premio Nobel da Paz (m. 1968 ).
23 de xaneiro - John Charles Polanyi , químico canadense, Premio Nobel de Química .
31 de xaneiro - Rudolf Mößbauer , físico alemán, Premio Nobel de Física .
21 de febreiro - Roberto Gómez Bolaños , escritor e actor mexicano .
9 de marzo - Desmond Hoyte , primeiro ministro e presidente da Güiana (m. 2002 ).
18 de marzo - Christa Wolf , escritora alemá (m. 2011 ).
1 de abril - Milan Kundera , escritor checoslovaco .
5 de abril - Ivar Giaever , físico noruegués, Premio Nobel
6 de abril - Keijo Liinamaa , primeiro ministro da Finlandia (m. 1980 ).
10 de abril - Max von Sydow , actor sueco.
1 de maio - Ralf Dahrendorf , sociólogo e politicólogo xermano-inglés.
4 de maio - Audrey Hepburn , actriz estadounidense (m. 1993 ).
6 de maio - Paul Lauterbur , químico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina .
16 de maio - Adrienne Rich , poeta, ensaísta e feminista norteamericana (m. 2012).
3 de xuño - Werner Arber , microbioloxista suízo, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
4 de xuño - Karolos Papoulias , presidente da Grecia
12 de xuño - Anne Frank , escritora alemá, vítima do Holocausto (m. 1945 )
18 de xuño - Jürgen Habermas , sociólogo alemán.
29 de xuño - Oriana Fallaci , xornalista e escritora italiana (m. 2006 )
1 de xullo - Gerald Edelman , biólogo estadounidense, Premio Nobel.
2 de xullo - Imelda Marcos , esposa de Ferdinand Marcos .
9 de xullo - Rei Hasan II de Marrocos (m. 1999 ).
11 de xullo - Hermann Prey , barítono alemán (m. 1998 ).
28 de xullo - Jacqueline Kennedy Onassis , esposa de John F. Kennedy e de Aristóteles Onassis (m. 1994 )
29 de xullo - Jean Baudrillard , sociólogo francés .
1 de agosto - Hafizullah Amin , presidente do Afeganistán (m. 1979 )
2 de agosto - Zeca Afonso , cantante e compositor portugués.
24 de agosto - Yasser Arafat , líder da OLP , Premio Nobel da Paz (m. 2004 )
27 de agosto - Ira Levin , escritor estadounidense (m. 2007 )
15 de setembro - Murray Gell-Mann , físico estadounidense, Premio Nobel
6 de outubro - Manuel María , poeta de Outeiro de Rei .
16 de outubro - Fernanda Montenegro , actriz brasileira
21 de outubro - Ursula K. Le Guin , escritora estadounidense de ciencia ficción.
29 de outubro - Yevgeni Primakov , primeiro ministro de Rusia.
31 de outubro - Luis Feito , pintor español.
2 de novembro - Richard E. Taylor , físico estadounidense, Premio Nobel
2 de novembro - Muhammad Rafiq Tarar , presidente do Paquistán
7 de novembro - Eric R. Kandel , neurocientista austríaco, Premio Nobel
9 de novembro - Imre Kertész , escritor húngaro, Premio Nobel de Literatura en 2002 .
11 de novembro - Hans Magnus Enzensberger , poeta e ensaísta alemán.
12 de novembro - Michael Ende , escritor alemán.
13 de novembro - Jaime Gil de Biedma , escritor español.
22 de novembro - Xohana Torres , escritora galega.
1 de decembro - Alfred Moisiu , presidente da Albania.
9 de decembro - John Cassavetes , actor e cineasta independente.
9 de decembro - Bob Hawke , primeiro ministro da Australia
13 de decembro - Christopher Plummer , actor canadense
20 de decembro - Manuel Losada , científico español, premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1995 .
23 de decembro - Chet Baker , músico de jazz estadounidense (m. 1988 )
25 de decembro - China Machado , modelo e editora.
Mortes
11 de xaneiro - Elfrida Andrée , organista, compositora e directora de orquestra sueca [ 1] (n. 1841 ).
24 de xaneiro - Delfín Mein Estévez , xornalista galego (n. 1869 ).
2 de febreiro - Enrique Zas Simó , xornalista e escritor galego (n. 1877 ).
20 de marzo - Ferdinand Foch , militar francés, comandante en xefe dos exércitos Aliados durante a primeira guerra mundial .
4 de abril - Karl Benz , fundador da Mercedes Benz (n. 1844 ).
21 de maio - Archibald Primrose , primeiro ministro británico (n. 1847 ).
27 de agosto - Senén Canido Pardo , avogado e político galego (n. 1847).
10 de setembro - Daniel Granada Conti , filólogo e escritor galego (n. 1847).
23 de setembro - Richard Adolf Zsigmondy , químico austríaco, Premio Nobel (n. 1865 ).
29 de setembro - Tanaka Giichi , primeiro ministro do Xapón (n. 1863 ).
3 de outubro - Gustav Stresemann , chanceler alemán, Premio Nobel da Paz (n. 1878 ).
6 de outubro - Guillermo Álvarez Pérez , arquitecto e filántropo galego (n. 1867).
15 de outubro - Antón Losada Diéguez , escritor galego (n. 1884 ).
28 de outubro - Bernhard von Bülow , chanceler alemán (n. 1849 ).
6 de novembro - Maximiliano de Baden , chanceler alemán (n. 1867 ).
12 de novembro - Pegerto Pardo Balmonte , político galego (m. 1843).
17 de novembro - Herman Hollerith , inventor americano (n. 1860 ).
24 de novembro - Georges Clemenceau , primeiro ministro de Francia (n. 1841 ).
20 de decembro - Émile Loubet , presidente de Francia (n. 1838 ).
29 de decembro - Wilhelm Maybach , proxectista alemán de automóbiles (n. 1846 ).
Outros
Notas
↑ Baker, Theodore; Slonimsky, Nicolas (1995). Dictionnaire biographique des musiciens, vol. 1, A-G . París: Robert Laffont. Colección « Bouquins » (en francés ). ISBN 978-2221065105 . p. 89
Véxase tamén