Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste[3] que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.[4] Foi considerado como a parte central dunha "triloxía romántica" informal de Demy cuxos filmes comparten algúns dos mesmos actores, personaxes e aspecto xeral, situándose despois de Lola (1961) e antes de Les Demoiselles de Rochefort (1967).
Les Parapluies de Cherbourg gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1964. Nos Estados Unidos, estivo nomeado a catro Premios Óscar, incluíndo mellor filme internacional, mellor guión orixinal (Demy) e mellor banda sonora (Demy e Legrand). O tema principal do filme, "Je ne pourrai jamais vivre sans toi", foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal.
En 2018, unha enquisa de críticos de BBC Culture clasificaron o filme entre os 100 mellor filmes de todos os tempos en lingua non inglesa.[5]
Sinopse
A acción transcorre entre 1957 e 1963. Divídese en tres partes e escenas cronolóxicas.
- A partida: a viúva Madame Emery e a súa filla Geneviève sobreviven vendendo paraugas na súa corida tenda do porto de Cherburgo. Geneviève está namorada de Guy, un mecánico quen a pouco de coñecela debe partir ao servizo militar na guerra de Alxeria.[6]
- A ausencia: Geneviève quedou embarazada de Guy. A súa nai ínstaa a casar con Rolando, un rico xoieiro que está namorado dela e desexoso de casar aínda sabendo que espera un fillo doutro home. Casan e múdanse a París.
- O regreso: Guy regresa. Foi ferido na guerra, traballa brevemente no taller mecánico e casa con Madeleine, a doce enfermeira que coida a tía que o criou e que, a diferenza de Geneviève, o esperou os dous anos que estivo destacado en Alxeria. A tía morre e coa herdanza Guy compra unha estación de servizo.
Na última escena, anos despois, é Nadal, e Guy está felizmente casado, ten un fillo (François) e atende a rica Genevieve na súa estación de servizo. O breve encontro será o último; a nena que acompaña a Geneviève é obviamente a filla de Guy: chámase Françoise. Cada un seguirá a súa vida.[7]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1939-1959 | |
---|
1960-1979 | |
---|
1980-1999 | |
---|
2000-presente | |
---|
|
---|
1948–1960 | | |
---|
1961–1980 | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021– | |
---|