Jacques Tatischeff, coñecido como Jacques Tati, nado en Le Pecq, Yvelines, o 9 de outubro de 1907 e finado en París o 5 de novembro de 1982[1] foi un cineasta francés. Ó longo da súa carreira traballou como actor cómico, guionista e director. Nunha enquisa realizada por Entertainment Weekly sobre os meirandes directores da historia do cine, Tati acadou o posto 46. Con só seis filmes rodados na súa filmografía como director, dirixiu menos filmes que calquera outro director da lista de 50.