Entre les murs (Entre as paredes), é unha película francesa realizada en 2008 por Laurent Cantet e baseada na novela homónima de François Bégaudeau[1]. Esta película recibiu a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008, algo que non ocorría cunha película francesa desde o 1987, ano no que Sous le soleil de Satan (Baixo o sol de Satanás) de Maurice Pialat recibía o dito premio.
Sinopse
François é un xove mestre de lingua francesa nun instituto difícil, situado nun barrio conflitivo. Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos. Non dubida en enfrontarse a Esmeralda, a Souleymane, a Khoumba e ós demais en estimulantes liortas verbais, como se a lingua estivese en xogo. Pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. François e os demais profesores prepáranse para se enfrontar a un novo curso. Cheos de boas intencións, desexosos de proporcionarlles a mellor educación ós seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero as culturas e as actitudes enfróntanse na clase, microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos e estimulantes que sexan os adolescentes, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun mestre que non cobra dabondo.
Premios e nomeamentos
Notas
- ↑ Publicada en galego en 2009 por Xerais.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1939-1959 | |
---|
1960-1979 | |
---|
1980-1999 | |
---|
2000-presente | |
---|
|
---|
1948–1960 | | |
---|
1961–1980 | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021– | |
---|