Suroeste de Francia, 1962. Dous adolescentes, François e Maïté, acoden a unha voda. Un militar casa cunha campesiña para evitar volver a Alxeria a facer a guerra. Este pídelle á nai de Maïté, a Sra. Álvarez, responsable da célula local do partido comunista e profesora do seu irmán, que o axude a desertar, mais ela négase porque o partido, igual que o presidente de Gaulle, apoia a independencia. François atópase co irmán do soldado, Serge, que lle pide axuda para a materia de francés. François acepta e ao ir facéndose máis amigo de Serge dáse de conta de que prefire os mozos. Sincérase con Maïté, que non se sente atraída por ninguén e rexeita de momento a sexualidade.