Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Baséase na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos. Está protagonizado por Pelle Hvenegaard no papel do Pelle neno, con Max von Sydow como o seu pai, xunto con Axel Strøbye e Astrid Villaume nos papeis secundarios.
Unha coprodución entre Dinamarca e Suecia, August escolleu adaptar Boyhood, a primeira parte da novela de Nexø, procurando facelo como un filme épico. Con 11 anos, Hvenegaard foi escollido nunha audición de máis de 3 000 nenos; Hvenegaard recibiu o nome do personaxe epónimo.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988 e no Festival de Cinema de Nova York. Foi aclamado pola crítica, gañando a Palma de Ouro e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa de 1988, entre outros galardóns.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Elkington, Trevor Glen (2005). "Costumes, Adolescence, and Dogma". En Nestingen, Andrew K.; Elkington, Trevor Glen. Transnational Cinema in a Global North: Nordic Cinema in Transition. Detroit: Wayne State University Press. ISBN 0814332439.
- Ettedgui, Peter (1999). Production Design & Art Direction. Focal Press. ISBN 0240804007.
- Hjort, Mette (21 de novembro de 2007). "I. Denmark". En Hjort, Mette; Petrie, Duncan J. The Cinema of Small Nations. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 0748630929.
- Hjort, Mette (2010). "On the Plurality of Cinematic Transnationalism". En Durovicová, Nataša; Newman, Kathleen E. World Cinemas, Transnational Perspectives. Nova York e Londres: Routledge. ISBN 1135869987.
Ligazóns externas
|
---|
1939-1959 | |
---|
1960-1979 | |
---|
1980-1999 | |
---|
2000-presente | |
---|
|
---|
1947–1955 (Honorífico) | |
---|
1956–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|