Max von Sydow (2016) |
|
Nacemento | (sv) Carl Adolf von Sydow 10 de abril de 1929 Lund, Suecia |
---|
Morte | 8 de marzo de 2020 (90 anos) Seillans (Francia)
|
---|
Residencia | París |
---|
Educación | Dramatens elevskola (en) (–1951) Katedralskolan (en) (–1947) |
---|
Altura | 191 cm |
---|
|
Campo de traballo | Actuación e dirección de cine |
---|
Ocupación | actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema, realizador, director de cinema, actor |
---|
Período de actividade | 1948 - 2018 |
---|
|
Cónxuxe | Catherine Brelet (1997–2020) Christina Olin (1951–1979), divorcio |
---|
Fillos | Cédric Brelet von Sydow, fillo adoptivo () Catherine Brelet |
---|
Pais | Carl Wilhelm von Sydow e Maria Margareta, Friherrinna Rappe |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Carl Adolf "Max" von Sydow, nado en Lund o 10 de abril de 1929 e finado en Francia o 8 de marzo de 2020,[1] foi un actor sueco de cidadanía francesa.
Von Sydow apareceu en máis de cen filmes e series de televisión.[2] Os seus papeis máis lembrados inclúen o cabaleiro Antonius Block en O sétimo selo de Ingmar Bergman (1957), o primeiro dos once filmes que realizou co director, e que inclúe as icónicas escenas en que a personaxe xoga ao xadrez coa morte.[3]
Interpretou a Xesucristo en The Greatest Story Ever Told de George Stevens (1965) e apareceu en O exorcista de William Friedkin, Dune de David Lynch (1984), Hannah e as súas irmás de Woody Allen (1986), Espertares de Penny Marshall (1990), Minority Report de Steven Spielberg (2002), Le Scaphandre et le Papillo de Julian Schnabel (2007) e Shutter Island de Martin Scorsese (2010). Posteriormente apareceu en Star Wars: The Force Awakens e na serie de HBO Game of Thrones, pola que recibiu unha candidatura aos premios Emmy. Tamén recibiu dúas candidaturas ao Óscar polas súas interpretacións en Pelle Erobreren (1987) e Tan forte e tan preto (2011).
Filmografía
Cinema
Von Sydow apareceu nos seguintes filmes:[4][5]
Videoxogos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas