Wò hǔ cáng lóng

Tigre e Dragón
Ficha técnica
Título orixinalWò hǔ cáng lóng
DirectorAng Lee
ProdutorLi-Kong Hsu
William Kong
Ang Lee
GuiónHui-Ling Wang
James Schamus
Kuo Jung Tsai
Baseado enCrouching Tiger, Hidden Dragon (novela) de Wang Dulu
IntérpretesChow Yun-fat
Michelle Yeoh
Zhang Ziyi
Chang Chen
Sihung Lung
Pei-pei Cheng
Fa zeng Li
Xian Gao
Yan Hai
Deming Wang
Li Li
De Ming Wang,
MúsicaTan Dun
FotografíaPeter Pau
MontaxeTim Squyres
DistribuidoraSony Pictures Classics
Estrea2000
Duración119 minutos
Orixe Taiwán[1]
China[1]
Hong Kong[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroAcción, Romance, Artes marciais
Orzamento$17 000 000[2]
Recadación$213 525 736[2]
Filme seguinteCrouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny
Na rede
http://www.sonypictures.com/homevideo/crouchingtigerhiddendragon/index.html
IMDB: tt0190332 Filmaffinity: 488497 Allocine: 25720 Rottentomatoes: m/crouching_tiger_hidden_dragon Mojo: crouchingtigerhiddendragon Allmovie: v201837 TCM: 442944 Metacritic: movie/crouching-tiger-hidden-dragon TV.com: movies/crouching-tiger-hidden-dragon Netlix: 60002907 Editar o valor en Wikidata

Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme baséase na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.

Sinopse

É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing na China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).

Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou o seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasións, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.

Personaxes

  • Chow Yun-fat como Li Mu Bai
  • Michelle Yeoh como Yu Shu Lien
  • Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional)
  • Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu
  • Cheng Pei-pei como Raposa de Xade
  • Sihung Lung como Sir Te
  • Li Fazeng como Gobernador Yu
  • Gao Xi'an como Bo
  • Hai Yan como Madam Yu
  • Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu
  • Huang Suying como Tío Wu
  • Yang Rui como Maid
  • Li Kai como Gou Jun Pei
  • Feng Jianhua como Gou Jun Sinung
  • Ma Zhongxuan como Mi Biao
  • Li Baocheng como Fung Machete Chang
  • Yang Yongde como Monk Jing
  • Zhang Shaocheng como O home na noite

Galardóns e nomeamentos

  • 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos.
  • 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos.
  • 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa.
  • 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía.
  • 2000: 2 premios no Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BFI (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". Consultado o 3 de maio de 2010. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas